"Cali" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 236.
-
PERSOEIRO
Emperador romano (37-41). Fillo de Xermánico e de Agripina a Vella, criouse seguindo ao seu pai polos campamentos militares; neles recibiu o alcume de Calígula, diminutivo do lat calĭga ‘calzado militar que empregaban os soldados romanos’. Sucedeu a Tiberio como emperador coa axuda de Sertorio Macrón. Durante os primeiros meses inaugurou unha política de tolerancia, abolindo a Lex Maiestatis, reducindo o imposto sobre as vendas, devolvendo o poder de elección aos comicios e gobernando de acordo co Senado. Despois, afectado por unha enfermidade, o seu comportamento dexenerou e gobernou despoticamente. Á fronte do exército emprendeu campañas paródicas nas Galias e na Xermania, nomeou cónsul o seu cabalo e cando esgotou o tesouro imperial dedicouse ao asasinato de membros destacados da aristocracia aos que lles requisaba os seus bens. Chegou a proclamarse deus e recibiu culto en vida. Morreu asasinado polo tribuno da cohorte pretoriana Casio...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ersión árabe dunha colección de apólogos de orixe sánscrita (Pañchatantra), realizada no século VIII por Ibn al-Muqaffa’ sobre un texto pahlevi. Esta versión serviu de base a numerosas recreacións posteriores como a hebrea, a grega, a siríaca, a persa ou a castelá. O texto hebreo foi traducido ao latín por Juan de Capua co título Directorium vitae humanae (Directorio da vida humana, 1262), do que saíron diversas traducións a linguas europeas, moi abondosas durante a Idade Media; entre elas a versión castelá Ejemplario contra los engaños y peligros del mundo (1493). A primeira versión castelá co título en árabe foi encargada por Afonso X o Sabio. Coa intención moralizante e didáctica propia da época medieval, a maioría dos apólogos están protagonizados por animais que representan situacións humanas e dos que pode tirarse unha sinxela sentencia. Calila e Dimna, os dous chacais que protagonizan o primeiro dos apólogos, dan título a esta colección....
-
PERSOEIRO
Poeta e erudito en lingua grega. Exerceu de mestre en Eleusis e encargouse da ordenación da biblioteca de Alexandría. Froito deste labor foron as Pínakes (Táboas), uns catálogos de autores e obras. Escribiu sobre os temas máis diversos e está considerado como un dos autores máis destacados da literatura alexandrina. A súa poesía tentou desprenderse das formas poéticas tradicionais; na súa produción destacan Orixes, Hecale, A cabeleira de Berenice, Himnos e Epigramas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor grego. Atribúeselle a creación do capitel corintio, idea que xurdiu despois de contemplar cómo crecían as follas de acanto ao redor dun cesto que se atopaba sobre unha tumba. Non se conservan obras orixinais nin copias.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘cabazo para o viño’.
-
-
Moble rústico, de gran peso e de dimensións desmesuradas.
-
-
Obxecto de dimensións desproporcionadas.
-
Animal de gran tamaño e de aspecto desagradable.
-
-
Máscara que se emprega para protexer a cara das picaduras das abellas, cando se castran as colmeas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Táboa última ou inferior que forma parte de cada un dos costados dunha dorna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida refrescante semellante á sangría que se elabora mesturando viño tinto e refresco de cola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos rebaixes do cancil dun xugo nos que se asentan os apeares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das hormonas vexetais indispensables para a aparición e o crecemento das raíces (rizocalina), dos talos (caulocalina) e do mesófilo das follas (filocalina), segundo a proposta de Julius Sachs (1882).
-
PERSOEIRO
Escritor romanés. Destacou como historiador da literatura, como biógrafo e como ensaísta. Cultivou tamén a poesía, a novela e o teatro. Publicou Cartea nuntii (O libro das vodas, 1933), Principii de estetica (Principios de estética, 1939), Bietul Ioanide (O pobre Ioanide, 1953), Estetică basmului (A estética do conto, 1965) e Conceptul modern de poezie (Concepto moderno de poesía, 1970), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario de carácter satírico aparecido na cidade de Santiago de Compostela no ano 1909.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alume potásico, de fórmula AlK(SO4)2 ·12H2 O. Cristaliza no sistema monoclínico e é incoloro. É frecuente en lavas e xistos piritosos.
-
PERSOEIRO
Poeta elexíaco grego. As súas obras, escritas en metros dactílicos, son incitacións ao valor militar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Peixe da familia dos calionímidos.
-
Familia de peixes da orde dos perciformes que agrupa formas mariñas, bentónicas e costeiras, de ata 30 cm de lonxitude. Distínguese pola presenza dun esporón armado de varias espiñas que prolonga o preopérculo cara a atrás. A familia comprende distintos xéneros, distribuídos por todos os mares cálidos e temperados; no Atlántico e no Mediterráneo son frecuentes os peixes do xénero Callionymus, coñecidos como escarpóns.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Musa grega protectora da epopea. Dende a época alexandrina atribúeselle a inspiración da poesía lírica. Ás veces, considérase como a nai das sereas ou de Lino e Reso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatua de Afrodita ou Venus núa e vista por detrás.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ninfa da mitoloxía grega, filla de Atlante e Pléione ou de Sol (Helio) e Perseis, segundo as diferentes tradicións. Vivía nunha frondosa espenuca na illa Oxixia, no mar Xónico, e dedicábase a tecer e fiar rodeada das súas criadas, tamén ninfas. A Odisea narra cómo acolleu a Ulises e se namorou fondamente del. Retívoo ao seu carón durante sete ou dez anos pero non conseguiu que quedase alí para sempre, como ela quería, malia ofrecerlle a inmortalidade. Ao final foi liberado por Hermes, quen fora enviado por Zeus ante os lamentos de Atenea.
-
-
Relativo ou pertencente aos caliptoblastos.
-
Individuo da suborde dos caliptoblastos.
-
Suborde de cnidarios hidroideos que teñen como característica principal a presencia dunha hidroteca que protexe os pólipos. As medusas deste grupo son leptomedusas.
-
-
-
Diferenciación do ápice das raíces, en forma de dedal, que protexe o meristema apical do desgaste causado pola penetración da raíz no chan.
-
Nos mofos, resto da parede do arquegonio que recobre total ou parcialmente a cápsula do esporofito.
-