"Bāb" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 236.

  • PERSOEIRO

    Médico e microbiólogo. Demostrou a penetración de diversas bacterias a través dos tegumentos animais. Descubriu os esporozoos parasitos dos glóbulos sanguíneos aos que lles deu nome (xénero Babesia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos esporozoos, da orde dos piroplasmas, que comprende moitas especies, todas elas parasitos de herbívoros. Atacan os eritrocitos e teñen como hospedeiro intermediario unha carracha. A especie B.bigemina produce a febre de Texas nos bóvidos.

  • Enfermidade grave, relativamente pouco frecuente, producida por protozoos do xénero Babesia, sobre todo pola especie B.microti. Orixina un cadro de anemia hemolítica aguda ou crónica.

  • Filme producido en Dinamarca en 1987 e dirixido por Gabriel Alex. Trátase dunha adaptación dun relato de Isak Dinesen, interpretada polos actores Stephane Audran, Jean-Philippe Lafont, Gudmar Vivesson e Jarl Kulle, entre outros. Unha muller chega a unha vila danesa fuxindo da violencia da Comuna de París. Atopa traballo de cociñeira nunha casa de estrita moral luterana. Alí o ambiente de austeridade e rixidez vai afogando á protagonista, ata que un billete de lotería lle dá a posibilidade de liberarse.

  • ou Gracchus Babeuf (San Quintín, Picardía 1760 - Vendôme, Orleans 1797) Teórico e revolucionario. Fundou en París o diario Le Tribun du Peuple (A tribuna do pobo), portavoz do seu ideario comunista igualitario, desde onde combateu a Robespierre por conservador. Fundou o Club des Égaux (Club dos Iguais) pechado polo Directorio en 1795. Nos comezos de 1796 creou unha organización secreta para derrocar o Directorio, na que tamén participaron antigos xacobinos e tivo ramificacións na policía e no exército. A Conspiración dos Iguais foi denunciada en maio do mesmo ano a Carnot, feito que provocou a detención de Babeuf e outros conxurados. Os partidarios do babovismo intentaron unha nova sublevación das tropas, pero fracasaron. Babeuf foi executado en 1797.

  • PICOS

    Pico dos montes Beskidy (1725 m), o máis elevado da serra, na fronteira entre Eslovaquia e Polonia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comarca natural de León, no límite con Asturias. Situada nas estribacións occidentais da Cordilleira Cantábrica, é unha comarca de alta montaña. A máxima cota son os 2.417 m da Peña Ubiña. Está drenada polo Sil, que ten aquí as súas fontes. Na Idade Media, en Babia estaba a residencia de caza dos reis, por mor da abundancia de especies venatorias nos seus vizosos bosques.

    Bailarín e coreógrafo. Estudou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarín e coreógrafo. Estudiou no Théâtre de l’Opéra de París. Actuou nas mellores compañías. En 1956 fundou a súa propia compañía de ballet.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade de Mesopotamia (actual Iraq), que deu nome á parte sur do país, da que foi capital a partir do s XVIII a C. Situada na ribeira oriental do Éufrates, uns 80 km ao sur da actual Bagdad e 6 ao norte de Hilleh, na actualidade non é máis que un montón de ruínas escavadas. A forma grecorromana do seu nome deriva do topónimo acadio Bab-ili (de aquí a Babel bíblica), tradución do termo sumerio Ká.dingir.ra (porta de deus). A diferenza das grandes cidades sumerias, como Ur, Uruk ou Lagaš, Babilonia raramente aparece nas fontes mesopotámicas entre o 2700 e o 1894 a C, proba evidente de que entón era unha poboación de importancia menor. Babilonia non comezou a ter importancia ata a I dinastía de Babilonia (1894-1595 a C), que a converteu na súa capital; a partir de entón a historia de Babilonia-cidade e a de Babilonia-país confúndense. Foi saqueada, entre outros, polo hitita Muršiliš I (1595 a C), o elamita Tukulti-Ninurta I (1234 a C), o elamita Kutir-Na ḥḥ...

    VER O DETALLE DO TERMO