Xenebra, convencións de
Xenebra, convencións de
Acordos internacionais asinados en Xenebra co fin de establecer uns criterios de protección para as vítimas de guerra. A primeira convención (1864) acordou a protección en tempos de guerra dos soldados enfermos e feridos. A segunda (1906) ampliou os acordos anteriores aos combates navais. A terceira (1929) elaborou un estatuto relativo ao tratamento aos prisioneiros de guerra. A última (1949) acordou a protección xurídica á poboación civil. Estes acordos sempre estiveron vinculados á Cruz Vermella Internacional.