"Oia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 187.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado do centro de Brasil, que limita ao N co estado de Maranhão, ao L cos de Bahia e Minas Gerais, ao S co de São Paulo e ao O cos de Pará e Mato Grosso (341.289 km2; 5.003.228 h [2000]). A capital é Goiânia. A característica principal do seu relevo é a existencia das chapadas, de 500 m de altitude media. O clima é tropical. Os ríos principais son o Araguaia, o Paranaiba e o Tocantins. O bosque é denso ao N, mentres que ao S predomina a sabana. A evolución demográfica foi rápida a partir de 1920 grazas ao plan de colonización da rexión central de Brasil (826.000 h en 1940, 1.955.000 h en 1960). No seu territorio instalouse a nova capital de Brasil, Brasília, co seu distrito federal autónomo. Produce tabaco, arroz, millo, café e algodón. Destaca a gandería bovina e porcina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De orixe románica, da primitiva fábrica (XII) só conserva a fachada principal, a nave e as capelas laterais son posteriores. No interior destaca o arco triunfal, de medio punto e apoiado sobre columnas pegadas con capiteis decorados con motivos vexetais e bases toscanas; a capela dos Deza (s XVI), de planta poligonal no interior e semicircular no exterior, acolle baixo arcosolios os sepulcros dos Salgado, dos que destaca a estatua orante de Amaro Gundín Salgado; e outra capela funeraria relacionada cos Casares. Na fachada destaca a porta formada por dous pares de columnas acobadeladas e tres arquivoltas tóricas. O tímpano é liso e presenta un oco no centro. Conserva a espadana e no muro S unha porta semicircular de dobre arquivolta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Crónica [Historia] Troiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rumor que se divulga en segredo.

    2. Invención que se discorre para enganar ou despistar a alguén.

    3. Loanza ou adulación que se lle fai a alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada en Madrid entre 1977 e 1978. Publicáronse catro números e constituíuse como un referente da mocidade galega que vivía na capital. A revista contou coas colaboracións de Antón Pulido, Menchu Lamas, Manuel Rivas e Fermín Bouza Álvarez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Invención que alguén discorre para enganar ou despistar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantar cantos de regueifa ou de festa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rexente de Francia (1515), filla de Filipe de Savoia. Duquesa de Angulema polo seu matrimonio con Carlos de Valois, do que naceron Francisco I e Margarida de Valois-Agulema, asinou, xunto con María de Austria, á Paz de Cambrai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Savoia (1533-1580), fillo do duque Carlos III. Entrou ao servizo do Emperador Carlos V en 1545, despois de que Francia invadira o seu ducado en 1536. En 1553 foi nomeado xefe do exército imperial en Flandres e, máis tarde, foi lugartenente xeral de Países Baixos. Nomeado gobernador por Filipe II (1556), derrotou os franceses nas batallas de Saint-Quentin (1557) e Gravelines (1558). En 1559 recuperou o seu ducado e casou coa irmá de Enrique II de Francia, que achegou o ducado de Berry como dote. Organizou o seu estado cunha administración centralista e dotouno dun exército permanente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de España (1701-1714), filla de Víctor Amadeo II de Sardeña. Casou en 1701 con Filipe V. Durante a ausencia do seu marido (1702), foi a gobernadora e lugartenente do reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Italia, filla de Alberte I de Bélxica. Casou en 1930 co príncipe Humberto de Savoia, que se converteu en rei de Italia en 1946 co nome de Humberto II de Italia. Trala proclamación da república un mes despois da súa coroación, exiliouse a Portugal e finalmente a Suíza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico italiano. Triunfou co seu marcado estilo sofisticado e a súa aparencia triste. Protagonizou I soliti ignoti (1958), La dolce vita (1960), Divorzio all’italiana (1962) e Ginger e Fred (1985). As súas derradeiras contribucións foron en Prêt-a-porter (1994), Sostiene Pereira (1996) e Viagem ao principio do mundo (1997). Foi premiado no Festival Internacional de Cine de Donostia-San Sebastián por Casanova ‘70 (1965) e no Festival Internacional de Cine de Cannes por Dramma della gelosia-tutti i particolari in cronaca (1970) e Oci ciorne (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Pobra de Trives baixo a advocación de Nosa Señora da Concepción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambio profundo na forma de pensar, de sentir e de obrar que debe facer o que acolle a relixión cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa sen malicia nin ruindade.

    2. Persoa que ten pouco ánimo ou pouco valor para enfrontarse ás cousas.

    3. Expresión que se emprega para manifestar compaixón ou mágoa de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Navia de Suarna baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Barcelona, Catalunya, situado no altiplano do Moianès (4.344 h [2001]). A agricultura, de secaño, está dedicada principalmente aos cereais. A explotación forestal foi importante. A tradición industrial é moi antiga, concéntrase en diversas fábricas de fiados e tecidos de la, algodón e liño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vilardevós baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO