"Gonzalez" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 326.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas escudo cuarteado: primeiro, en campo de sinople, unha cruz de ouro, baleira e floreteada; segundo, en campo de goles, un castelo de ouro, sumado dun brazo armado, de prata, cunha espada na man, do mesmo metal; terceiro, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro, postas en aspa; cuarto, en campo de azul, un león rampante de ouro; bordo de goles, con oito armiños de prata e oito aspas de ouro, alternando.
-
FAMILIAS
Familia de mestres de obras que traballaron en Santiago de Compostela ao longo dos ss XVI e XVII. Bieto González de Araújo (?-1620?) trasladouse desde Pontevedra a Santiago de Compostela cara a 1590, onde traballou como aparellador en San Martiño Pinario, do que foi mestre maior en 1606. Proxectou a antiga capela de Nosa Señora da Cerca (1595) e realizou, para o concello, a fonte do Camiño e os canos de pedra desde a fonte da praza de San Xoán ata a Acibechería (1597). En 1599 realizou, por encargo da universidade, as columnas para o encadeado da portada do colexio de Fonseca. En 1602 reedificou a capela maior e a sancristía da igrexa de Santa Susana, segundo o proxecto de Xoán de Vila, e en 1608 realizou un lenzo do claustro do colexio da Compañía de Xesús, segundo o seu propio proxecto. Reedificou parte do palacio arcebispal que dá á praza do Obradoiro (1611) e construíu o lenzo da botica do Hospital Real (1619). Francisco González Araújo (?-Santiago...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Continuador do pensamento económico da Escola de Salamanca, baseou a esencia da riqueza na produción. Das súas obras destacan Memorial de la política necesaria y útil restauración a la república de España y estados de ella y desempeño universal de estos reinos (1600).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, dez roeis de goles, postos de tres en tres e un de non-bordo, de azul.
-
PERSOEIRO
Xornalista e economista. Director xeral do grupo Radio Vigo (Cadena SER), realizou estudios de publicidade e graduouse en dirección de empresas polo ICADE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor e pintor. Coñecido como Álvaro de la Vega, realizou a súa primeira mostra pictórica en 1974 no pazo da Deputación de Lugo. En 1976 trasladouse a Barcelona, onde estudiou na Escola de Belles Arts, realizou diversas exposicións e participou en mostras e concursos, entre outros, na III Bienal d’Art Contemporani, na que obtivo unha mención de honor. Estas primeiras obras estiveron influenciadas pola fotografía e o cómic. Realizou traballos de deseño gráfico e ilustración en diversas publicacións e, en 1985, ingresou na Escola de Belles Arts de Barcelona, onde se licenciou en 1990. Na década de 1980 comezou a esculpir e abandonou a pintura, e traballou principalmente a madeira. As súas primeiras pezas realizounas a partir dun esqueleto sobre o que insería elementos de diferentes materiais. Nos seus comezos realizou figuras solitarias e individualizadas para despois elaborar imaxes seriadas, caracterizadas pola fragmentación da figura. Realizou numerosas mostras individuais...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cardeal e político, fillo de Íñigo López de Mendoza. Formado en leis nas universidades de Toledo e Salamanca (1446-1452), foi bispo de Calahorra (1454), Sigüenza (1467) e Sevilla (1473). Conselleiro de Enrique IV de Castela, procurou o achegamento con Portugal, a alianza cos ingleses fronte a Francia e o recoñecemento da lexitimidade de Xoana a Beltranexa como herdeira fronte á princesa Isabel. Tralo casamento de Fernando e Isabel (1469) e a obtención do capelo cardenalicio (1472) abandonou o partido da Beltranexa. Nomeado chanceler maior do selo (1473-1495), iniciou o saneamento da facenda real, apoiou as propostas de C. Colón e negociou o Tratado de Tordesillas (1494). Arcebispo de Toledo desde 1492, fundou en Valladolid o colexio de Santa Cruz.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Desenvolveu o seu labor en Santiago de Compostela ao redor de 1670. Nos seus obradoiros tipográficos tirou do prelo Oración panegírica, de P. Xosé Valdés, Definiciones morales, do licenciado Manero, e Descripción de los funerales de Doña Mª Luisa de Borbón, de Xosé Rubio, entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor, organista e director de orquestra e coral. Estudiou no Conservatorio de Madrid e, entre outras agrupacións, dirixiu as corais polifónicas El Eco e Follas Novas. Da súa produción destacan as cancións “Alborada Galega”, “Maio longo” e “Tan soio”. Así mesmo, compuxo motetes, pezas para órgano e misas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse coa súa familia a Santiago de Compostela, onde comezou a súa formación con Ánxel Bar, Uxío Villar, Josep Maria Fenollera e Tito Vázquez. Contou coa protección de Manuel Otero Acevedo e comezou a traballar en Madrid no estudo de Fernando Alberti Barcelau. No eido do gravado formouse con Ricardo Baroja e no do debuxo no Círculo de Bellas Artes. En 1911 trasladouse a Ávila, onde traballou con Eduardo Chicharro. Entre 1912 e 1914 viaxou por Palestina, Exipto, Italia e Grecia. O comezo da Primeira Guerra Mundial sorprendeuno en Turquía e trasladouse a Venecia ata que Italia entrou na guerra. En 1919 participou na Bienal de Venecia e na Exposición do Petit Palais. Viaxou a Cuba e Nova York e en 1925 instalouse en Santiago de Compostela pero dous anos máis tarde trasladouse a Cádiz, onde foi catedrático de Anatomía Pitórica na Escuela de Artes y Oficios e foi nomeado membro da Real Academia de Bellas Artes (1928). En 1930 obtivo unha bolsa da Junta de Ampliación de Estudios...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Michel, xogou no Real Madrid Club de Fútbol, co que debutou en 1ª división na tempada 1984-1985. Gañou 6 ligas, 2 Copas do Rei e 2 Copas da UEFA. Xogou 66 partidos coa selección, foi campión de Europa Sub-21 e participou en 2 Mundiais e nunha Eurocopa. Retirouse no Atlético Celaya de México, para pasar a comentarista deportivo en TVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Acadou moita sona como autor de sainetes, e chegou a desenvolver un subxénero coñecido como o sainete andaluz, aínda que tamén escribiu diversos dramas e traxedias. Na súa obra, na que recrea cunha mirada crítica a sociedade de Cádiz, destacan pezas como El café de Cádiz, La casa de vecindad, La inocente Dorotea ou El soldado fanfarrón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar. Coñecido como Cachamuíña, durante a Guerra de Independencia o xeneral De La Romana designouno (marzo de 1809) xefe do rexemento de Lobeira (Bande). Instalou o seu cuartel en Boborás e formou un exército de voluntarios cos que derrotou as tropas do mariscal Soult na Batalla de Pazos de Arenteiro. Destacou no derribo das portas da Gamboa, na reconquista de Vigo e, posteriormente, foi nomeado gobernador militar de Vigo, comandante da praza de Tui e xefe da Lexión de Voluntarios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arcebispo de Sevilla (1884-1885 e 1886-1889) e Toledo (1885), bispo de Córdoba (1875-1883) e patriarca das Indias. Consagrouse como dominicano no convento de Ocaña (1844) e permaneceu en Manila, onde terminou os seus estudios. Regresou a España en 1866. Promovido por León XIII como cardeal da Igrexa de Roma, ocupou a Sé primada de España (1885). Destacou pola súa faceta de filósofo e foi un gran defensor da filosofía tomista. Participou na polémica evolucionista-creacionista elaborando unha hipótese pola que Adán era en parte produto da evolución e en parte obra directa de Deus. Foi autor de Historia de la Filosofía (1878-1879) e Filosofía Elemental (1868). En 1873 foi elixido membro da Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Promotor, guionista e director cinematográfico. Aos 15 anos entrou no mundo da industria cinematográfica como axudante publicitario na compañía distribuidora Salvador Cárcel S A, de Caracas, da que chegou a ser vicepresidente. Tamén colaborou con numerosos medios de comunicación, tanto na prensa escrita coma na radio. En 1962 regresou a España e fundou as empresas Cocines S L, Ars Films S A e Kalekia S A, así como Ismael González P C, desde as que importou, exportou, distribuíu, produciu e exhibiu películas, e foi o pioneiro na distribución do cine de Arte e Ensaio en asociación con Barcino Films S A, con títulos tan emblemáticos como El ángel exterminador (L. Buñuel, 1962) ou El imperio de los sentidos (N. Oshima, 1976). Produciu numerosas películas, dirixidas tanto por el como por outros cineastas, entre outros os primeiros traballos de Fernando Trueba ou as curtametraxes de Diego Galán e, xunto con este último, foi membro fundador da Joven Crítica. En 1981 organizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora. Coñecida como Ana Diz, a súa pintura é de tipo expresionista, cunha tendencia á esaxeración das formas. Participou en diversos concursos de logotipos, entre outros, en La Salle (1986) e Madrid (1994), e realizou diversas exposicións.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Licenciouse en Dereito pola Universidad de Valladolid e foi letrado da Organización Sindical en 1940-1945. Concelleiro da Coruña en 1952-1958, foi elixido deputado no Parlamento de Galicia pola Coruña na I lexislatura (1981-1985), por AP.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador e arqueólogo. Centrou os seus estudios no Paleolítico Superior e estudiou as sepulturas auriñacenses da cova de Morín e o santuario madalenense da cova de El Juyo. Foi director do Instituto para Investigaciones Prehistóricas Santander-Chicago e das súas obras destacan Pinturas y grabados de la cueva de Las Chimeneas (1974) e Altamira y sus pinturas rupestres (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor chileno. Viaxou por Europa e expuxo no Salon de París de 1897. A súa obra afastouse do academicismo e achegouse ao impresionismo. Realizou flores, retratos e paisaxes. Das súas obras destacan Puente sobre el Tíber e Panorama de Santiago desde Santa Lucía. Foi presidente da Sociedad de Bellas Artes (1919). O seu irmán Simón González Escobar , foi escultor e gañou a primeira medalla na Exposición Internacional de París de 1900.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Comezou a súa carreira teatral en 1980 no grupo A Farandula. Posteriormente, traballou como actor en As alegres casadas (1989) e Un soño de verán (1992) co Centro Dramático Galego; O Melro Branco (1991) con Tranvía; ou Commedia, un xoguete para Goldoni (1993), Raíñas de pedra (1994), O Rei Nu (1995), Escola de Bufóns (1997), Qui Pro Quo (1998) e Policía (2000), con Ollomoltranvía, compañía da que é fundador. Tamén participou en diversas longamentraxes e series de televisión. En 1989 obtivo o Premio Compostela como mellor actor secundario polo seu traballo en Un soño de verán.
VER O DETALLE DO TERMO