"Ivo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 721.

  • Aplícase ás substancias que estoupan espontaneamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que implica avaliación, que entra dentro dun proceso de estimación ou valoración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca aversión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se alimenta de baias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de Boloña. Interveu na vida boloñesa desde finais do s XIII e a súa influencia aumentou a partir de 1360. En 1401 Giovanni I foi proclamado señor de Boloña (1401). O Papa Xulio II puxo fin ao dominio dos Bentivoglio en Boloña (1506).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cardeal, historiador e diplomático italiano. Foi xefe da Inquisición durante o proceso de Galileo. As súas obras están recollidas no volume La Nunziatura di Francia del cardinale Guido Bentivoglio (A nunciatura de Francia do cardeal Guido Bentivoglio, 1863-1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Centro de documentación teatral creado en 1996 na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña cos fondos doados por Francisco Pillado Mayor, entre os que se inclúe un significativo número de textos dramáticos e estudios críticos, amais de importante documentación relacionada coa historia do teatro galego e da literatura dramática. Paralelamente e como complemento necesario para o labor de investigación e divulgación do propio Arquivo, tamén se crearon catro coleccións de textos dramáticos dirixidos por Laura Tato, Carlos Paulo Martínez Pereiro, Carlos Carrete e Francisco Salinas Portugal, coordinador da Biblioteca-Arquivo e das diversas liñas editoriais. O obxectivo das mesmas é contribuír á recuperación de textos significativos da dramática galega ou á presentación de obras de relevo da literatura dramática universal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de biunívoco.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que establece unha relación dun a un, como a existente entre os elementos de dous conxuntos, nos que todos os elementos dun deles están en correspondencia con todos os elementos do outro, de maneira que a cada elemento dun conxunto corresponde un elemento, e só un, do outro.

    2. Aplicación que é inxectiva e exhaustiva á vez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade que presentan algúns insectos (especies, poboacións, etc), para completar dous ciclos biolóxicos cada ano, cando o habitual é que presenten unha soa xeración anual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación que é inxectiva e exhaustiva ao mesmo tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín creado na Coruña en 1963 co subtítulo “Ilustre Colegio Provincial de Abogados de La Coruña”; cesou a súa actividade no ano 1965. Entre os colaboradores figuran Xosé Pousa Pérez, Ricardo Mora e Manuel Iglesias Corral. Saían tres ou catro números nos que seccións como “Actividades colegiales”, “Tribuna de colegiados” e “Nuestro colegio”, figuran no Sumario. Esta publicación profesional dedicouse a informar sobre as actividades colexiais, ordes do ministerio de Xustiza, mutualidades, lexislación, asistencia xurídica, etc. Na editorial do primeiro número, que levaba o título de “Palabras Previas” e a firma do decano do Colexio provincial de avogados da Coruña, Manuel Iglesias Corral, manifestábase a idea de abrir a revista a todos os pensamentos, observacións e informacións de interese dos propios xuristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín bisemanal que se publicou en Porriño (Pontevedra) dende febreiro de 1927 ata xuño ou xullo de 1928 (número 14). O seu director foi Xosé Mosquera Nocelo e a publicación, de carácter técnico, servía de voceiro de MARUCOGA. A tiraxe difundíase probablemente entre os núcleos abastecedores de gando, que eran os sindicatos católicos de gran parte de Galicia, especialmente da zona norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter deportivo que apareceu nesta cidade no ano 1963, elaborado polo propio club deportivo de fútbol. Estaba redactado en castelán. O periódico cubría as crónicas dos encontros, lembraba as figuras do fútbol e as historias do club, do fútbol modesto e do xuvenil. Tamén conta cunha sección que se titula “Humor, fútbol y pasatiempos”. Destaca pola súa profusión en fotografías en branco e negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Santiago de Compostela en outubro de 1975. Levaba o subtítulo de “Facultad de económicas”. Dedicábase a teorizar sobre a democratización da universidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter militar editada polo Instituto Social de las Fuerzas Armadas no Ferrol. Apareceu nos anos oitenta do século XX. Incluía artigos e fotografías sobre cuestións diversas relacionadas co exército.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación que xurdiu na Coruña en xuño de 1981 e cesou en 1990. Subtitulouse “Colegio oficial de farmacéuticos de la provincia de la Coruña”. A directora foi Ofelia del Amo Pol. No sumario deste boletín en castelán aparecían un editorial, información colexial, apuntamentos informativos, información xeral, colaboradores, divulgación profesional, vocalías e diversas seccións (Óptica, Ortopedia, Titulares), información fiscal, bolsa do farmacéutico, taboleiro de anuncios, plantas medicinais e sección bibliográfica. Dous anos despois esta publicación pasou a chamarse Galería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Saíu publicado en Perbes, Miño, en outubro de 1984 e cesou en outubro de 1991. Levaba o subtítulo de “Asociación de veciños Xario”. Este boletín mensual era a única publicación que existía en Santa María do Miño, xunto coa folla parroquial. Trataba temas que abranguían dende as subvencións ou os resultados das eleccións do municipio, ata cursos de verán ou actividades deportivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Posiblemente apareceu a finais de 1988 ou comezos de 1989 en Santiago de Compostela, e deixou de publicarse en xuño de 1989. Xurdiu como preparación para a visita que o Papa Paulo VI fixo a Santiago de Compostela en agosto de 1989. Tratábase dunha publicación relixiosa que alternaba o castelán e o francés, co inglés e o italiano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en Vilalba, en xuño de 1989. Este boletín bilingüe subtitulouse “Información municipal do concello de Villalba”, e ofrecía datos municipais relacionados con este concello.

    VER O DETALLE DO TERMO