"Arta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 205.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico “Antiguerrero e antifascista”, voceiro da Federación de Estudiantes contra la Guerra y el Fascismo, que tirou do prelo o seu primeiro número o 15 de decembro de 1935 en Ourense. De carácter xuvenil, antimilitarista e unitario, nel participaron membros das Mocedades Galeguistas locais, como Luís Taboada, do PCE, e Eugenio Villot; ademais de sinalados militantes do POUM, como Armando, Mario e Cándido Fernández Mazas, que colaborou no deseño da cabeceira. A redacción estivo no local do Centro Obrero e coñécese a existencia de cando menos 5 números ata comezos do verán de 1936.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino procedente do grego Spártakos (Σπάρτακος), a través do latín Spartacus. Levou este nome o escravo tracio que liderou a rebelión contra o Estado romano a finais do s I a C e que se converteu en símbolo da loita do home pola liberdade.
-
PERSOEIRO
Xefe dos escravos sublevados. Liderou unha revolta na escola de gladiadores de Capua (73 a C) e fuxiu con algúns compañeiros. Incitou os numerosos escravos dos latifundios da Italia meridional a unirse á súa rebelión e incrementou as súas forzas con campesiños libres que perderan as súas terras e veteranos do exército descontentos pola súa situación. Derrotou os lexionarios de C. Claudio Gabrio, dúas lexións do pretor Varilio e asentouse na Campania. Iniciou unha marcha cara ao N, co obxectivo de abandonar Italia, durante a que arrasou numerosas cidades. Malia que derrotou a Casio Longio Varo preto de Módena, volveuse cara ao S e chegou a Lucania. Derrotou a Mummio, legado de Licinio Craso no outono do 72 a C, pero foi cercado polas lexións. Malia que fuxiu en febreiro do 71 a C e derrotou de novo os romanos, as tropas conxuntas de Craso e Pompeio vencérono na Batalla de Silaro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Formación herbácea xerofítica na que predomina o esparto.
-
-
Relativo ou pertencente a Esparta ou aos seus habitantes.
-
Que presenta calidades semellantes ás dos antigos espartanos como a severidade ou a austeridade.
-
Natural ou habitante de Esparta.
-
Individuo do pobo espartano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político de carácter revolucionario xurdido en Alemaña durante a Primeira Guerra Mundial, liderado por Karl Liebknecht e Rosa Luxemburg. Constituíuse arredor do Spartakusbund (Liga de Espártaco), grupo disidente do partido socialdemócrata alemán e oposto á guerra. O nome procedía da edición das Spartakusbriefe (Cartas de Espártaco), publicadas en xaneiro de 1916. Convertéronse en partido socialdemócrata independente (USPD, 1917) e despois da Revolución Rusa aliáronse aos comunistas e fundaron o Partido Comunista alemán (KPD). En xaneiro de 1919 constituíuse en Berlín un comité revolucionario que deu lugar ao levantamento espartaquista que se estendeu por Hamburgo, Bremen, Saxonia, Magdeburgo e Sarre. O movemento foi reprimido e os seus líderes, Luxemburg e Liebknecht, asasinados.
-
-
Relativo ou pertencente ao espartaquismo.
-
Seguidor do espartaquismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido vasco creado en 1986, a partir da escisión no EAJ-PNV dun sector liderado por Carlos Garaikoetxea. En Euskadi e Navarra, nas eleccións de 1986 e nas de 1990, converteuse na cuarta forza en ambos os parlamentos autonómicos. Nas eleccións vascas de 1998 entrou no goberno de J. J. Ibarretxe, iniciando un proceso de achegamento a EAJ-PNV, co que se presentou en coalición nas eleccións de 2001. A partir de 1999 presidiuno Begoña Errazti.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de fartar ou fartarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ES-TRAD;mso-fareast-language: farta.
-
-
Facer que alguén satisfaga plenamente a súa fame ou sede.
-
Cansar ou aburrir a alguén ata o punto de facer que perda o interese ou a paciencia.
-
Encherse alguén de comida ou bebida.
-
Cansarse de algo ou alguén ata o límite de non poder soportalo.
-
Realizar alguén unha acción moitas vesces.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epístola de san Paulo, a máis pequena das que se conservan, a un cristián colosense chamado Filemón, que forma parte do Novo Testamento da Biblia. San Paulo escribiuna en cativerio, en Roma ou en Cesarea. Nela informa a Filemón que atopou en Roma a Onésimo, o seu escravo fuxido, e que o bautizou. Conforme á lei romana san Paulo enviouno de regreso co seu amo, pero pediulle a este que o considerara un irmán cristián. Neste texto, a escravitude, un dos fundamentos da estrutura económica do mundo antigo, non se cuestiona de xeito radical, pois impera o respecto á legalidade, aínda que se manifesta a mensaxe de irmandade entre os cristiáns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epístola de san Paulo aos cristiáns da cidade de Filipos, en Macedonia. Escribiuna san Paulo durante o seu cativerio en Éfeso.
-
GALICIA
Fotógrafa. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo individualmente na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (1993) e, colectivamente, en Fotógrafos Galegos, en Viana do Castelo (1991), Novos Valores de Pontevedra (1991 e 1993), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1993) e na II e III Bienal de Artistas Galegas de Vigo (1990 e 1994). Obtivo o segundo premio no certame “Vigo: arquitectura y espacios urbanos” (1989) e o primeiro premio na campaña “Somos diferentes-somos iguais”, organizada pola Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome do fundador do budismo, máis coñecido como Buda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación que recibe a área costeira comprendida entre as rías de Ferrol e da Coruña, incluíndo as de Ares, Betanzos e O Burgo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen sufriu un infarto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional da clase obreira fundada en 1938 a instancias das organizacións trostkistas como alternativa ao stalinismo do Komintern. A súa actividade viuse dificultada pola implantación dos réximes fascistas e as depuracións stalinistas que a reduciron á clandestinidade. Os movementos xurdidos en toda Europa a partir de 1968 déronlle un novo impulso.
-
CAPITAIS
Capital do il homónimo, situada en anatolia Central, Turquía (134.271 h [1997]). É un núcleo industrial onde destacan as industrias alimentarias e do algodón.
VER O DETALLE DO TERMO