"Māra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 223.

  • PERSOEIRO

    Raíña de Navarra (1403-1415), filla de Enrique II de Castela e nai de Branca I de Navarra. Casou en 1375 con Carlos III de Navarra e gobernou o reino en ausencia do seu home.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cronista. Secretario e capelán de Hernán Cortés (1542-1547), participou con el na expedición a Alxer. Aínda que non foi nunca a América, escribiu unha Historia general de las Indias y conquista de México (1552), sobre datos que Cortés lle facilitou. Como réplica, Bernal Díaz del Castillo escribiu a súa obra, Historia verdadera de la conquista de la Nueva España.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Morea de leña ou doutro material combustible que arde moito e produce unha lingua de lume.

    2. Chama ou lapa grande.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Deputado do Partido Regenerador (1882-1886), foi ministro das Obras Públicas, Comércio e Indústria (1893). Ingresou no Partido Republicano en 1903 e, logo da implantación da república, foi ministro de Asuntos Exteriores no goberno provisional. Designado primeiro ministro (1913), foi elixido presidente da república en 1915 e defendeu a participación de Portugal na Primeira Guerra Mundial. Deposto polo movemento revolucionario de Sidónio Pais, en decembro de 1917, volveu á presidencia entre decembro de 1925 e maio de 1926.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (19.566 km2; 1.146.000 h [estim 1994]). A capital é Musoma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino de orixe discutida. Considérase unha variante de María, forma feminina de Amaro ou variante de Mar, aínda que tamén pode ser un nome de orixe bíblica, pois aparece no libro de Rute. A súa festividade celébrase o 25 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demo da relixión budista, inimigo de Buda, que empurraba os homes a caer nas paixóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Moeda de ouro almorábide, cun valor que se corresponde co do dinar (aproximadamente 4 g).

      1. Cada un dos diferentes tipos monetarios de ouro batido nos reinos cristiáns, que seguían o patrón do marabedí almorábide.

      2. marabedí afonsino/castelán

        Marabedí cuñado por Afonso VIII que seguía a metroloxía do modelo e circulou abundantemente en Catalunya.

      3. marabedí leonés

        Marabedí cuñado polos reis Fernando II (1157-1188) e Afonso VIII (1188-1230), seguindo o patrón metrolóxico do marabedí almorábide, pero con tipoloxía cristiá.

      4. marabedí portugués

        Marabedí cuñado por Sancho I de Portugal (1185-1211), Afonso II de Portugal (1211-1223) e Sancho II de Portugal (1223-1248), de patrón metrolóxico almorábide e de tipoloxía cristiá levaba a heráldica portuguesa e mostraba unha excelente factura románica.

    2. Moeda de conta medieval castelá coa que se taxaba o valor de moeda corrente de ouro, prata ou de billón.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Suceso, persoa ou cousa que provoca grande admiración por ter características extraordinarias.

    2. Impresión de admiración provocada por algo que resulta extraordinario ou deleita os sentidos.

    3. Planta herbácea gabeadora que presenta follas similares á hedra e flores de cor azul. Emprégase coma planta ornamental.

    4. Conxunto de sete construcións consideradas na época helenística os principais exemplos da perfección. Eran a pirámide de Keops, o mausoleo de Halicarnaso, os xardíns colgantes de Semíramis en Babilonia, o Faro de Alexandría, o Coloso de Rodas, o Zeus olímpico de Fidias e o templo de Artemisa en Éfeso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Provocar en alguén un sentimento de admiración ou sorpresa.

    2. Sentir alguén unha grande admiración ou sorpresa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cartelle baixo a advocación de Nosa Señora das Marabillas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cartelle. Comezou a construírse en 1813, sobre as ruínas dun templo do s XVII, desde o que se trasladou a imaxe da Virxe das Marabillas. Ten planta de cruz latina con nave e cruceiro abovedados. No seu interior conserva unha imaxe barroca da Inmaculada do s XVIII nun retablo neoclásico, e unha cruz de metal do s XVI. Na fachada destaca unha torre de dous corpos, rematada con balcón corrido e cúpula con lanterna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que provoca un sentimento grande de admiración ou sorpresa debido ao seu carácter inexplicable ou sobrenatural.

    2. Que causa admiración ou sorpresa por posuír calidades superiores ao que é habitual.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ave do xénero Leptoptilos, da familia dos cicónidos, que ten 120 cm de alzada e máis de 250 cm de envergadura. Presentan o bico cónico, coa base tan grosa como a cabeza, unha papada fláccida, característica sexual secundaria, que ten relación coa función respiratoria, e a cabeza e o pescozo nus e coa pel rosada. Son gregarios e necrófagos. A especie L. crumeniferus (marabú africano) habita desde Sudán e Etiopia ata Zambia; L. dubius (marabú indú) e L. javanicus habitan desde India central ata Borneo.

    2. Adorno feito con plumas de marabú.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Membro, no Magreb, dunha comunidade relixioso-militar que vivía nunha rābita.

    2. Predicador musulmán que conseguía reunir un grupo de discípulos ou fundar unha confraría mística.

    3. Tumba dun santo musulmán que, polas bendicións que se lle atribúen, é obxecto dunha veneración popular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de percusión indirecta formado por unha bóla oca, cun pequeno mango que contén grans de millo, pedriñas ou calquera outro material duro. Fanse soar axitándoas ritmicamente nas mans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Venezuela, situado na depresión entre a Sierra Nevada de Mérida, ao L, e a serra de Perijá, ao O (14.000 km2). Comunica co golfo de Venezuela a través dunha canle natural duns 50 km de lonxitude. É o lago máis grande de América do Sur, e conta con importantes xacementos de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Zulia, Venezuela, situada á beira da canle que comunica o lago de Maracaibo co golfo de Venezuela (1.660.233 h [1997]). É o primeiro centro petrolífero de América latina e un importante exportador de café a través do seu porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Aragua, Venezuela, preto do lago Valencia (449.180 h [1997]). É o centro dunha comarca agrícola e mercado de cacao, café e produtos cárnicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Granada, Andalucía, situado na Vega de Granada, ao N da capital provincial (16.517 h [2001]). As principais actividades económicas son a agricultura, co cultivo de cereais, legumes e tabaco, a industria alimentaria, coa produción de embutidos, e a construción de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO