"MIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 424.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que algo ou alguén deixe de ter calidades míticas.
-
-
Acción de desmitoloxizar.
-
Proceso que consiste en liberarse da comprensión mitolóxica do anuncio evanxélico. Este termo introduciuno Rudolf Bultmann na linguaxe filosófico-teolóxica en 1941. A meta do programa bultmanniano era facerlle comprensible ao home moderno, seguramente cun inconfesado afán apoloxético, o querigma do Novo Testamento, desvinculándoo totalmente das características mitolóxicas coas que nacera por mor da limitación que impuxera o tempo e o espazo nos que fora anunciado e elaborado. Esta tentativa tivo unha longa historia na teoloxía cristiá, por exemplo, no método esexético denominado alegórico ou na teoloxía liberal. Hai que destacar no intento de Bultmann o afán por buscar unha axeitada interpretación do querigma, feita a partir de dous supostos: a filosofía existencialista (máis en concreto, a de Martin Heidegger) e unha comprensión da xustificación pola fe, de signo paulino-luterano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quitar o carácter mitolóxico a unha doutrina ou pensamento.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rocha silícea sedimentaria de orixe orgánica formada principalmente por cunchas de diatomeas. Emprégase principalmente como absorbente, abrasivo, illante térmico ou material filtrante. Tamén se denomina terra de diatomeas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen dimite.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao basidiocarpo formado por hifas xenerativas, xunto con hifas conectivas ou hifas esqueléticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de dimitir.
-
-
Renunciar alguén ao cargo ou posto que ocupaba, comunicándollo á autoridade competente.
-
Destituír a alguén dun cargo ou dun emprego.
-
-
PERSOEIRO
Nome eclesiástico de Dimitrios Papadopulos, arcebispo de Constantinopla e patriarca ecuménico da Igrexa Ortodoxa en 1972. De tendencia moderada, a súa elección provocou, sen embargo, fricións co goberno turco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Membro da coalición conservadora e ecoloxista Unión da Forza Democrática, ocupou o cargo de primeiro ministro da República de Bulgaria entre novembro de 1991 e decembro de 1992.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Membro fundador do Partido Socialdemócrata de Traballadores Búlgaros (1902), máis tarde Partido Comunista (1919), dirixiu a insurrección antifascista búlgara (1923), feito que provocou o seu exilio a Viena e Berlín. En 1933 detivérono, acusado do incendio do Reischtag. Liberado en 1934, trasladouse a Moscova, onde foi nomeado secretario xeral da Internacional Comunista. Durante a Segunda Guerra Mundial regresou a Bulgaria e dirixiu a loita antifascista. Tralas eleccións de 1946 e a proclamación da República Popular de Bulgaria, foi elixido primeiro ministro.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade de Bulgaria situada á beira do río Marica (50.740 h [1996]). É un importante núcleo mineiro e centro industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da oblast’ de Uljanovsk, Rusia, situada á beira do río Kama, afluente do Volga (135.085 h [1995]). Chamada Melekess ata 1972, posúe unha central nuclear e un instituto de investigación nuclear.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación xenérica dos explosivos a base de nitroglicerina, obtidos por absorción desta, en substancias capaces de retela ou de formar unha substancia xelatinosa, co que evitan desta maneira posibles explosións debidas ao transporte ou choques. A dinamita foi ideada por Alfred Nobel en 1867, que descubriu que as diatomitas absorbían a nitroglicerina e a facían moito máis segura. A primeira dinamita compoñíase de nitroglicerina e mais diatomita, mentres que as dinamitas modernas adoitan empregar outras substancias como absorbentes. Clasifícanse en tres grupos, segundo a base empregada como absorbente: as dinamitas de base interna, nas que o absorbente (diatomita, carbonato de magnesio) é unha substancia que non intervén na reacción explosiva. Cando o absorbente é unha substancia redutora, como as serraduras, as fariñas vexetais ou o carbón, equilibrada coa adición dun oxidante (nitrato ou clorato de potasio ou de sodio), denomínanse dinamitas de base activa. O terceiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico publicado na vila de Ordes en 1911.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de dinamitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de dinamitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer saltar ou destruír unha cousa con dinamita.
-
-
Persoa que fabrica ou emprega dinamita.
-
Persoa que comete atentados valéndose de dinamita.
-
-
PERSOEIRO
Escritor. Iniciou unha tendencia cara á novela episódica, chea de reflexións e comentarios, e tratou temas psicolóxicos e sociais dun xeito case naturalista. Da súa produción destaca Die Dämonen (Os demos, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO