"Coruña" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 103.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado na Coruña a partir de 1959. Subtitulado “Boletín informativo” a partir do número 7, foi unha das primeiras publicacións fotográficas editadas en Galicia. Cunha periodicidade mensual, tivo un carácter divulgativo e didáctico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal publicado na Coruña a partir do 23 de setembro de 1808, que cesou en 1809 coa invasión francesa. De tendencia liberal, editouse nos obradoiros de Manuel María de Vila. Incluíu novas de España e do porto da Coruña, artigos de propaganda liberal e editoriais en contra dos franceses e daqueles que os apoiaron.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución universitaria creada na Coruña pola Lei 11/1989, de 20 de xullo, de Ordenación do Sistema Universitario de Galicia (LOSUGA). Un dos antecedentes da Universidade da Coruña foi o Colexio Universitario da Coruña, dependente da Universidade de Santiago de Compostela. A partir da súa constitución como universidade o número de titulacións completas aumentou progresivamente e creáronse novas infraestruturas, entre as que destacan o campus de Elviña-A Zapateira ou o Reitorado da Maestranza. Tamén depende da Universidade da Coruña o campus de Ferrol, no que hai distintas especialidades náuticas e mecánicas. O primeiro reitor da Universidade da Coruña foi Xosé Luís Meilán Gil (1990-2003).