"Fer" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2007.
-
PERSOEIRO
Actriz. Participou en distintas montaxes do Centro Dramático Galego, entre as que cómpre salientar Yerma (1990) e Asi é, se vos parece (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén area.
-
PERSOEIRO
Nobre militar sublevado contra os Reis Católicos trala decapitación do mariscal Pardo de Cela, sogro seu, foi vencido polas tropas de López de Haro. Ao servizo dos Reis Católicos, participou na conquista de Granada. O bispo de Mondoñedo, de quen era sobriño, outorgoulle o morgado da súa casa de Baamonde e pasou a tomar o apelido e as armas desta liñaxe.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Estudou piano, harmonía, contrapunto e fuga e composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. No 1971 entrou no mundo radiofónico, e dirixiu posteriormente Radio 3 e Radio 1, de RNE. Dende 1976 presentou o programa Clásicos Populares (Radio 1) do cal foi creador e director. Conferenciante e articulista, publicou en 1997 Clásicos Populares. La música clásica a través de sus genios. Recibiu o I Premio Internacional de Radio Jean Antoine Triomphe Varieté de Montecarlo e a Antena de Oro e o Tambor de Oro (Donostia).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar e político. Participou na Guerra Carlista no bando isabelino, destacándose no sitio de Bilbao. En 1838 iniciou a súa carreira política como deputado electo por Sevilla. En 1844-1846 ocupou o ministerio da Mariña nos gobernos de Narváez e Istúriz, e a vicepresidencia do Senado entre 1852-1853. En outubro de 1857 asumiu o goberno, manténdose ata xaneiro de 1858.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
armíxero.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que leva arquegonios, produtor de arquegonios.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo, poeta e novelista. En 1954 viaxou a París para ver o Berliner Ensemble, iniciando así a estadía na cidade onde publicou e viu estreados moitos dos seus textos adaptados á lingua francesa. Influenciado polo Surrealismo e o Absurdo, na modalidade que el chama “pánica”, unha boa parte da súa obra, aquela que concibe no autoexilio parisino, destaca pola súa irreverencia, por unha marcada tendencia a reflectir condutas humanas dominadas polo sadismo e por unha permanente exploración do ritual e da cerimonia. Pasou, despois, ao Théâtre Bouffe, a medio camiño entre o vodevil e o absurdo. É autor, entre outras pezas, de Piqué-Nique en campagne (1952), Fando et Lis (1964), L’Architecte et l’empereur d’Assyrie (1967), Volemoi un petit milliard (1977), Le pastuga des loufs ou overture orng-outan (1978) e Punk et Punk et Colégram (1978). Realizou filmes como Viva la muerte! (1971), J’irai comme un cheval fou (1973)...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Especialista en cinematografía, secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Publicou diversos artigos sobre cine: O cine en Lugo no século XIX, José Gil, pioneiro da cinematografía galega en Lugo ou O cinematógrafo na comarca chairega. En 1996 escribiu O cine en Lugo 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Xa no 2000 publica Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo (2001), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Guía do Museo Provincial de Lugo (2003), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín (2006) e O claustro franciscano do Museo Provincial...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
O arsenal militar de Ferrol pódese considerar o núcleo fundacional da cidade porque a súa edificación supuxo movementos migratorios considerables. Sede da Mariña española, naceu en tempos de Filipe V (1726). O monarca tiña o obxectivo de crear uns estaleiros estatais para a construción dos buques da armada. No ano 1728 construíuse o primeiro estaleiro na enseada da Graña, trasladado despois ata a enseada do Esteiro. Durante o reinado de Fernando VI desenvolveuse unha forte expansión do sector naval propiciada polo ministerio do marqués da Ensenada, quen no ano 1748 presentou ao monarca a Representación, onde daba conta da urxente necesidade de crear en España unha infraestrutura básica de arsenais para poder soster unha guerra defensiva tanto nos territorios peninsulares como nos americanos. O 11 de xullo de 1747 o marqués da Ensenada ordenou que se crease en Ferrol un arsenal con capacidade para albergar sesenta navíos de liña e con chanzos para a construción naval. Proxectáronse...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén arsénico, especialmente os minerais, compostos, terreos, etc.
-
PERSOEIRO
Profesor de Paleontoloxía da Universidade Complutense. Profesor visitante na University College of London. En 1982 incorporouse o equipo de investigación dos xacementos plistocenos da serra de Atapuerca e dende 1991 é codirector. Recibiu polos seus traballos o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 1997 e o Premio Castela e León das Ciencias Sociais e Humanidades no mesmo ano. Alén de numerosos artigos científicos da súa especialidade, publicados en revistas científicas (Nature, Science e La Recherche) é autor de Antropología del hueso coxal, evolución, dimorfismo sesmal y variabilidad (1990), La especie elegida: la larga marcha de la evolución humana (1998), escrito en colaboración con Ignacio Martínez, e El collar del Neandertal: en busca de los primeros pensadores (1999). É editor asociado do Journal of Human Evolution.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. A súa obra é froito dun dilatado proceso de reelaboración de imaxes e signos con preferencia polo debuxo, empregando técnicas de moita precisión, como o aerógrafo. O resultado son obras que transmiten unha serenidade case mística. A súa investigación teórica céntrase na semiótica das artes icónicas. Foi profesor invitado nas Universidades de Madrid, Zaragoza e Santiago de Compostela. Expuxo en diferentes salas de España e Francia. En 1980, xunto con María José Moreno, fundou a Academia de Belas Artes de Vigo, onde se formaron moitos pintores vigueses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Erudito español. Escribiu sobre a figura e a obra de Menéndez y Pelayo, e dirixiu a edición das súas obras completas. A súa obra Don Luis de Góngora y Argote. Biografía y estudo crítico (1925) influíu na Xeración do 27.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén prata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abundante en arxila.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise dunha superficie non esférica, especialmente das superficies de lentes ou ben espellos, cunha forma que difire lixeiramente da esférica e que se adoita empregar para reducir as aberracións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capa do interior da terra situada entre a litosfera e a mesosfera, na que a velocidade de propagación das ondas sísmicas se reduce considerablemente. Chamada tamén capa de baixa velocidade. Atópase entre os 70 e os 150 km de profundidade. Nela xéranse os movementos de convección responsables do desprazamento das placas litosféricas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tira de esparto empregada como asa dos seiróns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade fundada no 1879 baixo a presidencia de Manuel Estrada y Madán. Exerceu a súa actividade ao longo de diferentes fases ata 1936 (1879-1880, 1903-1917, 1931-1936) e, de forma continua, desde 1976. Esta institución presidida por Eliseo Zaera Ríos, desenvolveu diversas actividades culturais e lúdicas na cidade de Ferrol e na súa comarca. Organizou exposicións de artes plásticas, ciclos de cine e vídeo, conferencias, cursos de galego, solfexo, pintura, teatro ou encadernación. Entre os certames anuais destacan: Eidos, Feitura, Xoves Teatrais e o concurso de gaita galega Constantino Bellón, de ámbito internacional.