"Mau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 189.

  • Forma simplificada do principio de Hamilton da mecánica analítica que permite atopar a traxectoria dunha partícula sen ningu-nha referencia ao tempo, aínda que a función de Hamilton da partícula non depende explicitamente do tempo. Enunciado primeiramente por Maupertius, foi establecida en forma matemática por Euler e Lagrange. K. J. G. Jacobi enunciouno como actualmente se coñece. OBS: Tamén se denomina principio de mínima acción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, irmá xemelga de santa Bríxida de Irlanda. Viaxou a Roma coa súa irmá na procura do seu irmán e seguiron a peregrinación a Xerusalén. Á volta desembarcaron en Marsella e foron asasinadas por uns salteadores de camiños. As súas reliquias quedaron no actual Nogent porque as vacas que as transportaban pararon no lugar de forma súbita. A súa festividade celébrase o 28 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre francesa. Célebre pola súa caridade, segundo a lenda a auga que serviu para lavar o seu cadáver transformouse en leite. A súa festividade celébrase o 21 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi membro da Asamblea Nacional Consultiva de M. Primo de Rivera e ministro de Traballo e Prevención no goberno de Aznar (1931). Publicou os estudios históricos Historia crítica del reinado de Alfonso XIII durante su minoridad (1919), Bosquejo histórico de la ditadura (1930) e Vida y reino de Carlos II (1954). Foi membro da Real Academia de la Historia e da Real Academia Española.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor, fillo de Antoni Maura i Montaner. Foi deputado por Renovavión Española pola provincia de Pontevedra en 1933 e un habitual comentarista político do diario ABC, desde onde combateu a república, a pesar de que o seu irmán Miguel era ministro da Segunda República Española. Escribiu Raquel (1928), La noche loca (1930) e Eva, indecisa (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, fillo de Antoni Maura i Montaner. Deputado por Alacant (1916), defendeu a política maurista. A Ditadura de Primo de Rivera modificou as súas convicións monárquicas e formou parte do primeiro comité revolucionario republicano (1930). Detido despois da sublevación de Jaca, foi ministro da Gobernación do goberno provisional da Segunda República Española, entre abril e outubro de 1931. Tivo que exiliarse durante a Guerra Civil Española (1936-1939). Regresou en 1953 e escribiu Así cayó Alfonso XIII (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi deputado liberal por Mallorca en 1881, co apoio do goberno liberal e dos sectores conservador e católico da illa. Como ministro de Ultramar (1892-1894) proxectou unha serie de reformas administrativas para Cuba e Filipinas nas que concedía unha certa autonomía para contrarrestar a insurrección, pero a protesta das Cortes obrigouno a dimitir. Ministro de Gracia e Xusticia (1894-1895) e da Gobernación (1902-1903), desde este cargo permitiu o triunfo electoral dos republicanos nas grandes cidades, asinou a constitución do Instituto de Reformas Sociais e lanzou o proxecto de reforma da administración local. Líder do Partido Conservador desde novembro de 1903, presidiu o goberno entre decembro de 1903 e decembro de 1904. No período 1907-1909 volveu á presidencia e conseguiu a aprobación do proxecto de reconstrución naval (1908), ao tempo que apoiou o caciquismo electoral e tentou impoñer unha lei especial contra o terrorismo. A extensión da oposición republicana despois dos feitos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica. Debutou en 1969 co filme El Espíritu, de J. Tamariz, se ben non destacou ata que realizou con F. Colomo Tigres de papel (1977) e Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978). Con Pedro Almodóvar participou en Pepi, Luci, Bom y otras chicas del montón (1980), Qué he hecho yo para merecer esto? (1984), La ley del deseo (1987) e Mujeres al borde de un ataque de nervios (1988, Premio Goya 1989). Interveu en Ay Carmela! (1990, Premio Goya 1991), Cómo ser mujer y no morir en el intento (1991), La Comunidad (2000, Premio Goya 2001), 800 Balas (2002) e 25 degrés en hiver (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor. Catedrático de instituto, fundou, xunto con Germán Sánchez Ruipérez, Edicións Xerais de Galicia (1978) e ocupou a primeira Subdirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia (1983). Promotor e presidente da Asociación de Tradutores Galegos (1984), fundou e dirixiu a biblioteca virtual www.bivir.com (2000) e participou na fundación das revistas Viceversa, Revista Galega de Tradución e Tempos Novos. Publicou Galicia sen libros. Informe sobre o libro galego (1987), Un camiño novo para unha vella utopía (2004) e Para unha escriptoloxía do galego (2004). É membro do consello asesor do IGADI, da Fundación Plácido Castro, do Instituto de Estudios Miñoranos e da Mesa polo Libro de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Asturias (783-788), fillo ilexítimo de Afonso I. Destronou o adolescente Afonso, fillo de Froila I. Durante o seu reinado, un período de paz interior e exterior, escribiuse o himno O Dei verbum, en honor ao apóstolo Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de tartarugas, da familia dos testudíneos, que se caracteriza por presentar o pescozo con raias amarelas e estreito e o plastrón ríxido, con placas inguinais. En Galicia atópase a especie M. leprosa, que habita en ríos, lagos, lagoas, charcas e encoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina. Coñecida como Rosita Mauri, foi primeira bailarina do Liceu de Barcelona (1873-1877). Converteuse na estrela da Opéra de París e protagonizou os ballets Polyeute, de Gounod (1878); La Korrigane, de Widor (1880); e Les deux pigeons, de Messager (1886).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rosa Mauri i Segura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico e novelista. Encadrado na nouveau roman francesa, publicou Le diner en ville (1959), e o ciclo de catro novelas Le dialogue intérieur (1957-1971), Les espaces imaginaires (1975), Un coeur tout neuf (1980) e Le temps immobile (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Na súa obra, marcada pola análise psicolóxica, implica directamente a relixión e os conflitos morais esenciais no ser humano, como se reflicte no debate entre a vida espiritual e os desexos máis carnais. Publicou as novelas Le baiser du lépreux (1922), Thérèse Desqueyroux (1927) e Le mystère Frontenac (1933), así como a biografía política De Gaulle. En 1933 foi elixido membro da Académie Française. Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1952) e a Grand-croix de l’ordre de la Légion d’honneur (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a illas Mauricio ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de illas Mauricio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘traballo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Mauritius, nome persoal étnico derivado do nome persoal latino Maurus ‘mouro, natural de Mauritania’. Hai quen o considera tamén como unha forma derivada de Moisés, nome de orixe exipcia. San Mauricio de Agaune (s III), segundo a Lenda Dourada xefe da lexión tebana, celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar. Xefe da lexión tebana, instalou o seu campamento en Agaune (Valais), actual Saint-Maurice (Suíza) para combater ao N dos Alpes. O Emperador Maximiano deu orde de decimar a lexión por non participar no culto oficial de Roma, e acusados de rebelión militar, oficiais e soldados entregaron as súas armas e deixáronse decapitar sen opoñer resistencia. A súa festividade celébrase o 22 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Stadhouder de Holanda e Zelanda (1585-1625) e de Utrech e Overijssel (1590-1625), fillo de Guillerme I de Orange-Nassau. Foi nomeado presidente do Consello de Estado das Provincias Unidas (1584) e gobernador e capitán xeral (1587). Á fronte das tropas españolas conquistou Breda (1591), Nieuwpoort (1600) e Rhinberg (1601). Opúxose á Tregua dos Doce Anos (1609-1621).

    VER O DETALLE DO TERMO