Telégrafo Político Literario de La Coruña
Telégrafo Político Literario de La Coruña
[PUBLIC]
Xornal publicado na Coruña a partir do 23 de setembro de 1808, que cesou en 1809 coa invasión francesa. De tendencia liberal, editouse nos obradoiros de Manuel María de Vila. Incluíu novas de España e do porto da Coruña, artigos de propaganda liberal e editoriais en contra dos franceses e daqueles que os apoiaron.