Esquerda Democrática Galega

Esquerda Democrática Galega

Grupo político xurdido durante a transición política española, liderado por Fernando García Agudín. O seu papel fundamental desenvolveuno na cidade da Coruña. Integrouse no Partido Popular Galego (PPG), xunto coa Unión Demócratica de Galicia, en maio de 1976. No ámbito estatal, vinculouse a Izquierda Democrática. Profesou unha orientación demócrata-cristiá e federalista, pero cun tímido senso nacionalista. Disolveuse trala desaparición do PPG en 1978.

Palabras veciñas

esquemocromo | esquerda | Esquerda de Galicia | Esquerda Democrática Galega | Esquerda Galega | Esquerda Nacionalista | Esquerda Unida