García Benito, Xoán

García Benito, Xoán

Bispo de Tui (1797-1825) e arcebispo electo de Santiago de Compostela (1821). Cursou estudios nas universidades de Salamanca, Toledo e Sevilla e licenciouse en Leis e Canons. Durante as invasións napoleónicas foi nomeado presidente da Xunta de Tui para loitar contra as tropas francesas. Coa chegada do goberno do Trienio Liberal foi promovido á sé compostelá, aínda que renunciou ao nomeamento e non tomou posesión.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Torre de Santa María, Cáceres

  • Deceso

    Lugar : Caldelas de Tui