"Nau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 146.

  • Primeira forma larval da maioría dos crustáceos con desenvolvemento indirecto, constituída por un corpo non segmentado que presenta tres pares de apéndices, correspondentes aos dous pares de antenas e ás mandíbulas, e un ollo dorsal moi simple.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado insular do Océano Pacífico, situado a uns 40 km ao S do Ecuador e 300 km ao O de Kiribati (21,2 km2; 12.000 h [estim 2001]). A súa capital é Yaren (672 h [1992]).
    Xeografía
    A illa é de orixe coralina e presenta unha fértil faixa costeira onde vive a poboación. O clima é tropical, cunha estación monzónica de novembro a febreiro. O sector primario redúcese á explotación de cocos e á gandaría porcina. No interior hai grandes depósitos de fosfatos de primeira calidade orixinados polo guano e exportados cara a Australia, Nova Zelanda, Xapón e a República de Corea. Nauru comenzou a investir no estranxeiro e proxecta converterse en escala indispensable da navegación marítima e aérea do Pacífico.
    Sociedade e goberno

    Diversidade étnica e cultural
    O maior grupo étnico é o dos nauruanos, que representa o 61,3% da poboación. Outros grupos importantes son os chineses (8,4%) e os europeos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Nauru, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Nauru.

    3. Lingua da familia austronésica que se fala en Nauru.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación penosa que indica a proximidade do vómito.

    2. Movemento violento e penoso do estómago que provoca o vómito.

    3. Noxo ou repugnancia que produce algo ou alguén. OBS: Adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que provoca náuseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Causar náuseas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela escrita por Jean-Paul Sartre en 1938, en que desenvolve unha dura crítica ao pasado e á tradición, insistindo na idea de que hai que vivir o presente, que é o único real. Formalmente, o autor escolleu o estilo do diario para tratar en bloques temáticos, con asuntos como a fición, a experiencia, a sociedade ou o humanismo, temas todos recorrentes no pensamento existencialista. O seu protagonista, Antoine Roquetin, representa a imaxe do home perdido na existencia, vagabundo nun universo triste, derrotado pola dúbida e consciente do absurdo que significa vivir nun presente carente de sentido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Filla de Alcínoo, rei dos feacios e de Arete. Despois de atopar a Ulises abandonado, atendeuno e quedou prendada da beleza do heroe, que partiu cara a Ítaca despois do seu encontro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo. Seguidor de Demócrito e mestre de Epicuro, foi unha das figuras que relacionaron, dunha banda, a gnoseoloxía de Demócrito co escepticismo, e da outra, o atomismo de Demócrito co epicureísmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • navegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boletín editado en Vigo a partir de 1984. Subtitulouse “Revista Social del Real Club Náutico de Vigo” e actuou como voceiro desta entidade. Dirixida por Emilio Jambrina, centrou o seu interese no mundo do mar e das competicións deportivas. Así, incluíu diversos apartados sobre remo, vela, natación, fotografía submariña e pesca, ademais das propias actividades sociais e culturais do Club Náutico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á náutica ou á navegación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nautílidos.

    2. Molusco cefalópodo da familia dos nautílidos.

    3. Familia de moluscos cefalópodos, da subclase dos nautiloideo, que se caracterizan por ser tetrabranquios e posuír numerosos brazos. O corpo esta recuberto por unha cuncha espiral e tabicada no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Molusco cefalópodo que pertence ao xénero Nautilus, da familia dos nautílidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos nautiloideos.

    2. Molusco da subclase dos nautiloideos.

    3. Subclase de moluscos cefalópodos tetrabranquios, con cuncha externa, enrolada en espiral e dividida en tabiques por septos. As cámaras delimitadas están atravesadas por un tubo, sifón, que é unha prolongación da masa visceral e que se enche de gas, de tal xeito que adquire flotabilidade. Os primeiros representantes apareceron hai máis de 500 millóns de anos (Cámbrico superior), alcanzaron a maior diversidade durante o Silúrico e Ordovícico. Actualmente só perduran dous xéneros, Nautilus e Allonautilus, considerados fósiles vivintes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos cefalódopos, da familia dos nautílidos, que teñen unha cuncha externa, enroscada sobre o dorso, da que só son visibles as dúas últimas espiras, que cobren as máis internas; a última cámara é a que alberga o animal. Presenta unha gran cantidade de tentáculos sen ventosas, moi poucos contráctiles, e un par de ollos grandes, situados no extremo duns curtos pedúnculos. A natación débese á contracción do sifón e á retracción do corpo, de tal xeito que emite un chorro de propulsión. Son epibentónicos e móbiles. Está activo de noite e repousa de día, en posición vertical, coa cuncha cara a arriba. Aliméntase de crustáceos e pode atoparse en augas frías desde a superficie ata uns 600 m de profundidade, no O dos océanos Pacífico e Índico. As especies presentes na actualidade son N. pompilius, N. belauensis, N. macromphalus e N. stenomphalus, que son coñecidas comunmente baixo o nome de náutilos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro submarino de propulsión nuclear construído por EE UU (1954). Foi o primeiro en chegar ao Polo Norte por debaixo do casquete polar (agosto 1958). O seu nome remite ao   submarino imaxinario que aparece na obra Vint mille lieues sous les mers (1870), de Xulio Verne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Illinois, EE UU. Era una antiga aldea india chamada Quashquema ata que se estableceu alí o capitán James White (1823) e chamouna Venus. Posteriormente chamouse Commerce. En 1839 os mormóns adquiriron terras nela e transformáronas nunha gran cidade, á que o seu dirixente, Joseph Smith, lle deu o nome actual. O éxito e a ambición de poder de Smith desembocaron no seu asasinato en 1844 e na emigración dos mormóns, que en 1849 lle cederon os dereitos de propiedade á colonia icariana de Étienne Cabet.

    VER O DETALLE DO TERMO