García Braña, Celestino
Arquitecto e político. Profesor na Escola Superior de Arquitectura da Coruña. Titulouse na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid na especialidade de urbanismo (1972). Realizou, entre outras obras, a casa do concello de Forcarei (1974), a gardería municipal do Grove (1980), a rehabilitación de vivendas en Vilaboa e Viascón (Cotobade), polo que recibiu un accésit no I Premio Julio Galán en 1991, e dos casaríos de Igrexa Vella para albergues de peregrinos en Triacastela, polo que recibiu o VI Premio COAG de Arquitectura en 1994, e diversos edificios no polígono de Fontiñas (Santiago de Compostela). Membro do Partido Comunista de Galicia, participou na constitución da Xunta Democrática de Galicia, na Comisión Mixta de Transferencias Xunta-Estado, na primeira Comisión Xestora do Plan Director Territorial de Galicia e foi concelleiro en Pontevedra (1979). Foi membro da Xunta de Goberno do COAG e presidente da delegación do COAG en Pontevedra. Participou en diversos congresos e exposicións e colaborou en Obradoiro, Boletín Académico da ETSA e, entre outros libros, en Pontevedra, planteamiento histórico y urbanístico (1988) e Luís Tilve, un sindicalista na transición política (1999). Recibiu, entre outros galardóns, o Primero Premio no Concurso do MOPU sobre Prototipo de Vivenda Rural 1981 e a Mellor Obra do Ano 1986 do COAG.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santullano de Mieres, Asturias