inmunitario -ria
(
-
adx
Relativo ou pertencente á inmunidade.
Confrontacións: inmune. -
resposta inmunitaria
[FISIOL]
Conxunto de reaccións que se activan cando unha substancia estraña ao organismo e dotada de certas propiedades (antíxeno), entra en contacto cos mecanismos receptores do sistema inmunolóxico, situados nos órganos linfoides periféricos, como son as estruturas linfáticas difusas (intestino, aparato respiratorio, etc), os ganglios linfáticos ou o bazo. Prodúcese unha resposta humoral cando o antíxeno estimula os linfocitos B (bursadependentes) e estes se transforman en células plasmáticas que forman anticorpos (gammaglobulinas), especificamente dirixidos contra o antíxeno. En cambio, hai resposta celular se o antíxeno estimula os linfocitos T (timodependentes), feito que provoca a transformación en linfocitos T efectores que, dirixidos especificamente contra o antíxeno, actúan por citotoxicidade directa ou mediante a produción de certas substancias chamadas linfocinas.