Esquerda de Galicia

Esquerda de Galicia
Nome científico: [EdG]

Grupo político que xurdiu en 1997 coa escisión de Esquerda Unida dun grupo, liderado por Anxo Guerreiro, desconforme coa dirección do partido, que non aceptaba presentarse en coalición co PSdG nos comicios autonómicos dese ano, aos que EdG se presentou finalmente en coalición co PSdG-PSOE e Os Verdes. Obtivo dous representantes no Parlamento, que lle permitiron constituír un grupo parlamentario propio. Definiuse como un partido socialista, democrático e republicano e as súas propostas estiveron vinculadas á defensa dos postulados da esquerda nacionalista. Nas eleccións de 2001 ofreceulle ao PSdG-PSOE un pacto para concorrer de novo xuntos aos comicios. A negativa dos socialistas, que só estaban dispostos a admitir a EdG se se integraba totalmente no partido, levounos a acudir en solitario aos comicios nos que non acadaron representación parlamentaria. Disolveuse en maio de 2002.