"Lomé" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 156.
-
PERSOEIRO
Escultor. Representante do Renacemento hispánico, formouse con D. Fancelli e tivo como colaborador a Diego de Siloé. Realizou a decoración da capela Caraccioli de Nápoles, o sepulcro dos reis Xoana I e Filipe I, que se instalou a comezos do s XVII na Capela Real de Granada, o sepulcro do cardeal Cisneros en Alcalá de Henares e o da familia Fonseca en Coca , ademais de traballar no coro da catedral de Barcelona (1515), onde engadiu decoracións renacentistas ao cadeirado e ao trascoro, con relevos da vida de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Determinación das oscilacións das paredes arteriais que están ocasionadas polo fluxo sanguíneo e a presión arterial que se miden por medio do oscilómetro.
-
Tipo de análise condutométrica en que se traballa con correntes alternas de alta frecuencia (1-300 MHz). Baséase no fenómeno da polarización molecular que resulta da aplicación de correntes de alta frecuencia e que provoca unha corrente de polarización de intensidade comparable á de condución. Utilizouse en volumetrías de neutralización, de precipitación e de formación de complexos, en medios acuosos e non acuosos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento que serve para medir as oscilacións de volume que experimentan as paredes arteriais baixo a influencia dos latexos do corazón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
castañeta.
-
PERSOEIRO
Actriz. Coñecida como Marisa Paredes, debutou no teatro en 1961. Interveu como actriz secundaria en filmes como Canción de cuna (1960) ou Las bicicletas son para el verano (1983), ata que logrou o recoñecemento do público e da crítica con Tacones lejanos (1991). Participou tamén en filmes como Ópera prima (1980), La flor de mi secreto (1995), Todo sobre mi madre (1999), Hable con ella (2002), Una preciosa puesta de sol (2003) e Frío sol de invierno (2004). Presidiu a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas (2000-2003) e recibiu o Premio Nacional de Cinematografía (1996).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Primeiro director da Escuela Especial de Arquitectura de Madrid, foi o autor do edificio da Universidad de Zaragoza (1849) e do palacio do Congreso de los Diputados de Madrid (1843). En Madrid reformou o convento do Noviciado (1845), restaurou San Jerónimo el Real e fixo os palacios de Béjar, Vista Alegre e o do marqués de Salamanca (1854).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Navegante portugués. En 1419 participou na segunda expedición á illa de Porto Santo, arquipélago de Madeira, onde se estableceu (1428?) e levou a cabo o poboamento por orde de Enrique de Portugal, que o nomeou donatario dela en 1446.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Estudou con F. Pedrell e no Conservatorio de Madrid, onde exerceu como catedrático de Harmonía (1911-1943). Dirixiu a Orquesta Filarmónica de Madrid (fundada por el en 1915) e a Orquesta Nacional. Sucedeu a Turina como comisario xeral de música (1949-1956). Promocionou a música contemporánea española e compuxo diversas obras, das que destacan a suite sinfónica A mi tierra (1898) e a versión que realizou da Marcha Granadera, aceptada oficialmente como Himno Nacional de España.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor sudafricano. Formado en Inglaterra, regresou ao seu país de orixe despois da Primeira Guerra Mundial. Cultivou diversos xéneros, como a novela, as pequenas narracións, a poesía, os libros de memorias e mesmo libretos de ópera. Mostrouse crítico e satírico coa sociedade, tanto na súa primeira novela Turbott Wolfe (1925), como en The Case is Altered (1932) e The Invaders (1934), ou nas escolmas de poemas Collected Poems (1961) e Message in Code (1964).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos polímeros que varían na súa composición química sen experimentar cambios na súa forma cristalina. Son copolímeros en bloques que se obteñen por polimerización de mesturas de monómeros en presenza de catalizadores aniónicos de coordinación do tipo Ziegler-Natta. A súa estrutura pode representarse como...(XXXX...)n (YYYY...)m...
-
IGREXAS
Igrexa situada en Pontevedra. É coñecida como San Bartolomeu o Novo, pois xa existiu a igrexa de San Bartolomeu o Vello, da que se conservan restos dunha portada do s XIII que se refixo nas ruínas de San Domingos. Pertenceu á Compañía de Xesús desde a súa construción entre 1696 e 1714, ata a súa expulsión en 1767. Construída en estilo barroco, ten as trazas das igrexas xesuíticas romanas. No seu interior destacan os retablos atribuídos a Pedro de Mena, Gregorio Fernández, Pedro de Campo, Bieito Silveira e Gambino. Presenta unha fachada decorada con columnas e os escudos heráldicos de familias que axudaron economicamente para a súa construción.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Óxido de manganeso e de bario, de fórmula (Ba,H2O)2Mn5O10. Mineral que cristaliza nun sistema monoclínico, é de cor negra ou gris escura. Abunda na Península Ibérica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ptolemaico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (Macedonia 367 a C - Exipto 283? a C) Rei de Exipto (305-285 a C), fillo de Lagos. Fundador da dinastía ptolemaica ou láxida. Foi xeneral de Alexandre o Grande e destacou na campaña de Asia. Nomeado sátrapa de Exipto e Libia (323 a C), enfrontouse polo poder co rexente Perdicas. Conquistou Corinto e Megara (308 a C), pero foi derrotado por Demetrio I de Macedonia en Salamina (Chipre, 306 a C). Adoptou o título de rei en 305 a C. Aliouse con Casandro, Lisímaco e Seleuco I (302 a C) e ocupou Celesiria (Palestina e Fenicia). En 285 a C abdicou no seu fillo, Ptolomeo II Filadelfo. Protector das artes, fundou o museo e a biblioteca de Alexandría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filadelfo (Cos 308 a C - 246 a C) Rei de Exipto (285-246 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo I. O éxito contra os seléucidas Antíoco I (280-261 a C) e Antíoco II (261-246 a C) converteu Exipto na primeira potencia naval do Mediterráneo. Con el, a dinastía ptolemaica chegou ao seu cume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Everxetes (Exipto 280? a C - 221 a C) Rei de Exipto (246-221 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo II. Recuperou a Cirenaica, invadiu o reino seléucida (245 a C) e interveu nos asuntos gregos. Consolidou os seus dominios ata Tracia e levou a Exipto o apoxeo do poder. Entre outros, construíu o templo exipcio de Idfû.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filopátor (238? a C - 205 a C) Rei de Exipto (221-205 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo III. Sometido á influencia dos favoritos, co seu goberno corrupto comezou a decadencia da dinastía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Soter (142? a C - 81? a C) Rei de Exipto (116-107 a C e 88-81 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo VIII. Gobernou coa súa nai Cleopatra III, quen conseguiu afastalo a Chipre (107 a C) para darlle o trono ao irmán, Ptolomeo X , coñecido como Alexandre I (? 140?-88? a C), que reinou de 107 a 88 a C, ano en que tivo que fuxir de Exipto a causa dun motín. Á súa morte (88 a C), Ptolomeo IX ocupou novamente o trono. O seu fillo Ptolomeo XI , coñecido como Alexandre II, gobernou entre 81 e 80 a C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Epífanes (210? a C - 181 a C) Rei de Exipto (197-181 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo IV. Orfo desde os cinco anos, durante a súa minoría de idade perdeu Celesiria e Asia Menor na Batalla de Panio (200 a C).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Filométor (185? a C - 145 a C) Rei de Exipto (181-145 a C), fillo e sucesor de Ptolomeo V. Durante a súa minoría de idade gobernou a súa nai Cleopatra I. Neste período Antíoco IV invadiu Exipto (170 a C), pero apresárono e fixo elixir rei ao seu irmán, Ptolomeo VIII. Roma detivo unha nova invasión de Antíoco (168 a C) e interveu decididamente desamigando a ambos os dous irmáns e atribuíndo Cirenaica ao seu fillo Ptolomeo VII Neofilopátor (162 a C-144 a C), asasinado ao cabo dun ano polo seu tío Ptolomeo VIII.