Malines

Malines
Nome científico: [neerl: Mechelen]

Cidade flamenga situada na provincia de Anveres, Bélxica (75.570 h [2001]). Está atravesada polo río Dyle e a súa economía baséase na industria da confección, do moble e da cervexa. Pertenceu aos bispos de Liexa desde 970, e a partir de 1346 formou parte do ducado de Brabante. Converteuse en arcebispado en 1559 e tivo como primeiro arcebispo a Perrenot de Granvelle. Foi saqueada polo duque de Alba en 1572. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral do s XIII dedicada a san Romualdo e o palacio de xustiza, de comezos do s XVI, un dos primeiros exemplos do Renacemento italiano na Europa occidental.