Riveiro Coello, Antón
Riveiro Coello, Antón
Escritor. Presidente da asociación cultural Barbantia, é xuíz honorario do Couto Mixto. Colaborador de diversas publicacións, como O Correo Galego, A Nosa Terra e La Voz de Galicia, da súa produción literaria destacan Valquiria (1994, Premio Camilo José Cela), Parque Central e outros relatos (1996), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), Animalia (1999, Premio Café Dublín), As rulas de Bakunin (2000, Premio de Novela García Barros), Homónima (2001), Cartafol do Barbanza: viaxe polo cuadrante das sereas (2002), A canción de Sálvora (2003) e A esfinxe de amaranto (2003). No ámbito da poesía escribiu Anatomía da dor e Limaiaé (2005). Foi galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro (2000).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Xinzo de Limia