"Didó" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 133.

  • GALICIA

    Actor, guionista, narrador oral e director teatral. Comezou a súa actividade como actor en 1975, destacando na Mostra de Teatro Galego de Ribadavia. Membro fundador da compañía A Farándula (1975), traballou con compañías viguesas ata 1983, cando comezou a actuar con outras agrupacións galegas e co Centro Dramático Galego. Debutou como director con Tranvía Teatro en 1989 coa peza O merlo branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1991). Desde entón escribiu, dirixiu ou fixo adaptacións para varias compañías, especialmente para Ollomoltranvía. Desde finais da década de 1990 participou como guionista en series de ficción para a TVG, como O campo de atrás ou Mareas Vivas (1998). Das súas pezas, algunhas delas dirixidas por el, destacan Raíñas de pedra, A Mostra. Travesura 92 (1991), Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), que recibiu varios premios dentro e fóra de Galicia; O Rei Nu (1995), Nano (1997, Premio María...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pedir.

    2. Acción de realizar un encargo a un fabricante ou vendedor.

    3. Encargo que se fai a un fabricante ou vendedor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen pide.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de perder ou perderse.

    2. Que está moi lonxe ou arredado do camiño principal.

    3. De todo, completamente. OBS: Posposto a un adxectivo intensifica o significado deste.

    4. Que ou quen vive de forma caótica e indecente.

    5. Número de exemplares que se imprimen de máis para suplir os defectuosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e escultor. Formouse na Academia di Belle Arti di San Luca (Roma, 1971-1974) e en 1986 instalouse na Coruña. Cultiva a pintura ao óleo e o debuxo, nun estilo realista. Recibiu, entre outros galardóns, o primeiro premio da Famiglia Artistica Internazionale (1972) e o premio de pintura Isaac Díaz Pardo (1989)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Impresor. Comezou traballando nos obradoiros da Viúva e fillos de Riego. A partir de 1807 fíxose cargo dese mesmo obradoiro e comezou a editar a Gazeta de La Coruña (1808), un dos primeiros xornais da cidade, contrario ás   tropas napoleónicas. En 1811 editou un folleto de Jovellanos dirixido aos españois.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos peristédidos.

    2. Peixe da familia dos peristédidos.

    3. Familia de peixes da orde dos escorpaeniformes, de corpo acoirazado, ollos grandes, cristas con espiñas e aletas ventrais baixo as pectorais. Pertence a esta familia o malarmado (Peristedion cataphractum).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos platicnemídidos.

    2. Insecto da familia dos platicnemídidos.

    3. Familia de insectos cigópteros, da orde dos odonatos, dos que o xénero máis coñecido é Platycnemis.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos policládidos.

    2. Platihelminto da orde dos policládidos.

    3. Orde de platihelmintos, da clase dos turbelarios, que inclúe case exclusivamente especies mariñas e bentónicas cunha lonxitude de entre 1 mm e 15 cm, e que presentan un corpo ancho con coloracións moi variadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor brasileiro. Despois dunha tempada en París utilizou técnicas expresionistas e surrealistas. Nos seus murais e cadros mostrou as duras condicións da vida dos cangaceiros, campesiños, pastores e seringueiros, mediante cores vivas e frescas con liñas limpas. Evolucionou cara ao expresionismo dramático e brutal. Da súa produción destacan O traballo da terra brasileira e Xogos de nenos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga das palilleiras que designa o picado que se prende ou a tira de encaixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos psicódidos.

    2. Insecto da familia dos psicódidos.

    3. Familia de insectos dípteros, da suborde dos nematóceros, de 2 a 3 mm de lonxitude, antenas compostas por 16 segmentos finos, ás moi veludas que se pregan en forma de tellado sobre o corpo cando se pousan. Crían en lugares húmidos, como gretas, covas ou adegas con materia orgánica en descomposición, da que se alimentan as larvas. Son de hábitos nocturnos e frecuentes nas noites de verán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos pteroclídidos.

    2. Ave da familia dos pteroclídidos.

    3. Familia de aves, da orde dos columbiformes, que teñen a parte anterior dos tarsos cuberta de plumas. Son gregarios, nidífugos e non se pousan nas árbores. Habitan nas rexións desérticas ou esteparias de África, Asia central e Europa Occidental e Meridional. Pertencen a esta familia os cortizois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi catedrático de teoloxía dogmática e de moral no seminario de Santiago de Compostela, vicechanceler da Universidad Pontificia e administrador do pazo de Rajoy. En 1922 obtivo a coenxía de penitenciario na catedral de Santiago de Compostela. Entre 1933 e 1936 continuou a obra de A. Amor Ruibal Los Problemas Fundamentales de la Filosofía y del Dogma, da que se publicaron catro tomos postumamente. Escribiu, entre outras obras, De Oeconomia Theologica. Pars Prima: De forma sacramenti Matrimonii (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación para poñer en marcha un motor foguete despois de consumir parcialmente a súa carga de propegol que ten aplicación en operacións de guiado e manobra no espazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que refunde.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de render ou renderse.

    2. Que está moi canso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Naturalista. Estudou a carreira de ciencias e comenzou pero non rematou a de medicina. Foi catedrático de Historia Natural dos institutos de Pontevedra, Donostia e Santiago de Compostela. Publicou diversos artigos e Elementos de Historia Natural (1895). Foi membro da Real Sociedad Española de Historia Natural e académico correspondente da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen sacode.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sáldidos.

    2. Insecto da familia dos sáldidos.

    3. Familia de insectos, da orde dos heterópteros, de pequeno tamaño e forma ovada, de cores escuras e con manchas claras máis ou menos amarelas, ollos grandes e patas posteriores adaptadas ao salto. Inclúe unhas 200 especies depredadoras que viven en lugares húmidos.

    VER O DETALLE DO TERMO