"FERE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 120.
-
-
Relativo ou pertencente a un referendo.
-
Funcionario público que, coa súa sinatura, legaliza un despacho ou documento subscrito antes polo anterior.
-
-
-
otación popular que se fai para aprobar ou non unha lei ou acto administrativo, proposta polo corpo lexislativo ou polo xefe de estado. Constitúe unha manifestación do autogoberno do pobo. Segundo a materia á que se refira pode ser constitucional, lexislativo ou relativo a decisións políticas aínda non formalizadas en textos desa natureza; segundo que a súa convocatoria veña ou non esixida para a aprobación dunha norma ou a adopción dunha decisión, clasifícase en preceptivo ou facultativo; en relación coa vixencia da norma distínguese entre o suspensivo, que suspende a vixencia dunha norma aprobada pero non promulgada, e o abrogativo, en que se somete á decisión do electorado a continuidade dunha norma xa en vigor. Durante o Franquismo, despois da Lei de Referendo Nacional, promulgada o 22 de outubro de 1945, en que se dispuxo a utilización do referendo cando a transcendencia de determinadas leis o aconsellasen, celebráronse dous referendos:...
-
Despacho en que un axente diplomático pide novas instrucións sobre algún asunto ao seu goberno.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
referendo.
-
-
Que fai referencia a aquilo que se expresa.
-
Aquilo que serve como punto de referencia.
-
Persoa ou cousa da realidade extralingüística á que fai referencia un signo lingüístico.
-
-
PERSOEIRO
Escritor e patriota grego. De nome Andónios Kiriazís, escribiu versos patrióticos e un himno de batalla contra os turcos, inspirado polas ideas da Revolución Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor romanés. Iniciouse con contos que evocan a paisaxe da súa Transilvania natal. Nas súas novelas analizou o comportamento humano, condicionado pola moral e o poder. As súas creacións son fieis ao realismo. Destacan Farkasok a Küszöbön (Lobos no lintel, 1961) e Az ötödik pecsét (O quinto selo, 1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arco da circunferencia que ten por corda o diámetro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Número igual a s = (a-b)/2, dados dous números a e b.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión celebrada en Teherán, do 28 de novembro ao 1 de decembro de 1943, entre os representantes dos países aliados (Churchill, Stalin e F. D. Roosevelt) durante a Segunda Guerra Mundial. Nela decidiuse para 1944 o Desembarco de Normandie e outro posterior no Mediterráneo. Tamén se iniciaron os preparativos para a ocupación e desintegración de Alemaña e o establecemento das fronteiras polacas. Abordouse a organización da futura ONU e a proposición de Roosevelt de confiar os papeis de policía internacional aos países reunidos e a China. Stalin confirmou a súa intención de unirse ao ataque a Xapón, despois de que Alemaña resultase vencida. Por último, garantizouse a independencia de Irán despois da guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión en que os participantes se atopan fisicamente lonxe e se comunican entre eles por algún sistema acústico ou acústico e óptico á vez.
-
-
Acción e efecto de transferir.
-
Acción de xerar, nun sistema cibernético, un sinal de saída a partir dun sinal de entrada. Chámase transferencia conservativa se a enerxía do sinal de entrada e a do de saída son iguais, transferencia activa se a enerxía do sinal de entrada é inferior á do de saída, e transferencia pasiva se é ao revés.
-
-
Traspaso dunha persoa a outra dun dereito, unha obriga ou a posesión dunha cousa, especialmente relacionado coa propiedade.
-
Documento onde se formaliza a transmisión dunha propiedade.
-
Transmisión unilateral de diñeiro, bens ou servizos que un axente económico, normalmente un estado, realiza a outro cun obxectivo social ou económico, como é o caso dos subsidios, as pensións, as subvencións ou as bolsas de estudos.
-
transferencia bancaria
Operación a través da que se efectúa un traspaso de fondos dunha conta bancaria a outra.
-
transferencia de crédito
Operación que, no marco da legalidade, varía a dotación dos diferentes servizos sen incrementar o gasto total do orzamento dun estado.
-
transferencia de fondos
Envío de fondos que realizan os residentes dun país a outro, sen ser obxecto de contraprestación.
-
-
Paso dun produto intermedio dunha instalación a outra na que ten que reaccionar.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Novela de Víctor F. Freixanes publicada en 1982 e gañadora do Premio Blanco Amor, o Premio da Crítica e o Premio de la Crítica Española. Trátase dunha obra de grande extensión, entre novela de aventuras e crónica histórica, provista dunha gran riqueza léxica e unha prosa moi elaborada. Ambientada nas cidades imaxinarias de Santiago e Vilanova de Alba, ao longo da obra reflíctese o continuo enfrontamento de elementos diversos, a terra e o mar, o poder e a loita pola liberdade, o ben e o mal ou a razón e os soños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asemblea de partidos e forzas de liberación de África, Asia e América Latina que se reuniron en La Habana entre o 3 e o 15 de xaneiro de 1966. Nela aprobáronse unha serie de resolucións que condenaban e combatían o colonialismo, o neocolonialismo e o imperialismo. Finalmente foi creado un organismo permanente de solidariedade tricontinental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade de utilización das redes de ordenadores para permitirlles aos usuarios que se comuniquen en tempo real.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1819 e 1820 presididas polo príncipe Metternich-Winneburg e ás que asistiron membros da Confederación Xermánica. Tiña como obxectivo terminar coas revoltas liberais alemás. Baviera opúxose a esta represión e puido conservar os seus réximes constitucionais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións celebradas en Viena entre 1853 a 1855 durante a Guerra de Crimea que tiñan como obxectivo solucionar o problema ruso-turco. En abril de 1854, Austria, Francia, Reino Unido e Prusia decidiron manter os límites do Imperio Otomán e os dereitos dos habitantes cristiáns. En xuño dese mesmo ano, Prusia deixou a conferencia por non amolar a Rusia. A conferencia desapareceu cando non se conseguiu a paz en Crimea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunións internacionais que se celebraron en Washington en 1921 e 1922 para tratar os problemas do Extremo Oriente e do Pacífico. O Tratado de Washington, entre EE UU, Reino Unido, Francia, Italia e Xapón, acordou limitar o armamento naval no Pacífico. Polo Pacto das Catro Potencias, EE UU, Reino Unido, Francia e Xapón comprometíanse a celebrar consultas mutuas sobre calquera cuestión que xurdise naquela zona.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Encontro celebrado en Yalta entre F. D. Roosevelt, W. Churchill e J. Stalin entre os días 4 e 12 de febreiro de 1945. Ratificaron que só sería aceptada a rendición incondicional de Alemaña e que esta sería dividida en catro zonas de ocupación. Decidiuse tamén a reunión dunha conferencia previa á fundación da ONU en San Francisco en abril de 1945.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión socialista internacional que tivo lugar na localidade suíza de Zimmerwald, preto de Berna, do 5 ao 8 de setembro de 1915. Aínda que houbo unanimidade na condena da guerra e da política da Unión Sagrada, dúas estratexias enfrontáronse. A esquerda, agrupada ao redor de Lenin, propuxo transformar a guerra imperialista en guerra civil revolucionaria, pero a maioría inclinouse pola reconstrución da Internacional Socialista.