"Ise" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 454.
-
PERSOEIRO
Militar e político francés, duque de Choiseul e conde de Stainville. Iniciou a súa carreira política en 1753, baixo a protección de Madame de Pompadour. Dirixiu a política francesa entre 1758 e 1770 desde diversos cargos. Concluíu o Pacto de Familia de 1761 cos Borbón de España, refixo o exército e a armada, incorporou a Lorena (1766) e fixo expulsar os xesuítas de Francia (1764).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de procesos meteorolóxicos que dan lugar á desaparición ou ao debilitamento de ciclóns.
-
CIDADES
Cidade da provincia de Milán, Lombardia, (75.383 h [1997]). É un importante núcleo industrial que forma parte da conurbación da cidade de Milán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Desintegración da célula debida á acción de lisinas, a unha diferenza de presión osmótica, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Claire-Josèphe-Hippolyte Léris de la Tule.
-
PERSOEIRO
Químico alemán. Foi discípulo de August Kekulé na Universidade de Bonn. Traballou na síntese de ésteres cetónicos aromáticos e de β-dicetonas, e na condensación e transposición que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Transposición dos éteres alílicos dos enois ou dos fenois a derivados C-alílicos pola acción da calor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Crotonización de aldehidos aromáticos (ou doutros aldehidos sen hidróxeno en posición α) con aldehidos alifáticos ou cetonas, en presenza de álcali, para dar aldehidos ou cetonas insaturadas. É un exemplo a obtención da benzalacetofenona: C6H5CHO+CH3COC6 H5 → C6H5CH=CHCOC6H5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo usado por G. Ascoli para referirse conxuntamente aos fenómenos de próclise e énclise.
-
-
Secuencia de comunidades vexetais en relación á gradación dun factor medioambiental.
-
Sucesión no tempo que responde a variacións climáticas dun mesmo lugar.
-
-
PERSOEIRO
Caudillo apache chiricahua. Dirixiu a resistencia contra a colonización dos territorios do SO dos EE UU. En 1861 conseguiu expulsar unha gran parte da poboación branca de Arizona; sen embargo, en 1862, o exército ianqui iniciou unha guerra de exterminio que levou á rendición dos apaches a finais de 1872, cando se crearon as reservas e os apaches foron concentrados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora francesa. Escribiu a novela Lui (El, 1859), inspirada en Musset e no seu amigo Flaubert, e no eido da poesía destaca Le poème de la femme (O poema da muller, 1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Teatro ou outro edificio de grandes dimensións destinado a espectáculos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grande anfiteatro da Roma clásica. Edificado en tempos dos Flavios, comezouno Vespasiano no ano 72, inaugurouno Tito no 80 e rematouno Domiciano no 82. Ata o s VIII coñecíase como Anfiteatro Flavio, pero a partir desta data comezou a ser coñecido como Colosseum, polas súas dimensións ou a causa dunha estatua colosal do Emperador Nerón alí erixida. Tiña cabida para 50.000 espectadores aproximadamente. O exterior ten catro pisos con arcadas decoradas con medias columnas con tres ordes superpostas: dórica, xónica e corintia; o piso superior, sen arcadas, está decorado con piares corintios. Unha parte das arcadas derrubouse por diversos terremotos. O edificio serviu como fortaleza durante os ss VI-XI e, posteriormente, as pedras de travertino, caídas ou arrancadas, serviron de material para outras construcións. O Papa Benedicto XIV consagrouno como lugar de martirio no 1744.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución teatral francesa creada en París a partir de 1680. Neste ano, Luís XIV ordenou a unión das compañías de l’Hôtel de Bourgogne e de l’Hôtel Guénégaud, co que se constituíu a primeira compañía nacional de teatro de Europa. En 1799 instalouse na Salle Richelieu e viviu un período de considerable esplendor, aínda que sempre estivo influenciada polo acontecer político da República, e así, despois da Revolución Francesa, pasou a se denominar Théàtre de la Nation. Desde o primeiro momento constituíuse como unha compañía cun repertorio orientado á realización de espectáculos a partir dos textos clásicos da literatura francesa e universal, e integrou no seu elenco actores, actrices e directores de prestixio, como Mademoiselle Clairon, Sarah Bernhardt, Coquelin, Jacques Copeau, Jean-Louis Barrault ou Antoine Vitez, que, sen embargo, remataron por abandonala ao pouco tempo. Nestes case catro séculos de existencia a compañía, que desenvolveu o seu traballo noutros teatros da capital francesa...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación de estados creada pola Constitución francesa o 4 de outubro de 1958 que comprendía, ademais do Estado francés, as doce antigas colonias de África que optaran polo estatuto de estado membro e que aceptaran entrar na Communauté, é dicir, no Estado francés, con autonomía interna, pero sen soberanía nin independencia internacional. De feito, podían saír da Communauté cando o desexasen reivindicando a súa independencia. A súa existencia foi moi efémera, porque os estados africanos da Communauté accederon á independencia entre 1959 e 1960. Oficialmente non foi nunca disolta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional fundada en 1996 e integrada por Portugal, Angola, Guiné-Bissau, Cabo Verde, Moçambique, São Tomé e Príncipe e Brasil. Os seus fins son a promoción da lingua portuguesa e a cooperación cultural, social, científica e xurídico-institucional entre os países membros. Pretende tamén a constitución dunha plataforma común internacional nos organismos aos que pertencen os seus membros. Os seus órganos de goberno son a Conferência de Chefes de Estado e de Governo, o Conselho de Ministros, o Comité de Concertação Permanente e o Secretariado Executivo. A presidencia rota cada doce meses, mentres que o secretario executivo e o secretario executivo adxunto se renovan cada dous anos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sentimento de pena polo mal doutra persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización dos países produtores de cobre fundada en 1960. Malia controlar máis do 50% da produción mundial, non conseguiu fixar nin unha política común nin un prezo do cobre no mercado internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia total ou parcial da bóveda cranial, con exteriorización das meninxes e do cerebro (meningoencefalocele).