"Miguel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 298.
-
PERSOEIRO
Actor. Coñecido como Miguel de Lira, estivo vinculado á compañía Chévere e á Sala Nasa, onde realiza labores de dirección e produción; entre eles, destacan Río Bravo, Máquina Total ou A rutina é o deber de todas as criaturas. Co Centro Dramático Galego participou en espectáculos como O mozo que chegou de lonxe (1988) e Salomé (1989). Tamén actuou na serie Mareas vivas da TVG.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e xornalista. Dedicouse á investigación arqueolóxica e histórica de Asturias e Galicia. Fundou o xornal La Comarca del Eo e colaborou en Las Riberas del Eo, Ribadeo, La semana luarquesa, El Porvenir Asturiano e Castropol. Da súa produción destaca Guía consultor de Lugo (1896), En tierra lucense. Pequeñas jornadas por el distrito de Castroverde. Cosas de historia (1918), Benemérito castropolense: El Doctor Don José Ramón F. Luanco y Riego (1926) e Un vistazo al subter-templo de Santa Eulalia de Bóveda sito en tierras de Mera de Lugo (1933). Foi membro da Real Academia Galega, da Academia da Historia e da Comisión de Monumentos de Lugo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Realizador e guionista cinematográfico. Tras estudar dirección na Escuela Oficial de Cinematografía de Madrid, iniciouse no Cine Club Amateur da Coruña da man de José Ernesto Díaz-Noriega. Nesta etapa dirixiu as películas en formato afeccionado El mirón (1971) e El perro blanco (1972). Posteriormente, entrou a formar parte do grupo Enroba, creado por Enrique Rodríguez Baixeras, co que colaborou en distintos proxectos, e para o que escribiu o guión de A morte do mariscal (1973), en formato Super8, e O documento (1974). En 1975 dirixiu A Tola, curtametraxe en 16 mm basada nun relato de Francisco Taxes, con quen escribiu o guión. Unha vez disolto o grupo, realizou unha serie de proxectos en formato profesional. En 1976 escribiu o guión de dúas películas: Fendetestas (Antonio F. Simón) e O herdeiro, que tamén dirixiu. En 1977 dirixiu Os cigarróns (Viejas costumbres gallegas) e A rapa das bestas. En 1990 realizou...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (1893) e doutorado pola de Madrid (1894), foi senador pola universidade compostelá en 1921-1922. Reelixido en 1922, non puido tomar posesión do cargo como consecuencia do golpe de estado de J. A. Primo de Rivera. Foi membro das Irmandades da Fala.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Humorista e debuxante. Inicialmente traballou como mecánico. Co estalido da Guerra Civil española alistouse no V rexemento de Líster. En decembro de 1938 fixérono prisioneiro e internárono no cárcere de Yeserías. En Torrijos compartiu prisión co poeta Miguel Hernández. Unha vez liberado, traballou no diario Imperio e en Radio Zamora; ademais enviaba debuxos a La Codorniz e Hermano Lobo. Marchou a Madrid e despois dun monólogo improvisado no teatro Fontalba, montou unha compañía coa que percorreu toda España e Marrocos. En 1959 realizou unha xira por Cuba e México e a partir de 1962 decidiu ir a América; alí foi correspondente do semanario Triunfo e de Sábado Gráfico. Ademais, colaborou con Diario 16. Coa chegada da democracia regresou a España e participou en numerosos programas de televisión e radio. Participou nos filmes El hombre que viajaba despacio, Dónde pongo este muerto?, El Ceniciento, Sitiados en la ciudad, El Presidio,...
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, da primitiva fábrica (XII) só conserva a fachada principal, a nave e as capelas laterais son posteriores. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto e apoiado sobre columnas pegadas con capiteis decorados con motivos vexetais e bases toscanas; a capela dos Deza (s XVI), de planta poligonal no interior e semicircular no exterior, acolle baixo arcosolios os sepulcros dos Salgado, dos que destaca a estatua orante de Amaro Gundín Salgado; e outra capela funeraria relacionada cos Casares. Na fachada destaca a porta formada por dous pares de columnas acobadeladas e tres arquivoltas tóricas. O tímpano é liso e presenta un oco no centro. Conserva a espadana e no muro S unha porta semicircular de dobre arquivolta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante. Coñecido como Miguel Bosé, ao longo da súa traxectoria compaxinou a canción coa carreira cinematográfica. Da súa discografía destaca Linda (1977), Bandido (1984), Salamandra (1986), Los chicos no lloran (1990), Bajo el signo de Caín (1993), Amante bandido (1993), 11 maneras de ponerse el sombrero (1998), Girados (2001) e Sereno (2002). Entre outras películas, participou en Retrato de familia (1976), Lo más natural (1990), Tacones lejanos (1991), Felpudo maldito (1994), Libertarias (1994) e La mirada del otro (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Futbolista. Coñecido como Michel, xogou no Real Madrid Club de Fútbol, co que debutou en 1ª división na tempada 1984-1985. Gañou 6 ligas, 2 Copas do Rei e 2 Copas da UEFA. Xogou 66 partidos coa selección, foi campión de Europa Sub-21 e participou en 2 Mundiais e nunha Eurocopa. Retirouse no Atlético Celaya de México, para pasar a comentarista deportivo en TVE.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escritor. Foi membro do Corpo Facultativo de Arquiveiros, Bibliotecarios e Arqueólogos e dirixiu a Casa da Cultura da Coruña. Pertencente á Xeración de 1936, colaborou na prensa escrita. Da súa produción destacan El libro y el verso (1958), Alrededor del mar (1961), Bailada dos anxos (1961), Poema ao meu lar (Rosa de Ouro na Festa da Cantiga 1968), Poemas a Albertiño (1970), Nas faíscas do soño (1972), Paso soa de luz (1975), Claridade en que a tentas me persigo (Premio da Crítica 1978), Sede e luz (1986) e Un nome só na néboa (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sacerdote. Licenciado en Historia da Arte e diplomado en maxisterio, foi arquiveiro e fabriqueiro da catedral de Ourense, responsable do Patrimonio Artístico e director do Museo da Catedral de Ourense, delegado diocesano do Patrimonio da diocese de Ourense e do Camiño de Santiago e fundador e director do Seminario de Estudios Fontán-Sarmiento e do seu Boletín. Tamán foi director do Archivo Diocesano de Astorga e colaborou en Tuy, Museo y Archivo Diocesano, Rutas Cicloturística del Románico, Abrente, Auria, Porta da Aira e en diversos catálogos de exposicións. Foi coautor, entre outros, de El santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (1987), A arte galega. Estado da cuestión (1990) e La catedral de Orense (1993). Coordinou e dirixiu El Liceo de Ourense: 1850-2000 (2000). Escribiu La biblioteca capitular de Orense: historia y fondos (1981?), Los otros Caminos de Santiago (1994) e La...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Toureiro. Coñecido como Luis Miguel Dominguín, foi membro dunha dinastía taurina. Tomou a alternativa na praza da Coruña en 1944 e confirmouna en Madrid en 1946. Destacou pola variedade dos seus recursos coa muleta. Retirouse en 1960 e volveu de novo en 1971 ata que se retirou definitivamente en 1973.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Futbolista. En 1967 fichou como gardameta polo Real Madrid Club de Fútbol, equipo en que permaneceu ata 1986 e co que se proclamou campión da Copa da UEFA en dúas ocasións (1984-1985, 1985-1986) e gañou 7 títulos de liga e 4 Copas de España. Coa selección española participou en 18 partidos (1975-1978) e gañou o Trofeo Ricardo Zamora na tempada 1975-1976.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e director de orquestra e banda. Estudiou composición e dirección de orquestra e fundou, dirixiu e foi titular da orquestra e coro da Comunidad de Madrid e profesor do Real Conservatorio de Madrid. Entre outras agrupacións, dirixiu a Banda La Unión de Guláns e a Banda Municipal de Pedro Muñoz (Ciudad Real), e dirixiu varias corais, como a Coral Rosalía de Castro do Centro Gallego de Madrid e a Coral de la Universidad Complutense de Madrid. Autor de pezas instrumentais, comedias musicais e obras para coro, da súa produción destaca Pequeño vals, Amanecer, A miña aldea e Rapazas da Cruña. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Cultura 2000 da Comunidad de Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Militar, diplomático e escritor, segundo marqués de La Mina, grande de España, conde de Pezuela de Torres e cabaleiro das ordes de Calatrava e do Vélaro de Ouro. Loitou na Guerra de Sucesión a favor de Filipe V, participou nas expedicións de Sardeña e Sicilia (1717-1720) e na toma de Orán (1732). Embaixador en París, foi nomeado en 1742 capitán xeneral de Catalunya. Foi ademais autor, entre outras obras, de Máximas para la guerra (1767) e Memorias sobre la guerra de Cerdeña y Sicilia en los años 1717 a 1720 y guerra de Lombardía en los de 1734 a 1736 (1898).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Autodidacta, despois de dúas estadías en Madrid (1931 e 1934) relacionouse con Jorge Guillén, Pablo Neruda e Vicente Aleixandre, que lle facilitaron o acceso ás publicacións Cruz y Raya, Caballo Verde e Revista de Occidente. Durante a Guerra Civil foi comisario de cultura do batallón de El Campesino e colaborou en El Mono Azul, Hora de españa e Nueva Cultura. En poesía escribiu Perito en lunas (1933), El rayo que no cesa (1936), Viento del pueblo (1937), El hombre acecha (1939), Cancionero y romancero de ausencias: 1938-1941 (1958), e en teatro, Quién te ha visto y quién te ve (1934) e Los hijos de la piedra (1935).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xurista. Doutor en Dereito, colaborou na Lei para a Reforma Política e na primeira normativa electoral da democracia. Membro da UCD, foi un dos relatores da Constitución de 1978. Foi deputado pola UCD (1977-1981) e por AP (1982-1989), e é letrado maior do Consejo de Estado. Publicou El principio monárquico (1972), Las transiciones de Europa Central y Oriental (1990) e El valor de la Constitución (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Revolucionario mexicano. Sacerdote desde 1778, fíxose cargo da parroquia de Dolores de Guanajuato, onde iniciou unha tarefa de educación popular e onde foron madurando as súas ideas independentistas. O 16 de setembro de 1810 lanzou o grito de Dolores, que significou o inicio da loita pola independencia. Derrotado polo exército realista, foi capturado e fusilado cando fuxía cara a Texas. Tralo establecemento da República mexicana en 1824 foi recoñecido como pai da patria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. Debutou como ciclista profesional en 1984, despois de proclamarse campión de España amateur o ano anterior. Foi o primeiro ciclista en gañar o Tour de France en cinco edicións consecutivas (1991, 1992, 1993, 1994 e 1995). En 1992 e 1993 venceu tamén na clasificación xeral do Giro de Italia. Nos campionatos mundiais de fondo en estrada conseguiu dúas medallas de prata (1993 e 1995) e unha de bronce (1991). Ademais, na especialidade de carreira contrarreloxo, proclamouse campión mundial en 1995 e olímpico en Atlanta 1996. Tamén gañou o Criterium Internacional (1989), a Dauphiné-Liberè (1995 e 1996), a Clásica de San Sebastián (1990), a Volta a Catalunya (1988, 1991 e 1992) e a París-Nice (1989 e 1990), entre outras. En 1994 conseguiu establecer a plusmarca mundial da hora ao percorrer nese tempo 53,04 km. En 1995 proclamouse campión da Volta á Comunidade Galega. Retirouse da competición en 1996. Das condecoracións e galardóns que recibiu destacan o Premio Príncipe de Asturias...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Actor. Estudiou arte dramática en Barcelona. No eido cinematográfico debutou en 1989 cun papel en Sempre Xonxa (1989). Nese mesmo ano participou no filme de Antonio del Real El río que nos lleva (1989). Aínda que traballou principalmente no teatro, en obras das compañías Flotats e do Centro Dramático Nacional, tamén participou en Bufons i reis (1993) e na serie televisiva El destino en sus manos (1994). Posteriormente participou no filme Me llamo Sara (1998), a curtametraxe Secuencia 47 (2000) e Días de voda (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xogador de baloncesto. Foi internacional junior, sub 23 e absoluto. Xogou no Bosco, Obradoiro, OAR Ferrol, Fórum, Tau e Granada. Foi membro da xunta directiva da Asociación de Baloncestistas Españoles.
VER O DETALLE DO TERMO