"Eiré" (Contén)
Mostrando 19 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1cairo.
-
-
Relativo ou pertencente a unha ribeira.
-
Persoa que vive ou naceu nunha ribeira.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Ribeira de Piquín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ribeira de Piquín.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Ribeira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ribeira.
-
-
PERSOEIRO
Trobador de orixe descoñecida. Puido pertencer á liñaxe dos Freire, señores de Andrade, que xa en 1220 tiña membros pertencentes á Orde de Santiago. Segundo a Tavola Colocciana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúenselle dúas cantigas de amor. Activo entre o primeiro e segundo cuarto do s XIII, nas súas composicións “Oimais non sei eu, mia senhor” e “Pois eu d’atal ventura, mia senhor” trata o motivo da ‘coita’ que o trobador sofre pola falta de interese da amada, á vez que pensa na morte como solución á súa desesperación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo. Instalado en Nova York (1928), abriu o seu propio estudo (1950) e dedicouse ao retrato de persoeiros coñecidos do cine, a música ou o deporte, ademais de publicar en Look e Life. Tras o triunfo da Revolución en Cuba (1959), instalouse na illa para traballar co novo goberno. Fundou o xornal Gramma e publicou en Bohemia, Hoy, Cuba Revolución ou Juventud Rebelde unha fotografía documental dos feitos acontecidos na illa neses anos. Recibiu o título de Mestre Internacional da Fotografía de Prensa (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo concello absorbido no s XIX polo concello de Ortigueira.
-
GALICIA
Médico. Catedrático de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, participou na fundación do psiquiátrico de Conxo en Santiago, do que foi o primeiro director. Inventou diversos instrumentos cirúrxicos ou relacionados coa antisepsia. Publicou Memoria sobre las fuentes de conocimiento y método de enseñanza de anatomía patológica y patología general (1871) e Programa razonado de Anatomía Patológica y Patología General (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Senado da república de Irlanda. Composto por 60 membros, forma, co Dáil Éireann, cámara de representantes, o Oireachtas ou parlamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia, baixo a advocación de santo Eufemio, do concello de Monterroso, hoxe parroquia de Satrexas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai ou vende sombreiros.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sombreiraría.
-
GALICIA
Editor. Formado co impresor Pujol en Lugo, estableceu os seus obradoiros tipográficos na cidade lucense en 1851. Considerado o primeiro editor que planificou todo un proceso editorial en Galicia, dividiu os seus proxectos en dúas seccións, a relixiosa, a máis numerosa, e outra variada onde incluíu unha parte literaria, ensaio, manuais e grandes obras. Editou os xornais La Aurora del Miño (1857), do que foi director e fundador; El Correo de Lugo (1859), que dirixiu; El Diario de Avisos (1861 e 1865), El boletín del Clero (1861) ou El Gallego (1867). Editou Análisis de las aguas minerales de Lugo (1853), a publicación anual do Calendario de Galicia (1857), os almanaques Las Dos Asturias (1864) e El Reino de Galicia (1866), e o Boletín eclesiástico (1868), a primeira revista relixiosa editada en Galicia. Publicou os dous primeiros tomos da Historia de Galicia (1865-1866) de M. Murguía,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Taboada. Construída en estilo románico no s XIII, reformouse en 1927. Ten planta rectangular con cuberta a dúas augas. No interior destaca o arco triunfal de medio punto. Da primitiva construción consérvase unha ventá da cabeceira, algúns canzorros e a portada principal, en que destaca a porta de medio punto con arquivoltas e o tímpano decorado cunha escena de Sansón montados sobre un león, símbolo da vitoria de Xesús Cristo sobre o demonio. Remata nunha espadana de dous vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Membro de Nova Escola Galega e do consello de redacción da Revista galega de educación, é director da revista Golfiño e autor de diversos manuais sobre literatura e filosofía, ademais de traballos sobre a LOXSE. Da súa obra narrativa destaca Proxecto Pomba Dourada (1987), centrada nun futuro hipotético, e onde cobran forza a ciencia fición, a intriga e o humor, cun estilo próximo ao das novelas de aventuras, e a colección de contos O gato Bógar (1989), A malvada María Xosé (1989), onde analiza o mundo das bandas xuvenís, A cor do elefante e outros contos (1994), Anxos en tempos de chuvia (1997) e A primeira máquina de fotos (1998). No apartado de narrativa para adultos destaca o conxunto de relatos breves Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos (1993), en que retrata a xeración que viviu directamente a época da Transición.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Viveiro ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Viveiro.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao mes de xaneiro.
-
Relativo ou pertencente a un animal en celo, especialmente aos gatos.
-