"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Neste momento preciso en que se fala.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de teatro afeccionado fundado en Ferrol en 1975 por Luís Yusty García. Amais da produción de diversos espectáculos, desenvolveu unha importante actividade no eido da animación teatral, fomentando a lectura de obras e a preparación de materiais didácticos sobre iluminación, escenografía, dirección ou xestión teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relixioso franciscano nado en Arnoia (Ourense), e escritor e colaborador de El Eco Franciscano. Publicou, entre outras, obras de carácter eclesiástico, tales como: Compendiosa vida de San Benito de Palermo y Novena del milagroso Santo (1915 e 1925), La venerable Orden Tercera de Penitencia de nuestro seráfico Padre San Francisco, su naturaleza y acción (1923) e El Franciscanismo de la Segunda Orden. Recuerdo del séptimo centenario franciscano (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Becerreá, baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe procedente da parroquia luguesa de Armesto, no partido de Becerreá, desde onde pasou a Asturias, Castela, Andalucía e América. Esta caste emparentou cos Becerra, Bermúdez de Castro, Becerreiro, Paraladoiro, Novoa, Sotelo e cos Niño de la Vega. Moitos membros dos Armesto probaron a súa nobreza na Real Chancelería de Valladolid. As súas armas levan, en campo de azul, unha cruz gamada de ouro cargada de cinco veneras de prata e goles, unha en cada brazo, e a quina no centro. Unha rama de Zamora leva, en campo de sinople, un castelo con muralla, no flanco destro, da porta sae unha vaca atada cunha cadea e os aneis terminan nunha troneira do castelo; no flanco sinistro, unha aguia da súa cor. Outra variante trae, en campo de goles, unha aguia voante da súa cor despregada e coroada de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Formado na Escola de Arquitectura de Barcelona, na súa práctica profesional optou pola defensa dunha arquitectura racional en equilibrio coa realidade do medio. O exemplo máis salientable do seu facer arquitectónico é a Casa de Vilasouto, no Incio (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista dende 1947. Foi redactor-xefe do diario El Progreso, fundador e director de La Hoja del Lunes de Lugo, e subdirector e director do Faro de Vigo e do Faro deportivo. Colaborou coa BBC durante a súa estadía en Londres, foi asesor de información das embaixadas de España en Italia e na Santa Sé e director da axencia Efe dende 1969. Ocupou o cargo de profesor na Escola Oficial de Xornalismo e foi asesor nacional de Prensa. Colaborou en numerosos xornais españois e obtivo os premios África, o nacional do Ministerio de Información, o de xornalismo do Centro Galego de Bos Aires, o da Casa de Galicia de Nova York e outros moitos recoñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista, director da Universidade Popular en Vigo e técnico superior do concello da mesma cidade. Foi secretario da Asociación da Prensa de Vigo e presidente da Unión de Periodistas de Pontevedra. No eido da comunicación desempeñou os postos de director do semanario El Pope, redactor-xefe da Hoja del Lunes de Vigo e redactor-xefe e director do Faro de Vigo. Ademais da súa experiencia como director do Museo de Castrelos de Vigo e como redactor no xornal El Pueblo Gallego, foi correspondente de diversas axencias de información. Obtivo o Premio da Crítica Galicia no apartado de ensaio e foi finalista do Premio Nacional de Literatura de Ensayo. Publicou, entre outras obras, Álvaro Cunqueiro: unha biografía e Cunqueiro, un fabulador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Especialista en expresión vogal e en produción teatral. Participou na creación de Teatro do Adro, co que dirixiu o espectáculo Petición de man (1995), a partir do texto homónimo de Anton Pavlovič Čekhov. Tamén realizou diversos traballos como axudante de dirección en espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993) e Viaxe e fin de Don Frontán, producidos polo Centro Dramático Galego; A noite das tríbades (1996) e Vellos Tempos (1998), realizados por Teatro do Atlántico; Ministros pola cara (1997), de Encuadre Producións; ou Lugar Común, estreado por Teatro de Ningures en 1999. Tamén ten realizado diversos traballos para cine, participando como axudante de dirección na película A noiva de medianoite (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxeñeiro. Publicou dúas obras: Elementos de Geometría y su aplicación a la resolución de algunos problemas para uso de los aspirantes a maquinistas de la Marina mercante (1898) e Elementos de Aritmética, escritos con arreglo a los programas vigentes en las Escuelas de Maestranza y aspirantes a maquinistas (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político. Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista. Foi colaborador de numerosos xornais de corte progresista como El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Máis tarde trasladouse a Madrid, onde escribiu artigos para varios xornais e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Militou no Partido Liberal de Sagasta e ocupou o cargo de gobernador civil en Ourense, Girona, Alacant, Córdoba e Donostia, ademais de deputado en varias lexislaturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado, xornalista, filósofo e político. Trasladado a Madrid por estudios, coñeceu a Pi i Margall e Castelar, e colaborou con artigos de economía política no xornal La Discusión e cunha serie titulada “La moralidad de la mentira” no xornal El Trabajo. De regreso a Pontevedra escribiu nos xornais El Progreso e El Derecho, entre outros. Deputado a Cortes por Pontevedra (1873), seguiu participando na redacción de varios xornais. Publicou Discusiones sobre la Metafísica (1879) e contos e novelas curtas como La serenata de Shubert.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • María Victoria Fernández-España e Fernández-Latorre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrofa formada por dous hendecasílabos e dous heptasílabos alternados. Comeza cun hendecasílabo e ten rima consoante, polo xeral cruzada. Recibe esta denominación polo poeta grego Arquílocos. Comezou a utilizarse na poesía española a mediados de s XVI para traducir as odas de Horacio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe de investigación, xurdida en 1927 como órgano de difusión do Seminario de Estudos Galegos. Era editada por Lar na Coruña. Desapareceu co sexto tomo, nos anos 1933-1934. Colaboraron, entre outros: Florentino López Cuevillas, Bouza Brey, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Parga Pondal, Xesús Carro, Antonio Fraguas, Carballo Calero e outros autores xa consagrados das letras galegas. Nestes Arquivos aparecen numerosos artigos referidos a historia, heráldica, arqueoloxía, ciencias naturais e zooloxía. A publicación procura mesturar o estudo e a investigación da cultura galega coa promoción deses coñecementos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo alemán. Discípulo de J. F. Encke, foi o primeiro que estudiou as estrelas fixas mediante a análise espectral; descubriu asteroides e cometas, un deles leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • de arrestar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Privar de liberdade a unha persoa por período breve de tempo, como castigo ou medida cautelar.

    VER O DETALLE DO TERMO