"Muni" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 199.

    1. Relativo ou pertencente á inmunidade.

    2. Conxunto de reaccións que se activan cando unha substancia estraña ao organismo e dotada de certas propiedades (antíxeno), entra en contacto cos mecanismos receptores do sistema inmunolóxico, situados nos órganos linfoides periféricos, como son as estruturas linfáticas difusas (intestino, aparato respiratorio, etc), os ganglios linfáticos ou o bazo. Prodúcese unha resposta humoral cando o antíxeno estimula os linfocitos B (bursadependentes) e estes se transforman en células plasmáticas que forman anticorpos (gammaglobulinas), especificamente dirixidos contra o antíxeno. En cambio, hai resposta celular se o antíxeno estimula os linfocitos T (timodependentes), feito que provoca a transformación en linfocitos T efectores que, dirixidos especificamente contra o antíxeno, actúan por citotoxicidade directa ou mediante a produción de certas substancias chamadas linfocinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de inmunizar ou inmunizarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que inmuniza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer inmune algo ou a alguén.

    2. Facerse inmune.

    3. Provocar no organismo a inmunidade activa ou pasiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade que se encarga de establecer estándares nas novas tecnoloxías relacionadas coas telecomunicacións para que se poidan empregar sen problemas en todos os países europeos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comunicación recíproca.

    2. Comunicación telefónica entre os distintos lugares dun mesmo edificio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que permite a comunicación en forma de conversa en voz alta entre dous ou máis lugares dun mesmo edificio, mediante un ou máis aparatos análogos, conectados con cables. A instalación adoita constar dun aparato central e un conxunto de aparatos secundarios ou terminais. OBS: Tamén se denomina interfono.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de anticorpos con antíxenos doutros individuos da mesma especie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política de carácter trostkista, organizada en Galicia dende finais de 1930 coa denominación inicial de Federación Gallega de Grupos de la Organización Comunista de España. Integrou un reducido círculo de traballadores e intelectuais das cidades da Coruña, Santiago de Compostela, Lugo e Ourense e dalgunhas vilas como Padrón, Ribeira ou Noia. Rebautizada en 1932 como Izquierda Comunista de España (ICE), dos seus membros destacan aos irmáns Granell, C. Fernández Mazas e E. Fernández Sendón, L. Fersen, un dos principais teóricos do seu voceiro Comunismo. A finais de 1935, fusionouse co Bloc Obrer i Camperol (BOC) para conformar o Partido Obrero de Unificación Marxista (POUM).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de ámbito español xurdido entre 1972 e 1973 dunha escisión da Liga Comunista Revolucionaria. Vinculada ao trotskismo, rexeitou a reforma política democrática comezada polo goberno de Adolfo Suárez. En 1978, un sector reunificouse na Liga Comunista Revolucionaria (LCR) e, en 1980, o resto da organización integrouse no Partido Obrero Socialista Internacionalista (POSI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político de ámbito nacional vinculado ao trotskismo fundado entre 1970-1971 a partir do grupo catalán Comunismo. Despois da separación da Liga Comunista (1972), fusionouse con ETA-VI Asamblea, unha escisión obreirista, o que lle deu unha especial implantación en Euskadi (1973). Nos comicios de xuño de 1977 impulsou a coalición da Frente para la Unidad de los Trabajadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación obreira secreta e internacional fundada en 1847 que tiña como obxectivos a dominación do proletariado e a supresión da sociedade burguesa. Presidida por Karl Schapper, F. Engels foi o seu secretario. O seu programa Principios do comunismo, redactado por Engels, transformouno, xunto con Marx, no Manifesto Comunista (1848), o que significou o abandono do socialismo utópico. Disolveuse pola represión exercida sobre o movemento obreiro despois do Proceso de Colonia de 1852.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno grupo político español fundado en 1973 por elementos separados do grupo Comunismo. Como sección española do Comité Internacional da IV Internacional e trotskista, defendía un programa ultrarradical, baseado nunha república soviética de campesiños e obreiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Os seus traballos en prosa e verso foron publicados en diversos xornais, e a súa poesía “A nosa paisaniña a señora doña Josefa M. de E. nos seus días” está recollida no Album de la Caridad.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de mancomunar ou mancomunarse.

    2. Asociación de persoas ou entidades que se unen para acadar fins comúns.

    3. Entidade legalmente instituída que xestiona o monte comunal ou común.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade política catalá constituída o 6 de abril de 1914 pola unión das catro deputacións provinciais catalanas. O presidente foi Enric Prat de la Riba. As bases legais da Mancomunitat decretáronse o 18 de decembro de 1913 e autorizábase a unión de provincias do estado español para fins exclusivamente administrativos. A organización político-administrativa da Mancomunitat baseábase en tres órganos fundamentais: a asemblea xeral, o consello permanente e a presidencia. A asemblea era soberana e estaba composta por todos os deputados das catro provincias. Foi disolta en 1925 polo xeneral Primo de Rivera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto do Partido Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra de Marx e Engels publicada en Londres pouco antes da revolución de 1848. Foi redactada a petición da Liga dos Comunistas e converteuse no programa da Primeira Internacional. A obra está dividida en catro partes. A primeira, “Burgueses e proletarios”, analiza a evolución histórica da humanidade e enuncia o principio da unidade de clases como motor da historia. A segunda parte, “Proletarios e comunistas”, expón a función dos comunistas como destacamento da clase obreira na súa loita contra a burguesía, para abolir a propiedade privada dos medios de produción, e a revolución das relacións humanas en todos os seus niveis. A terceira parte, “Literatura socialista e comunista”, é unha crítica dos diferentes tipos de socialismo aparecidos na historia, divididos en reaccionarios, pequeno burgueses, conservadores burgueses e críticos utópicos. A cuarta parte está dedicada á estratexia e á táctica dos partidos comunistas diante da revolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Doutor en Teoloxía, foi cóengo en Santiago de Compostela. Escribiu o tratado relixioso Patronato universal de los reyes de España (1907).

    VER O DETALLE DO TERMO