escintilación
escintilación
(
-
s
f
Emisión de brillos de forma intermitente con distintas cores e intensidade variable.
Ex: A cidade adiviñábase baixo a escintilación das luces.
Sinónimos: escintileo. -
s
f
[FÍS]
Produción de pequenas chispas luminosas por parte dun escintilador, orixinadas polos impactos de partículas de alta enerxía. A luz prodúcese por fluorescencia.
-
escintilación interplanetaria
[ASTRON]
Flutuación rápida no fluxo dunha radiofonte de pequeno diámetro aparente, situada nunha dirección que pasa polas proximidades do disco solar. Débese á presenza de inhomoxeneidades no gas ionizado que constitúe o vento solar, tal como as da baixa atmosfera terrestre producen a escintilación da luz das estrelas. Foi predita por V. L. Ginzburg no ano 1956 e vinte anos despois descubriuna A. Hewish.