González de San Clemente, Xoán Bautista

González de San Clemente, Xoán Bautista

Impresor. Desenvolveu o seu labor en Santiago de Compostela ao redor de 1670. Nos seus obradoiros tipográficos tirou do prelo Oración panegírica, de P. Xosé Valdés, Definiciones morales, do licenciado Manero, e Descripción de los funerales de Doña Mª Luisa de Borbón, de Xosé Rubio, entre outras.