deambulatorio

deambulatorio

(< lat deambulatorĭu‘galería’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á acción de deambular.

  2. s m [ARQUIT]

    Corredor que rodea o presbiterio ou capela maior dalgunhas igrexas pola parte de atrás. Xurdiu na arquitectura románica como consecuencia da prolongación das naves laterais e servía de lugar de paso para as procesións de peregrinos que se dirixían ao altar maior ou á cripta. A el ábrense capelas de forma radial.

  3. s m [ARQUIT]

    Espacio ou nave que circunda o núcleo dos edificios de plano central.

    Sinónimos: coroa.

Palabras veciñas

dealer* | deambulación | deambular | deambulatorio | deán | Deán | Dean, James Byron