"Aram" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 169.

  • PERSOEIRO

    Escritor e historiador ruso. Foi o representante máis destacado do sentimentalismo ruso, que reflectiu en Bednaja Liza (A pobre Liza, 1792). Como historiador escribiu, cunha visión liberal, Istorija gosudarstva rossijskogo (Historia do estado ruso, 1816-1826).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor armenio. Estudiou no conservatorio de Moscova, do que foi profesor desde 1951. Autor de obras nas que introduciu temas populares armenios, acadou gran popularidade polo ballet Gaiane (1942) e os seus concertos para piano (1936), violín (1940), e violoncello e orquestra (1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á fase laramiana.

    2. Fase oroxénica que pregou, durante o Cretáceo superior, as montañas Rochosas. Foi a derradeira das grandes oroxenias de América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MACIZO

    Macizo de Romanía, situado nos Cárpatos orientais. O seu pico máis alto é o Rodna (2.300 m alt).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (6.304 km2; 532.718 h [estim 1999]). A capital é Baia Mare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Sonda Occidental e da illa de Lombok, Indonesia (141.387 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo reino do centro de Xava, fundado a finais do s VIII, onde os budistas Sailendra construíron numerosos monumentos. O Sultanato de Matarâm, fundado en 1508, dominou a illa desde o s XVI ata o s XVII que, pola competencia da Compañía Holandesa das Indias Orientais, desapareceu en 1775.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Influído pola obra de Pablo Neruda, Octavio Paz e Walt Whitman, e relacionado co movemento poético da revista Mito, o seu estilo caracterizouse polo uso dun discurso cheo de imaxes propias doutro mundo, moi suxestivas. Iniciou a súa produción coa escolma poética La balanza (1947), á que seguiron Los elementos del desastre (1953), en que aparece o seu célebre personaxe Maqroll el Gaviero. Posteriormente escribiu Los trabajos perdidos (1960) e Summa de Maqroll el Gaviero (1973), onde se recollen todos os seus poemas entre 1948 e 1970. É tamén autor de diversas obras en prosa, como Diario de Lecumberri (1960), Caravansary (1982), La nieve del almirante (1986, Premio Médicis) e Tríptico de mar y tierra (1993). Galardoado coa Gran Cruz de Alfonso X el Sabio, recibiu o Premio Nacional de Poesía de Colombia (1983), o Premio Príncipe de Asturias (1997), o Premio Neustadt (2001) e o Premio Cervantes (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Acad (2291-2255 a C), fillo de Maništusu (2306-2292 a C) e neto de Sargón I de Acad. Chegou ata o Mediterráneo e someteu Alepo e Líbano. Acadou a súa vitoria máis grande sobre os pobos do altiplano de Irán (os gutis e os lullubis). Ao final da dinastía os gutis invadiron Mesopotamia (2191 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado ao L da cidade de Madrid e regado polo Jarama (6.287 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e pequenas industrias químicas e metalúrxicas. En 1937, durante a Guerra Civil Española, produciuse o asasinato de presos nacionais por parte de milicianos repúblicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao paramagnetismo.

    2. Que presenta paramagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade de certas substancias que se caracterizan polo feito de posuír unha susceptibilidade magnética positiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo de cultivo con abundante froito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital de Surinam, situada a 32 km da desembocadura do río Surinam, que forma un distrito urbano (183 km2; 233.000 h [estim 1999]). É un centro político e económico que exporta bauxita e produtos forestais. O centro histórico da cidade foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Protozoo ciliado que pertence ao xénero Paramecium.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos ciliados, da subclase dos cilióforos, que teñen forma ovoide alongada e miden entre 150 e 300 ì. Presentan un revestimento continuo de cilios, dispostos regularmente, que sempre están en movemento. Encóntranse nas augas doces de todo o mundo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gornecer ou adornar algo con paramentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ornamento con que se cobre ou se reviste unha cousa.

      1. Cada unha das dúas caras dun muro ou parede.

      2. Cara labrada ou puída dunha pedra de cantaría.

      1. estiduras e demais enfeites que usa o sacerdote nos actos relixiosos. OBS: Tamén se designa coa expresión paramentos sacerdotais.

      2. Conxunto de panos e outras pezas de tea que gornecen un altar doutros obxectos que se colocan sobre el durante as funcións litúrxicas.

      3. Conxunto de panos con que se adornan as paredes da igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Valboa (Monterroso). O seu cumio acada os 598 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un parámetro.

    2. Que contén parámetros.

    3. Que se representa por ecuacións que conteñen parámetros.

    VER O DETALLE DO TERMO