"García" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 414.

  • PERSOEIRO

    Mestre de capela. Exerceu o seu maxisterio na catedral de Mondoñedo (1690-1694) e na de Tui (1694-1737). Deixou unha abondosa produción musical.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Tui (1797-1825) e arcebispo electo de Santiago de Compostela (1821). Cursou estudios nas universidades de Salamanca, Toledo e Sevilla e licenciouse en Leis e Canons. Durante as invasións napoleónicas foi nomeado presidente da Xunta de Tui para loitar contra as tropas francesas. Coa chegada do goberno do Trienio Liberal foi promovido á sé compostelá, aínda que renunciou ao nomeamento e non tomou posesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador e guionista cinematográfico. Forxou, con Juan Antonio Bardem, a recuperación do cine dos anos cincuenta. En 1952 dirixiu Bienvenido Mr. Marshall, e en 1957 Los jueves, milagro. O humor negro e a sátira foron as súas características básicas. Outros filmes seus son: La escopeta nacional (1977) e La vaquilla (1985). No ano 1994 obtivo o Premio Goya por Todos a la cárcel (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Restaurador no Museo do Pobo Galego, foi profesor en diversas escolas taller. Realizou, entre outros, os monumentos á Tuna compostelá, ao Emigrante en Silleda, a Don Bosco en Santiago, a Juanito Acuña na Coruña, a Quixeira en Arzúa, a Camilo José Cela en Bandeira, e outras esculturas públicas en Francia, Alemaña, Italia, Suíza, Arxentina, República Dominicana, Venezuela e Nova York.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Doutorouse en Filosofía e Letras (1907) pola Universidad de Madrid, onde foi alumno de Giner de los Ríos. Foi funcionario de estatística en Albacete e Lugo, onde tamén foi profesor no seu Instituto. Escribiu artigos para o periódico El Norte de Galicia que, ás veces, asinaba con pseudónimos (Manuel da Torre e outros) e algunha colaboración para El Progreso. Publicou un opúsculo de 30 páxinas titulado Consideraciones sobre la decadencia y la rehabilitación de la lengua gallega (1912), en que defende o uso do galego no ensino, e un folleto de 36 páxinas, Estudio geográfico y toponímico de la provincia de Lugo (1940), en que galeguiza algúns topónimos castelanizados e propón a súa etimoloxía (aínda que non sempre acertadamente).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e político. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid na especialidade de urbanismo (1972). Realizou, entre outras obras, a casa do concello de Forcarei (1974), a gardería municipal do Grove (1980), a rehabilitación de vivendas en Vilaboa e Viascón (Cotobade), polo que recibiu un accésit no I Premio Julio Galán en 1991, e dos casaríos de Igrexa Vella para albergues de peregrinos en Triacastela, polo que recibiu o VI Premio COAG de Arquitectura en 1994, e diversos edificios no polígono de Fontiñas (Santiago de Compostela). Membro do Partido Comunista de Galicia, participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia, na Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado, na primeira Comisión Xestora do Plan Director Territorial de Galicia e foi concelleiro en Pontevedra (1979). Foi membro da Xunta de Goberno do COAG e presidente da delegación do COAG en Pontevedra. Participou en diversos congresos e exposicións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, filólogo e escritor. Catedrático de Linguas Clásicas nas universidades de Sevilla e Madrid, foi expulsado da universidade en 1965 por amosar o seu apoio a unha protesta estudantil contra o réxime franquista. En 1976 recuperou a súa cátedra, pero decidiu abandonala. Centrou os seus estudios filosóficos, seguindo as principais correntes europeas, en asuntos de análise lingüística, poñendo de manifesto as relacións ideolóxicas que se dan entre os modos de dicir e os modos de ser. Das súas obras literarias destacan Canciones y soliloquios (1976) e Del tren (40 notas o canciones) (1976), as comedias Feniz o la manceba de su padre (1976), Tres farsas trágicas y una danza titánica (1980), e o drama Ismena (1980) e a novela erótica Qué coños? (1990); e entre a súa obra ensaística Sermón de ser y no ser (1972), Lalia. Ensayos de estudo lingüístico de la sociedad (1973), Del lenguaje (1979), Lecturas presocráticas (1981), Historia contra...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou no Batallón Literario (1810) e nas campañas contra os independentistas en América Latina e Filipinas. Elixido deputado por Lugo (1836), foi nomeado de xeito interino ministro de Guerra e de Marina. Ascendeu a tenente xeneral en agosto de 1836 e volveu a Filipinas, onde desempeñou as funcións de gobernador, capitán xeneral e presidente da Audiencia. Elixido senador por València (1839), foi ministro de Marina, Comercio y Gobernación de Ultramar (1841-1842) e capitán xeneral de Galicia (1843). Dende 1853 foi conselleiro de goberno do Banco Español de San Fernando. Entre outras obras publicou: Memorias para la historia de las armas españolas en el Perú (1842). Concedéronlle as grandes cruces de San Hermenegildo e San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Militou no Partido Progresista e, desde a Restauración, no Partido Liberal. Foi elixido deputado pola provincia de Ourense en 1843 e polo distrito de Becerreá en 1876-1879, e na lexislatura de 1879 foi presidente do Congreso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Xuíz de Celanova (1872), representou a Galicia como deputado pola sección de Xinzo en 1866-1867 e como senador pola provincia de Ourense en 1898-1901.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política. Encargouse da secretaría xeral de Novas Xeracións do PP de Marín e foi concelleira desde 1995. No Parlamento galego, foi deputada por Pontevedra parte da IV lexislatura (1996-1997) e na V (1997-2001), e Directora Xeral de Cultura da Xunta de Galicia (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Financeiro. Diplomado en Empresas pola Escola de Negocios INSEAD e pola Universidad Complutense de Madrid. Desenvolveu a súa carreira profesional no Banco de Santander, no que acadou o cargo de subdirector xeral en 1993. Trala conversión en Banco Santander Central Hispano (BSCH), foi nomeado membro da Comisión Directiva,   director xeral da Banca de particulares e director xeral do BSCH. Colabora en publicacións especializadas e patrocina diversas obras da cultura galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Licenciado en Dereito, preside o Consello Consultivo de Galicia e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. Membro fundador do Instituto Español de Derecho Foral, fundador e numerario do Seminario de Estudios Galegos e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses, foi vogal do Consejo General del Poder Judicial e vicepresidente do Consello da Cultura Galega. Recibiu, entre outros galardóns, a Cruz Distinguida e a Gran Cruz de San Raimundo de Peñafort, a Medalla Castelao (1992) e o nomeamento de académico de honra da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Director de coros, compositor e musicólogo. Licenciado en Musicoloxía, Canto e Composición Musical. Estudiou no Conservatorio Elemental de Música de Santiago de Compostela, no Conservatorio Profesional de Música y Declamación da Coruña e posteriormente en Roma. Mestre de capela da catedral de Santiago de Compostela, exerceu a docencia e da súa produción destacan pezas para coro, vocais e motetes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Estudiou farmacia en Santiago de Compostela. Colaborador nos xornais El Cabe e El Valle de Lemos, publicou El bosque de la muerte (1881).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo, coñecido co pseudónimo de Magar. Xefe da sección gráfica de Faro de Vigo, publicou o libro Vigo por Magar (2001). Obtivo o premio nacional de fotografía deportiva, o Fotopress 1987, e o título de Vigués Distinguido (1996).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Sacerdote e erudito. Doutorado en Sagrada Teoloxía pola Universidade Gregoriana de Roma, foi profesor de arqueoloxía e paleografía latina no seminario de Lugo. Colaborou en numerosos xornais e revistas especializadas, como o Boletín da Comisión de Monumentos de Lugo, e entre as súas obras destacan, Las funciones benéfico docentes del Seminario de Lugo (1916). Foi membro da xunta do Museo Provincial de Lugo e da Real Academia Galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arcebispo de Santiago de Compostela (1851-1873). Bispo de Jaca (1847-1852), foi nomeado cardeal da Igrexa romana polo Papa Pío IX en 1862. Influído polo auxe do xornalismo fundou o Boletín (1862), en busca da defensa da ortodoxia católica e dos dereitos da Igrexa. A aplicación da lei desamortizadora de Madoz (1855) e, principalmente, a supresión do foro eclesiástico (1868) marcou a ruptura entre o cardeal e o goberno español. Foi procesado polo goberno ante a súa negativa a facilitar a relación de eclesiásticos que pasaron ao bando carlista trala supresión dos foros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, fillo de Xoán Antonio García de Bouzas. Formouse co seu pai, co que colaborou, entre outras obras, na igrexa dos xesuítas de Pontevedra e no retablo maior de San Paio de Antealtares. Instalouse en Lugo cara a 1735. Traballou na catedral nos retablos de Santiago e santo Uxío e no dourado da custodia da capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes. Realizou, entre outras obras, o pintado do retablo de Santa María das Viñas en Betanzos (1738) e o dourado e pintado dos colaterais de San Pantaleón das Viñas (1746).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse en Madrid con Lucas Jordán. Dende 1707 estivo vinculado á catedral compostelá, da que foi nomeado mestre pintor en 1726. A súa primeira obra na catedral foi unha representación da Verónica para o retablo da Soidade realizada en 1707, época na que tamén puido realizar a Visión de Storta, no retablo de Santo Ignacio na igrexa da Compañía, obra os dous retablos de Domingos de Andrade. A comezos do s XVIII realizou unha serie dedicada á vida de san Francisco de Asís por encargo do bispo frei Damián Cornejo para o convento de San Francisco de Ourense, que mostra a influencia do seu mestre no emprego das luces douradas, das gamas cromáticas frías e da pincelada rápida. Cara a 1716 pintou o altar e o pedestal da capela catedralicia das Ánimas, con Francisco Sánchez, e en 1719 comezou a colaborar con Fernando de Casas na capela do Pilar, onde ademais de pintar os elementos e estruturas arquitectónicas realizou A aparición da Virxe a Santiago Apóstolo e aos...

    VER O DETALLE DO TERMO