"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

    1. Relativo ou pertencente ao eurocomunismo.

    2. Partidario do eurocomunismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conector estándar europeo que incorporan os televisores para permitir a interconexión e o intercambio de datos con outros aparellos como vídeos, ordenadores, videoconsolas, descodificadores, cámaras de vídeo ou cámaras fotográficas dixitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crédito bancario concedido sobre a base de depósitos en eurodivisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deputado do Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito denominado en divisas que non son a moeda do país no que está establecido o banco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depósito á vista denominado en dólares en bancos situados fóra dos EE UU. Son de libre disposición e empréganse no euromercado. Constitúe a base sobre a que se desenvolveu desde finais dos anos cincuenta o actual mercado internacional de capitais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Elección ao Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude ou tendencia euroescéptica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que o quen se opón á integración do seu país na Unión Europea ou que dubida da súa conveniencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza multinacional constituída durante o Consello de Ministros da Unión Europea celebrado en Lisboa en maio de 1995. Os titulares dos ministerios de Defensa e Asuntos Exteriores de Francia, Italia, España e Portugal acordaron a creación dunha forza terrestre, lixeira e facilmente despregable, para dar resposta ás novas misións definidas na Declaración de Petersberg. Pode actuar de forma independente ou conxunta en misións humanitarias, de evacuación, de mantemento ou imposición da paz e na xestión de crises. En outubro de 1995 conformouse o Estado Maior da Eurofor e estableceuse o seu cuartel xeral en Florencia. En outubro de 1996 nomeouse como primeiro comandante da Eurofor o xeneral de división español Juan Ortuño Such, que foi substituído en 1998 polo xeneral italiano Ciro Cocozza. Desde febreiro de 2001 diríxea o xeneral francés Michel Barro. Membros da Eurofor participaron, entre outras misións, en Bosnia-Herzegovina e Albania.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forza multinacional constituída durante o Consello de Ministros da Unión Europea celebrado en Lisboa en maio de 1995. Os titulares dos ministerios de Defensa e Asuntos Exteriores de Francia, Italia, España e Portugal acordaron a creación dunha forza marítima con capacidade aeronaval e anfibia, previamente estruturada e sen carácter permanente. Pode actuar, de igual xeito que a Eurofor, de forma independente ou conxunta en misións humanitarias, de evacuación, de mantemento ou imposición da paz e na xestión de crises. O seu mando está dividido entre un comandante, nomeado por quenda bianual entre os almirantes das flotas dos países participantes e encargado da súa reunión e preparación; un comandante táctico, designado para cada misión; e unha célula permanente do Estado Maior, integrada por un oficial de cada país participante. A súa primeira activación produciuse en abril de 1996 na baía de Palma de Mallorca e o seu primeiro cuartel xeral situouse na base gaditana de Rota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercado financeiro de diñeiro e capitais, global e non regulable, en que se emiten títulos ou se outorgan préstamos en divisas diferentes ás do país emisor. O mercado de diñeiro é a curto prazo, con marxes que van dun día a varios meses, e o de capitais (onde se inclúen euroempréstitos e eurobonos) é a medio e longo prazo, a partir de dezaoito meses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mísil nuclear despregado en Europa polas forzas da OTAN e do Pacto de Varsovia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente situado entre os 71° 08’ (no Cabo Norte) e os 36° de latitude N (na punta de Tarifa) e entre os 9°31’ de lonxitude O (no Cabo Rock, en Irlanda) e os 67° 20’ de lonxitude L (nos Urais). A delimitación oriental estableceuse de xeito convencional a través dunha liña que une os Urais, o Mar Caspio, o Mar Negro e os estreitos do Bósforo e Dardanelos. A lonxitude das súas costas suma 37.900 km e están bañadas polo Océano Glaciar Ártico, o Mar Báltico e o mar do Norte, ao N; polo Mar Mediterráneo e o Mar Negro, ao S; e polo Océano Atlántico, ao O. Incluíndo os arquipélagos, esténdese ao longo dunha superficie de 10.370.037 km2. A súa poboación é de 703.417.000 h (2000).
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    Europa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína grega, filla de Axenor e Telefasa. Cando Zeus a viu xogando na praia de Sidón ou de Tiro namorouse profundamente dela, así que, para lograr o seu amor, metamorfoseouse nun touro branco. A moza encariñouse co dócil animal e subiu ao seu lombo; daquela, o touro ergueuse e meteuse no mar, levando a Europa enganchada nos cornos. Así chegaron a Creta, onde Zeus se uniu a ela a carón dunha fonte e debaixo dun plataneiro, que endexamais volvería perder as súas follas. Ambos tiveron tres fillos: Minos, Sarpedón e Radamantis. Logo Zeus deulle á súa amada tres agasallos -Talo, o autómata que gardaba as costas de Creta contra calquera desembarco, un can que non deixaba escapar ningunha presa e unha xavelina de caza que nunca fallaba- e casouna co rei de Creta, Asterión. Á súa morte, Europa recibiu honras divinas, mentres que o touro se converteu nunha constelación e se colocou entre os signos do zodíaco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federación europea de organizacións non gobernamentais dedicadas á protección do patrimonio, creada en 1963 baixo a iniciativa de Italia Nostra. Entre os seus obxectivos destacan: espertar o orgullo dos pobos europeos polo seu patrimonio cultural e nacional, a conciencia sobre a súa importancia social e moral, e o coñecemento dos perigos que o ameazan; fomentar o seu coñecemento, estudio, pedagoxía e difusión; facer as recomendacións precisas ao Consello Europeo, aos gobernos nacionais e demais institucións e organismos pertinentes; e apoiar as actividades dos seus membros e asociados, así como promover a realización dos seus obxectivos. Entidade asesora do Consello de Europa, organizou en 1975 o Ano do Patrimonio Arquitectónico Europeo que culminou coa proclamación da Carta Europea do Patrimonio Arquitectónico na que se desenvolveron as liñas esenciais da política de conservación integrada. En 1978 creáronse os Premios Europa Nostra. De carácter anual, constan de tres recoñecementos: a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia de comunicación fundada en 1957 por Torcuato Luca de Tena, Rafael Calvo Serer, Antonio Fontán, Gonzalo Fernández de la Mora, Ángel Benito e Andrés Rueda. Dedicada inicialmente á distribución de libros e servicios de documentación, a partir de 1959, coa incorporación de Carlos Soria, variou a súa orientación cara ás reportaxes gráficas. En 1964 conseguiu a autorización para difundir noticias e asinou un contrato con Associated Press para distribuír un servizo gráfico mundial. En 1966, coa nova Lei de Prensa, comezou a transmitir o seu servizo de noticias, que constaba de seis informacións diarias. En 1982 comezou a edición do boletín Report from Spain en inglés, que se envía a empresas estranxeiras e embaixadas interesadas na realidade española. En 1988 informatizou todos os servicios informativos e dende 1995 modificou as súas transmisións a través do sistema Datacast. No mesmo ano comezou a distribuír información financeira a través do Ibertex e Tele 5, e promoveu Canal Guía TV,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membro do Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación Europea de Axencias de Comunicación fundada en 1959 co nome de European Association of Advertising Agencies (EAAA). Con sede en Bruxelas, agrupa as asociacións nacionais de axencias publicitarias e de mercadotecnia de trinta estados europeos. Subdivídese na National Association Council (NAC), na International Agencies Council (IAC) e na Media Agencias Council (MAC). A Asociación Española de Agencias de Publicidad (AEAP) está integrada nesta entidade paneuropea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro europeo de astronautas creado pola ESA en 1990. Situado preto de Colonia, encárgase da selección e da formación de astronautas europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO