inmunidade
(< lat immunĭtāte)
-
s
f
Calidade de inmune.
-
[DER]
-
s
f
Exención de obrigas, penas ou cargas a prol dunha persoa ou dun lugar.
-
inmunidade diplomática
Condición xurídica especial da que gozan os representantes diplomáticos e que inclúe a inviolabilidade da súa persoa, os locais, os arquivos, a correspondencia e tamén a inmunidade de xurisdición.
-
inmunidade eclesiástica
Privilexio outorgado á Igrexa polo que os templos quedan exentos da xurisdición civil e poden conceder o asilo relixioso; os bens da Igrexa gozan de exención fiscal, as persoas eclesiásticas non poden ser sometidas a xuízo sen a autorización do bispo e ademais fican exentas da prestación de determinadas obrigas ou servicios.
-
inmunidade parlamentaria
Prerrogativa que gozan os membros dunha cámara lexislativa segundo a cal non poden ser detidos (agás en caso de flagrante comisión de delito) nin inculpados ou procesados nunha causa sen unha autorización previa (suplicatorio) da cámara da que forman parte.
-
s
f
-
[FISIOL]
-
s
f
Proceso polo que un organismo se fai resistente a unha enfermidade, especialmente infecciosa, gracias á formación de anticorpos específicos. Nun sentido máis amplo, o termo é empregado para definir a capacidade de reacción dun organismo diante dunha substancia antixénica. A inmunidade pode ser natural (conxénita) ou adquirida.
-
inmunidade celular
Conxunto de procesos inmunitarios que se realizan en ausencia de anticorpos e que son posibles grazas aos linfocitos T3 (timodependentes).
-
inmunidade humoral
Conxunto de procesos inmunitarios relacionados coa presenza de anticorpos producidos fundamentalmente polos linfocitos B (bursadependentes).
-
s
f