Boletín Informativo

Boletín Informativo

Publicación que xurdiu na Coruña en xuño de 1981 e cesou en 1990. Subtitulouse “Colegio oficial de farmacéuticos de la provincia de la Coruña”. A directora foi Ofelia del Amo Pol. No sumario deste boletín en castelán aparecían un editorial, información colexial, apuntamentos informativos, información xeral, colaboradores, divulgación profesional, vocalías e diversas seccións (Óptica, Ortopedia, Titulares), información fiscal, bolsa do farmacéutico, taboleiro de anuncios, plantas medicinais e sección bibliográfica. Dous anos despois esta publicación pasou a chamarse Galería.