Roi Gomez, o freire

Roi Gomez, o freire

Trobador de orixe descoñecida. Puido pertencer á liñaxe dos Freire, señores de Andrade, que xa en 1220 tiña membros pertencentes á Orde de Santiago. Segundo a Tavola Colocciana e no Cancioneiro da Biblioteca Nacional atribúenselle dúas cantigas de amor. Activo entre o primeiro e segundo cuarto do s XIII, nas súas composicións “Oimais non sei eu, mia senhor” e “Pois eu d’atal ventura, mia senhor” trata o motivo da ‘coita’ que o trobador sofre pola falta de interese da amada, á vez que pensa na morte como solución á súa desesperación.