"Lot" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 289.

    1. Espiral de Cornu.

    2. Curva xeométrica de tipo espiral definida pola condición de que o radio de curvatura varía de forma inversamente proporcional ao arco percorrido.

    3. Curva de acordo, ou de transición, en planta resolta coa clotoide. Utilízase no trazado en planta de carrís de ferro e estradas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi membro da Convención, da que foi elixido presidente en 1793, e do Comité de Salvación Pública. Trala toma de Lyon (1793), que se levantara en contra da Convención, foi enviado por Robespierre para executar as decisións que adoptara a Convención, feito que provocou unha durísima represión. Participou no golpe de estado de Termidor (27.7.1794), en oposición á política de Robespierre; sen embargo, non evitou a acusación de complicidade con Robespierre, feito polo que foi expulsado á Guyana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Discípula de Étienne-Maurice Falconet, realizou os bustos de Falconet, Voltaire, Diderot e Catarina II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Confabulación contra unha ou varias persoas ou contra unha institución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piloto que ten por misión asistir ao primeiro piloto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionaria francesa. De orixe nobre, foi educada nos principios da Ilustración. Foi simpatizante dos xirondinos durante a Revolución Francesa. Trasladouse a París, onde decidiu asasinar a Marat. O 13 de xullo de 1793 conseguiu que este a recibise e apuñalouno mentres estaba no baño. Foi condenada por un tribunal revolucionario e guillotinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forno cilíndrico, semellante ao alto forno, de funcionamento descontinuo. Cárgase con capas alternas de combustible (coque) e de ferralla de fundición ata obter a cantidade de fundición precisa. Ten unha instalación e un funcionamento económicos e un bo rendemento de combustible e material.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes da familia dos gnotostomátidos ao que pertencen o facho común e o facho menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘tolo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das brasicáceas, con numerosas follas caulinares e flores amarelas, de estigma enteiro e dispostas en acios, que dan lugar a froitos en silicua moi alongada, co nervio medio marcado e sementes dispostas en dúas ringleiras. En Galicia están presentes, en terreos ermos ou en entullos, as especies D. catholica, D. muralis e D. viminea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado da primeira profase da meiose, na que se produce a separación dos pares de cromosomas homólogos, agás na rexión dos quiasmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecta. Estudiou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona e da Coruña, onde se licenciou en 1985. Diplomouse en historia da arquitectura na Oxford University (1995) e ampliou estudios no eido da conservación arquitectónica na Oxford Brookes University (1996). Entre as súas intervencións arquitectónicas destacan os seus traballos de rehabilitación no centro histórico de Santiago de Compostela (1999), na casa Abraira en Pousadoira (Miño, 1999-2001), na casa do Vilar (Mondariz, 2001) e na casa do Castro (Poio, 2001-2002). As súas investigacións centráronse no campo da arquitectura tradicional galega do s XIX. Realizou a catalogación da arquitectura doméstica na comarca da Terra Chá (1763-1936), pola que recibiu o Premio Constanza de Castro (1999). Colaborou, entre outras obras, na Encyclopedia of Vernacular Architecture of the world (Enciclopedia da arquitectura vernácula no mundo, 1995) e La Galicia de los Pazos (2002). Escribiu tamén A casa grande...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lámina fibrocartilaxinosa, delgada e flexible, situada na parte superior da larinxe ao lado da base da lingua. Durante a deglutición cobre a glote e impide o paso de alimentos á traquea. A abertura e o peche desta válvula realízase por acto reflexo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epiglote.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de protozoos ciliados e reptantes que presentan un número de cirros e estrutura celular característicos e se alimentan de bacterias floculantes. Algunhas das especies máis comúns son E. aediculatus, propia de augas doces; E. affinis, típica dos reactores de fangos activados; E. harpa, que habita augas con elevada salinidade; e E. patella, típica das augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode explotar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de explotar.

    2. Conxunto de instalacións e actividades aplicadas ao funcionamento dunha empresa agrícola ou, por extensión, industrial, ao longo de todo o proceso de produción e comercialización. Segundo o destino dos produtos obtidos, pode ser autárquica, se producen exclusivamente para consumo dos propietarios e dos traballadores dunha maneira directa, ou comercial, se se destina ao mercado e á obtención de beneficios. Segundo o vínculo dos traballadores á explotación e, concretamente ás terras, a explotación pode ser directa ou indirecta. Na directa, o traballador tamén é propietario das terras e, por tanto, da explotación. Cando o propietario e o traballo dunha explotación recaen en persoas diferentes, son indirectas, e nestes casos os traballadores vincúlanse ás terras en virtude duns determinados contratos, entre outros, arrendamentos e parcerías. Pode ter un carácter colectivo, en ocasións co Estado como propietario, como no caso do sovkhoz soviético,...

    3. Utilización de nenos para actividades laborais. A Organización Internacional do Traballo (OIT) adoptou en xuño de 1999 un convenio que prohibiu a escravitude infantil, a explotación sexual e o traballo perigoso, incluído o recrutamento forzoso de nenos para utilizalos en conflitos armados, aplicado aos menores de 18 anos. O convenio esixiu aos países membros a aplicación de medidas eficaces e de sancións penais para aqueles que o incumpriran. Segundo estimacións da OIT, só nos países en desenvolvemento traballan uns 250 millóns de nenos, dos que a metade están a xornada completa e o resto compaxina traballo e escolaridade. Os primeiros intentos de frear a explotación infantil proceden dos reformistas de principios do s XIX, que pretendían paliar os abusos aos nenos no traballo industrial, establecendo normas que limitasen a idade laboral e os horarios. A primeira lei relevante neste sentido ditouse en 1878; establecía a idade mínima para traballar aos 10 anos e limitaba a 12 horas a xornada...

    4. Análise do proceso no que a clase dominante se apropia, en cada etapa histórica, da diferenza que existe entre o valor dos bens no mercado e o valor medido polo traballo incorporado na súa produción. A existencia desta diferencia entre os valores mencionados é a base para a obtención dun excedente; a achega de K. Marx foi a demostración do feito de que este excedente non se distribúe entre a forza de traballo que a xera. No sistema capitalista recibe a denominación de plusvalía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen explota.

    2. Relativo ou pertencente á explotación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sacar proveito dunha fonte de recursos naturais.

    2. Sacar o máximo proveito de algo, normalmente con abuso ou astucia.

    3. Facer traballar a alguén en proveito propio, especialmente de forma abusiva.

    VER O DETALLE DO TERMO