"COE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 127.
-
PERSOEIRO
Actriz, directora e autora teatral inglesa. Estudiou na Central School of Speech and Drama de Londres, e en 1951 fundou o Cockpit Theatre Club. Con The Sport of My Mad Mother (1956) gañou o premio anual de The Observer. The Knack (1962) foi adaptada por Richard Lester ao cine. Escribiu tamén The Rising Generation (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués. Activo na primeira metade do s XIII, pertenceu á liñaxe dos Coelho Ribadouro e, xa que logo, foi descendente de Egas Moniz. Logo de prestarlle servizo ao infante Fernando de la Serpa, acompañouno á corte de Fernando III; na corte castelá casou con Maria Fernandez de Ordes, dama nobre galega, e coñeceu a moitos trobadores, mesmo provenzais, como Picandon, xograr do trobador italiano Sordello, con quen mantivo unha tenzón. Despois de que Afonso III fose nomeado rei, volveu a Portugal e pasou a ocupar un alto cargo na corte (1250-1279); o seu fillo, Pero Anes Coelho, foi tamén vasalo real de don Denís (desde 1278). Iniciu o denominado “ciclo das Amas”, creado en terras castelás cara a mediados do s XIII, ao que tamén estiveron vinculados Airas Perez Vuitoron, Fernan Garcia Esgaravunha, Johan Garcia de Guilhade, Johan Perez d’Aboim, Juião Bolseiro e Lourenço. Tamén se relacionou con Picandon. Consérvanse 52 composicións da súa autoría recollidas nos tres cancioneiros -Cancioneiro...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Coeficiente que expresa a variación da temperatura dun gas cando, en condicións adiabáticas (entalpía constante), está sometida a un proceso de expansión. A temperatura na que o coeficiente é igual a cero, a unha presión determinada, denomínase temperatura de inversión.
-
-
Que ten desidia e carece de espírito para facer calquera cousa.
-
Que lle gusta comer moito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tipo de encefalite en que se producen lesións que afectan principalmente á substancia branca.
-
GALICIA
Filósofo e profesor. Doutor en Filosofía e catedrático da Universidade de Vigo, está vinculado á Comisión Schelling de Múnic, da Academia de Ciencias de Baviera. Centrouse no estudo do idealismo alemán, no pensamento de Heidegger e na hermenéutica. Realizou numerosas edicións en castelán de filósofos alemáns como Schelling, Hölderlin e Heidegger. Escribiu Ensaios sobre Heidegger (1995) e Las Épocas de Schelling (1998).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión da resistencia dos áridos no desgaste. Maniféstase pola diminución das dimensións das partículas dunha mostra (expresadas en porcentaxe en peso, sobre o peso inicial, das partículas que non pasan por unha criba determinada) experimentada pola fretaxe das partículas coas bólas de aceiro que contén o aparato de ensaio.
-
GALICIA
Realizador cinematográfico. Comezou como director con Retorno a Tagen Ata (1975), primeira película galega rodada no formato profesional de 35 mm. Coa súa produtora Praia Lenta Films recuperou e reeditou en 1980, en colaboración co Museo do Pobo Galego, o documental de Antonio Román El hombre y el carro (1940). Posteriormente realizou os documentais, en 16 mm, Os oleiros (1975), El castaño (1979) e Manzaneda (1979). En 1981 dedicouse á publicidade a través da súa empresa Eloy Lozano Publicidad e, en 1994, realizou a curtametraxe Entrevista, ademais de crear en 1996 o OFF (Ourense Film Festival). En 2000 comezou a rodaxe da súa primeira longametraxe, Belas dormentes (2001).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Especializouse na figura humana, na paisaxe e nas naturezas mortas, nunha estética impresionista. Realizou diversas exposicións individuais e participou en diversas convocatorias da Bienal de Pontevedra. Da súa obra destaca a Fachada de la catedral de Orense. Recibiu o Premio Nacional de Pintura al Aire Libre (1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Autor de novelas e ensaios, nas súas obras reflicte os valores e condutas do sistema de apartheid sudafricano a través de diálogos condensados. Destacan Dusklands (1974), In The Heart of the Country (1977), Life and Times of Michael K. (1983), Stranger Shores: Essays, 1986-1999 (2001), Youth (2002) e Elizabeth Costello: Eight Lessons (2003). Recibiu o Premio Booker (1983 e 1999) e o Premio Nobel de Literatura (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles fósiles, da familia dos camarasáuridos, da orde dos saurisquios, de aproximadamente 5 m de altitude e 12 m de lonxitude, cun pescozo longo. Eran herbívoros e cuadrúpedes, e viviron a finais do Cretáceo. Os seus restos foron descubertos no deserto de Gobi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da física que estuda as propiedades ópticas das substancias sólidas sometidas a deformacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partido Comunista Obrero Español.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parámetro característico da soldadura de dous metais determinados, no efecto Peltier, que representa a calor que se libera na soldadura por unidade de corrente, de superficie de contacto e de tempos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mamíferos mariños, da familia dos focénidos, ao que pertence a toniña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘pote’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cociente entre a contracción transversal e o alongamento dunha barra de sección uniforme sometida a unha tensión lonxitudinal.
-
FILOSOFOS
Filósofo francés. O seu pensamento centrouse na cuestión da vontade e no problema do mal, e mantivo unha actitude esencialmente afirmativa. Colaborador habitual da revista Esprit, escribiu Karl Jaspers et la philosophie de l’existence (1947), Le volontaire et l’involontaire (1950), Finitude et culpabilité (1960), De l’interprétation. Essai sur Freud (1965), La métaphore vive (1975), Temps et récit (1983-1987), Philosophie de la volonté (1988) e Soi-même comme un autre (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Presidente da asociación cultural Barbantia, é xuíz honorario do Couto Mixto. Colaborador de diversas publicacións, como O Correo Galego, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, da súa produción literaria destacan Valquiria (1994, Premio Camilo José Cela), Parque Central e outros relatos (1996), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (1999, Premio Café Dublín), As rulas de Bakunin (2000, Premio de Novela García Barros), Homónima (2001), Cartafol do Barbanza: viaxe polo cuadrante das sereas (2002), A canción de Sálvora (2003) e A esfinxe de amaranto (2003). No ámbito da poesía escribiu Anatomía da dor e Limaiaé (2005). Foi galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro (2000).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico. Estudou a fotoquímica e diversos compostos do niobio, do tungsteno e do uranio. Ideou o actinómetro. Publicou Spectrum Analysis (1868) e Treatise of Chemistry (1877-1889).
VER O DETALLE DO TERMO