"OCR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 295.

  • Grupo político xurdido durante a transición política española, liderado por Fernando García Agudín. O seu papel fundamental desenvolveuno na cidade da Coruña. Integrouse no Partido Popular Galego (PPG), xunto coa Unión Demócratica de Galicia, en maio de 1976. No ámbito estatal, vinculouse a Izquierda Democrática. Profesou unha orientación demócrata-cristiá e federalista, pero cun tímido senso nacionalista. Disolveuse trala desaparición do PPG en 1978.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de goberno en que a autoridade militar é soberana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crédito bancario concedido sobre a base de depósitos en eurodivisas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á secreción externa dunha glándula.

    2. Aplícase á glándula de secreción externa. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á glándula que ten secreción externa e interna, como é o caso do ovario. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade caracterizada polo dominio masculino en todos os aspectos da vida social.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen é partidario da falocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á falocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • fanerítico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cristal relativamente grande que está englobado nunha rocha de gran máis fino, co que se constitúe a textura porfírica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor que se desenvolve a partir das células cromafínicas, que son as encargadas de sintetizar, almacenar e secretar a adrenalina e a noradrenalina, e que se localizan na medula suprarrenal ou en lugares aberrantes. A súa sintomatoloxía débese a un aumento importante das catecolaminas no sangue, e dá lugar a hipertensión, hiperglicemia e transtornos cardíacos, entre outros síntomas. Os tumores que derivan de células cromafínicas extramedulares denomínanse feocromocitomas extra-adrenais ou paragangliomas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aliaxe de ferro e cromo, cun 60 a 75% de Cr, que se emprega na fabricación de aceiros especiais para a construción, resistencias eléctricas e aceiro inoxidable. Obtense no forno eléctrico a partir de minerais de Cr, coque e cuarzo. Forma carburos e mellora as propiedades da ferrita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Despois da caída de Olinto (348 a C), asinou un tratado desfavorable para Atenas con Filipo II de Macedonia. Acusado de traizón foi condenado a morte, pero evitou a sentenza a cambio do exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina do pensamento económico aparecida en Francia na segunda metade do s XVIII como reacción fronte ao mercantilismo imperante. Achegaba a primeira teoría socioeconómica global, especificada na Tableau économique (Tabla económica, 1758) de François Quesnay. Os fisiócratas consideraban a terra como fonte orixinal de toda riqueza; a agricultura era o único sector capaz de producir un excedente ou unha riqueza (produto neto), mentres que a industria e os servicios eran sectores exclusivamente transformadores. Foi o primeiro modelo económico que definiu a interdependencia entre as diferentes clases sociais, que dividiron en tres grupos: agricultores, propietarios e a que denominaban clase estéril. Afirmaban a existencia dunha orde natural que consistía na liberdade e na propiedade e que non debía ser alterada con normas ou regulamentos; teoría expresada na famosa frase “Laissez faire, laissez passer, le monde va de lui-même”. Foron outros fisiócratas destacados,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partidario da fisiocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fisiocracia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pigmento proteínico vexetal, presente en pequenas cantidades en moitos órganos, que estimula o crecemento e o desenvolvemento en resposta á presenza ou ausencia de luz, á súa calidade e ao fotoperíodo. É unha proteína propia do grupo das cromoproteínas, que existe en dúas formas, unha activa, que se forma durante o día, e unha inactiva, que se forma durante a noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome de diversas substancias fluorescentes que se empregan como colorantes en tinguidura de preparacións citolóxicas, ás que lle confiren fluorescencia secundaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Derivado fosfórico da creatina que se atopa nos músculos e outros tecidos dos vertebrados, onde é unha reserva de fosfatos de elevado potencial. A fosfocreatina cede o ácido fosfórico necesario para a fosforilación das hexosas que derivan do glicóxeno muscular con intervención do ácido adenílico, e fórmase o ATP a partir do ADP.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sistema de impresión en cores que utiliza os clixés correspondentes ás tres cores básicas e á cor negra.

    2. Procedemento fotográfico que se emprega para reproducir os obxectos coas súas cores naturais.

    VER O DETALLE DO TERMO