"Orio" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 485.

    1. Institución para a vida en comunidade dos cregos que se preparan para o presbiterio ou que veñen de recibilo, destinada á súa formación na actividade pastoral.

    2. Quen está internado nun colexio dos xesuítas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que convoca ou serve para convocar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cáncer moi maligno derivado das células que constitúen a placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aceleración aparente, engadida á real, que un observador ten que atribuír a un corpo en movemento (con velocidade non nula) cando o observa dende un sistema de referencia S’ en rotación con respecto a un sistema de referencia inercial S. É unha aceleración fiticia, xa que resulta só do feito de utilizar un sistema xiratorio para describir o movemento do corpo estudiado. Un observador sobre a Terra ten que considerar esta aceleración sobre calquera corpo. Se a velocidade do corpo respecto a S’ é v , e a velocidade angular de rotación de S’ respecto a S é ω, a aceleración de Coriolis do corpo é aC =-2ω¥ v . Deste xeito, un corpo en caída libre sobre a Terra experimenta unha desviación cara ao leste. O observador determina que sobre o corpo actúa unha forza ficticia de valor FC =-2mω¥ v , que se denomina forza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou o problema da descrición dos movementos dende sistemas de referencia xiratorios e descubriu a aceleración complementaria que leva o seu nome. Contribuíu a establecer unha terminoloxía precisa para a mecánica, ao darlle unha significación clara a termos como traballo e forza viva. Publicou diversas obras, como Du calcul de l’effet des machines (Sobre o cálculo do efecto das máquinas, 1829) ou Traité de la mécanique des corps solides et du calcul de l’effet des machines (Tratado da mecánica dos corpos sólidos e do cálculo do efecto das máquinas, 1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Membrana máis externa que envolve o embrión e que intervén nas funcións de nutrición, respiración e eliminación de residuos. Nos amniotas envolve externamente a parte dorsal e a cavidade ámnica do embrión. Está formado por ectoderma extraembrionaria e mesoderma. Nos mamíferos é un elemento da parte uterina da placenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Foi contraalmirante da Mariña e membro da Unión Patriótica. Subsecretario do ministerio da Mariña no goberno militar de Primo de Rivera (1923-1925), foi ministro de Mariña do chamado Directorio Civil (1925-1928).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á cremación.

    2. Lugar onde se reduce algo a cinsa, especialmente os cadáveres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nicho situado preto da pía bautismal onde se gardaba o aceite para a unción despois do bautismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista bilingüe publicada por Ediciós do Castro a partir de 1970 e da que se editaron sete números. No primeiro deles recolleu traballos de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo sobre as creacións elaboradas polo Laboratorio de Formas, pertencente a Cerámicas do Castro. Os seguintes números foron monográficos; o segundo, titulado “O libro galego a discusión”, de novembro de 1974, incluíu as conclusións do I Seminario encol do Libro Galego con textos de Ramón Piñeiro, Luís Seoane, Fernández del Riego e Ricardo García Suárez; no terceiro, de abril de 1975, titulado “Presencia de Galicia”, aparecen diversas fotografías da fachada de Praterías da catedral e das gárgolas do antigo hospital de peregrinos de Santiago de Compostela; o cuarto reproduce conferencias de Ramón Piñeiro, García-Sabell, Rof Carballo e Rafael Dieste sobre a cultura galega na inauguración da Galería Sargadelos en Madrid. En maio de 1978 lanzou o quinto número titulado “Testemuñas e perspectivas en homenaxe ao Seminario de Estudos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación anual editada a partir de 1980 en Sada polo Seminario de Estudos Galegos coa colaboración da área de xeoloxía e minería da Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e o Instituto Universitario de Xeoloxía. Dirixida por J. R. Vidal Romaní, conta cun consello científico formado por especialistas de diversos institutos e universidades, como I. Asensio, M. Peinado, A. Marcos, F. Noronha, L. G. Corretge, R. Vegas, J. R. Martínez Catalán e F. Vilas. Os seus artigos están escritos en inglés, castelán ou portugués. Entre os seus obxectivos figuran a divulgación da xeoloxía en Galicia e todo o relativo ao período hercínico na Península Ibérica. Ocasionalmente edita algúns números monográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Daza Osorio Gonzalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor e director cinematográfico e teatral italiano. Comezou a súa carreira como actor de teatro en 1923 da man de Tatiana Paulova, actriz ucraína establecida en Italia trala Revolución de Outubro. Entre 1930 -ano no que crea unha compañía propia xunto coa súa primeira muller, Giuditta Rissoni- e 1945, participou en diversos espectáculos creados a partir de autores como Luigi Pirandello, John Priestley ou George Bernard Shaw, ou pertencentes ao xénero musical e da revista. En 1946 interpretou a Fígaro no espectáculo Matrimonio di Figaro (As vodas de Fígaro), que dirixiu Luchino Visconti. Rematada a guerra, centrou a súa carreira na realización cinematográfica. Iniciouse no cine facendo pequenos papeis secundarios. Entre 1949 e 1952 foi un dos representantes máis importantes do neorrealismo. Na súa faceta de realizador asinou filmes como Ladri di biciclette (Ladrón de bicicletas, 1948); Miracolo a Milano (Milagre en Milán, 1950), premiado no Festival de Cannes...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á acción de deambular.

    2. Corredor que rodea o presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas pola parte de atrás. Xurdiu na arquitectura románica como consecuencia da prolongación das naves laterais e servía de lugar de paso para as procesións de peregrinos que se dirixían ao altar maior ou á cripta. A el ábrense capelas de forma radial.

    3. Espacio ou nave que circunda o núcleo dos edificios de plano central.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á decisión.

    2. Que decide ou ten poder de decidir.

      1. Aplícase ao feito que por si só determina a decisión dun proceso.

      2. Aplícase ao xuramento segundo o que o litigante que demanda a alguén, obrígase a aceptar como certo aquilo que declara o contrario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á declamación.

    2. Aplícase á forma de falar enfática, esaxerada, solemne e grandilocuente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que explica ou declara algo que estaba dubidoso.

    2. Aplícase ao pronunciamento xudicial que proclama a existencia ou non dunha calidade ou dun dereito, sen conter un mandamento executivo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que declina ou rexeita, especialmente unha xurisdición.

      1. Que serve para medir a declinación.

      2. declinador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que resolve ou do que depende a decisión dalgunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten ou supón dedicación.

    VER O DETALLE DO TERMO