Argenta Pallares, Fernando
Argenta Pallares, Fernando
Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. Estudou piano, harmonía, contrapunto e fuga e composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. No 1971 entrou no mundo radiofónico, e dirixiu posteriormente Radio 3 e Radio 1, de RNE. Dende 1976 presentou o programa Clásicos Populares (Radio 1) do cal foi creador e director. Conferenciante e articulista, publicou en 1997 Clásicos Populares. La música clásica a través de sus genios. Recibiu o I Premio Internacional de Radio Jean Antoine Triomphe Varieté de Montecarlo e a Antena de Oro e o Tambor de Oro (Donostia).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Madrid -
Falecemento
Lugar : Madrid