Arribas Arias, Fernando

Arribas Arias, Fernando

Especialista en cinematografía, secretario da Asociación de Amigos do Conxunto Histórico-Artístico de Sargadelos. Publicou diversos artigos sobre cine: O cine en Lugo no século XIXJosé Gil, pioneiro da cinematografía galega en Lugo ou O cinematógrafo na comarca chairega. En 1996 escribiu O cine en Lugo 1897-1977. Notas para unha historia cinematográfica. Xa no 2000 publica Cruceiros de Begonte, Cospeito e Rábade, Tempora Mutantur. Reloxos do Museo Provincial de Lugo (2001), Cruceiros, Cristos e Cruces da Pastoriza (2002), Guía do Museo Provincial de Lugo (2003), Cruceiros, Cristos e Cruces de Xermade (2004), Esmoleiros, Cruceiros, Cristos e Cruces de Abadín (2006) e O claustro franciscano do Museo Provincial de Lugo (2011). Recibiu  o premio Manuel Mato Vizoso do Concello de Vilalba (1987) e o premio Cal da Loba das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego (1999). 

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Lugo