"Inés" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 173.

  • Que non é esperable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ocorre sen que sexa esperado ou estea previsto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non pode ser esquecido.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de inestable.

    2. Situación da atmosfera terrestre en que as partículas de aire non permanecen estables. Orixina unha serie de movementos ascendentes das masas de aire compensados por outros descendentes. O inicio da inestabilidade pódese deber ao impulso de calquera perturbación, pola orografía, por unha achega de calor ou pola advección de masas de aire máis cálido.

    3. Estado que, nun sistema elástico sometido a forzas de compresión lonxitudinais, só precisa unha acción externa infinitamente pequena para perturbar o equilibrio e provocarlle unha flexión.

    4. Configuración, nun núcleo atómico, do seu estado enerxético que lle confire unha probabilidade non-nula de emisión radioactiva espontánea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é estable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten un valor ou excelencia tan grande que non se pode apreciar. OBS: Normalmente aplícase a cousas non materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fase de repouso entre a primeira e a segunda división meiótica. Durante este estado non hai duplicación cromosómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político estadounidense. Senador por Texas (1949) e líder da maioría demócrata (1953), foi elixido vicepresidente dos EE UU trala vitoria electoral de J. F. Kennedy. Trala morte deste (1963) ocupou a presidencia, cargo que revalidou nas eleccións de 1965. A implicación na Guerra de Vietnam ocasionoulle fortes críticas, que o levaron a declarar a retirada unilateral do conflito en 1968.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Juana de Asbaje.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Ivanovo, Rusia (104.000 h [estim 1992]). A súa economía baséase no porto fluvial e na industria do algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Liechtenstein ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Liechtenstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo romanés. Consagrouse coa obra Citadela sfarmata (O castelo destruído, 1955) e publicou, entre ourtras obras, Surorile Boga (As irmás Boga, 1959), Si eu amb fost în Arcadia (Eu tamén estiven na Arcadia, 1971) e Última carreira (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de luz que presentan certas substancias cando son convenientemente excitadas, que se produce sen ningunha elevación da temperatura e que se caracteriza polo feito de que a intensidade da radiación para determinadas lonxitudes de onda é máis elevada ca a correspondente á radiación térmica á mesma temperatura. Segundo a persistencia da emisión unha vez que cesou a causa excitante, a luminescencia divídese en fluorescencia e fosforecencia. Conséguese a excitación das substancias luminiscentes mediante a transmisión dalgún tipo de enerxía, que pode ser en forma de fotóns (fotoluminescencia), de electróns (catodoluminescencia), de enerxía dun campo eléctrico (electroluminescencia), de enerxía dun proceso químico ou biolóxico (quimioluminescencia ou bioluminescencia), de enerxía dunha onda ultrasónica (sonoluminescencia), de enerxía dun esforzo mecánico (triboluminescencia) ou de enerxía en forma de calor (termoluminescencia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten luminescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás linguas malaio-polinesias.

    2. Familia de linguas asiáticas do phylum aústrico. Fálanse en Oceanía, no Sueste asiático e en Madagascar. Divídese en dous grupos: o grupo oriental, que comprende as linguas polinesias e as linguas de Melanesia e de Micronesia, e o grupo occidental, que comprende as linguas de Filipinas, Indonesia e Madagascar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade flamenga situada na provincia de Anveres, Bélxica (75.570 h [2001]). Está atravesada polo río Dyle e a súa economía baséase na industria da confección, do moble e da cervexa. Pertenceu aos bispos de Liexa desde 970, e a partir de 1346 formou parte do ducado de Brabante. Converteuse en arcebispado en 1559 e tivo como primeiro arcebispo a Perrenot de Granvelle. Foi saqueada polo duque de Alba en 1572. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral do s XIII dedicada a san Romualdo e o palacio de xustiza, de comezos do s XVI, un dos primeiros exemplos do Renacemento italiano na Europa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. Artista renacentista protexido polo abade Maximiliano de Austria, ao ser este nomeado bispo de Cádiz encargoulle a construción da igrexa de Santa Cruz ou catedral vella e a finalización do claustro grande de Los Arrayanes ou del Cementerio na cartuxa da Defensión de Jerez de la Frontera. En 1603, ao ser promovido o seu mecenas ao arcebispado de Santiago de Compostela, converteuse en mestre de obras da catedral, onde realizou o peche do coro, o estribo da torre das campás e a escalinata da fachada principal, na praza do Obradoiro. Reordenou a praza da Quintana, dirixiu a obra do claustro do convento de San Francisco e do colexio de San Clemente e interveu na igrexa de San Martiño Pinario (1611). Escribiu Cerramientos y trazas de montea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Estudiou e exerceu como avogado ata que abandonou o seu traballo pola fotografía. Interesado por todos os movementos de vangarda, foi pioneiro no uso da fotografía como fonte de documentación arquivística. Inventariou todas as fotografías en función da súa temática (escultura, arquitectura, paisaxes ou xentes), constituíndo un retrato iconográfico da Catalunya de comezos do s XX, o chamado Arxiu Mas (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medellín ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medellín.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Medina ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Medina.

    VER O DETALLE DO TERMO