Xenebra, conferencia de
Xenebra, conferencia de
Reunión internacional realizada en Xenebra do 26 de abril ao 21 de xullo de 1954 para tratar os problemas de Extremo Oriente. Non se tomou ningunha resolución respecto á unificación de Corea e, en canto a Vietnam decidiuse a división provisional en dúas zonas e a celebración de eleccións ao cabo de dous anos co obxectivo de reunificar o país.