"Lacio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 275.

  • Exaltación ou elevación do espírito producidas, especialmente, pola consciencia do éxito ou da prosperidade, que pode levar ao ensoberbecemento ou á presunción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de electroterapia que emprega a calor dun electrodo puntiforme polo que se fai pasar unha corrente de alta frecuencia para a destrución de tecidos anormais, sobre todo tumorais, para deter hemorraxias e como anestésico local. Tamén se coñece como diatermia cirúrxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estimulación eléctrica dun tecido con finalidades terapéuticas ou experimentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de emascular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de emular.

    2. Desexo que impulsa a emular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción ou efecto de encapsular.

    2. Operación que consiste en revestir os circuítos integrados e as súas conexións externas para os protexer do exterior e previr que a temperatura interna do circuíto non alcance niveis que o farían inoperante. Hai tres tipos básicos de encapsulación: a metálica, a cerámica e a plástica. A primeira presenta unha mellor transferencia da calor, pero é máis cara. Para as aplicacións comerciais é corrente empregar a de plástico do tipo dual inline.

    3. Operación que consiste en poñer un medicamento dentro dunha cápsula dixerible para facilitar a súa administración.

    4. Proceso de formación dunha cápsula constituída por unha substancia non normal no lugar en que se constituíu.

    5. Técnica para illar unha masa de residuos e que implica o completo revestimento ou illamento dunha partícula tóxica ou dun aglomerado de residuos mediante o emprego dunha substancia distinta, que pode ser un aditivo para solidificar e estabilizar. Emprégase para tratar residuos perigosos de xeito que non afecten ao ambiente. Nalgúns casos os produtos obtidos utilízanse como materiais de construción, cando o grao de estabilidade é alto e o risco para a saúde humana e o medio é baixo. Fálase de microencapsulación cando se trata de partículas individuais e de macroencapsulación cando é un aglomerado de partículas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enquisa de caracter trimestral realizada polo Instituto Nacional de Estadística (INE), que ten por obxecto coñecer as características da poboación con relación ao mercado de traballo. Achega as estimacións sobre as principais categorías poboacionais (ocupados, parados, activos, inactivos) e algunhas das súas características sociais e económicas (sexo, idade, nivel de estudios). Lévase a cabo por un procedemento de enquisa aleatoria. A EPA cobre todo o territorio nacional, disgregando para as comunidades autónomas resultados equivalentes ao coeficiente de variación das diferentes categorías.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de enfilar.

    2. Punto de referencia do relevo da costa, que serve ao pescador ou mariñeiro como guía para orientarse na situación do barco no mar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Emisión de brillos de forma intermitente con distintas cores e intensidade variable.

    2. Produción de pequenas chispas luminosas por parte dun escintilador, orixinadas polos impactos de partículas de alta enerxía. A luz prodúcese por fluorescencia.

    3. Flutuación rápida no fluxo dunha radiofonte de pequeno diámetro aparente, situada nunha dirección que pasa polas proximidades do disco solar. Débese á presenza de inhomoxeneidades no gas ionizado que constitúe o vento solar, tal como as da baixa atmosfera terrestre producen a escintilación da luz das estrelas. Foi predita por V. L. Ginzburg no ano 1956 e vinte anos despois descubriuna A. Hewish.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción nuclear en que partículas de grande enerxía inciden sobre un núcleo co que provocan a emisión dun gran número de nucleóns individuais. O núclido residual ten un número atómico e másico bastante inferiores aos do primitivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pensamento creador que non só recibe os datos da experiencia senón que penetra a priori ata os seus fundamentos. Investiga a esencia íntima do experimentalmente captado ata chegar ao ser metafísico e facer visibles as leis absolutas da esencia e do ser. A especulación sérvese fundamentalmente do coñecemento esencial.

    2. Opinión ou xuízo que se basea en certos indicios ou sinais que non se coñecen con seguridade.

    3. Operación efectuada en previsión dunha modificación na estrutura dos prezos, co fin de obter ganancias extraordinarias. Este tipo de operación, que sempre leva consigo un risco, efectúase no proceso de distribución e distínguese das operacións ordinarias de compravenda porque non responde á satisfacción de ningunha necesidade concreta do suxeito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción de esporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de estabular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situación de estancamento nos niveis de produción dun país e dun forte incremento no índice de prezos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de estimular.

    2. Excitación da actividade funcional dun órgano ou dun tecido por medios eléctricos, mecánicos, térmicos, químicos ou doutro tipo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de estipular.

    2. Disposición ou cláusula dun documento público ou privado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de estrangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Son que se produce ao rozar un animal dúas partes do seu corpo. Esta comunicación acústica ten diferentes funcións dependendo das especies e, xeralmente, serve para lograr a reunión dos dous sexos, no caso dos grilos e saltóns, para facer fuxir os depredadores, como ocorre con algúns coleópteros, ou na comunicación intraespecífica á hora de defender un territorio vital, como acontece cos sons producidos polas mandíbulas dalgunhas larvas xilófagas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso de reprodución de moitas especies polizoicas nas que se diferencian novos proglótides na parte anterior dos animais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción mediante a que se introducen radicais etilo (CH3-CH2- ou C2H5-) nunha molécula. Os reactivos que máis se empregan para levar a cabo este proceso de alquilación son os haloxenuros de etilo e o sulfato de dietilo.

    VER O DETALLE DO TERMO