Goiás

Goiás

Estado do centro de Brasil, que limita ao N co estado de Maranhão, ao L cos de Bahia e Minas Gerais, ao S co de São Paulo e ao O cos de Pará e Mato Grosso (341.289 km2; 5.003.228 h [2000]). A capital é Goiânia. A característica principal do seu relevo é a existencia das chapadas, de 500 m de altitude media. O clima é tropical. Os ríos principais son o Araguaia, o Paranaiba e o Tocantins. O bosque é denso ao N, mentres que ao S predomina a sabana. A evolución demográfica foi rápida a partir de 1920 grazas ao plan de colonización da rexión central de Brasil (826.000 h en 1940, 1.955.000 h en 1960). No seu territorio instalouse a nova capital de Brasil, Brasília, co seu distrito federal autónomo. Produce tabaco, arroz, millo, café e algodón. Destaca a gandería bovina e porcina.

Palabras veciñas

Goiáns | Goiáns, pazo de | Goiás | Goiás | Goiás, San Miguel de | goidélico | Goimil