"Orne" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 234.
-
-
Dono ou tripulante dunha dorna.
-
Caixón de forma rectangular, xeralmente de madeira, onde se pon a salgar a carne de porco, logo da matanza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dorna.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nos topónimos homónimos. Os nomes de lugar Dornelas son diminutivos de dorna, que aplicada á toponimia fai referencia a terreos con forma cóncava. Documéntase no s XIV: “Domingo Anes de Dornelas” (doc ano 1366 en Manuel Lucas Álvarez/P. Lucas Domínguez, San Pedro de Ramirás. Un monasterio femenino en la Edad Media. Colección diplomática, 1988, p 520).
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Silleda. Foi unha doazón de Urraca á catedral de Santiago de Compostela. De estilo románico, a súa decoración permitiu datala ao redor de 1171 por unha inscrición do testeiro da nave. Ten unha soa nave e ábsida semicircular. A ábsida está abovedada e reforzada por un arco faixón de medio punto sobre columnas. O arco triunfal é dobrado e ten a mesma directriz ca o faixón, apóiase nun par de columnas entregadas, con capiteis de follas planas e volutas no extremo, aínda que no setentrional aparece unha cabeza e as patas dun ser monstruoso. No exterior, a capela compartiméntase en cinco panos por medio de catro columnas entregadas, a setentrional tapada por unha sancristía moderna. Os capiteis que as coroan son vexetais, de dúas ordes de follas e algún con figuras, aínda que a súa deterioración impide precisar o seu tema. No lenzo central, ábrese unha ventá de medio punto sobre dúas columnas, con chambrana de tres filas de escaques. A portada occidental flanquéana...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor. Discípulo e neto de Pedro Roldán, foi escultor de cámara durante a residencia da corte en Sevilla (1729-1733). O seu estilo, detallista, utiliza as liñas curvas e as figuras movidas. Traballou, entre outras obras, na cartuxa de El Paular (1723-1728) e na igrexa de San Luis de los Franceses. Entre as súas obras destaca o cadeirado do coro da catedral de Córdoba (1748-1757).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e gravador holandés. Discípulo de Adriaen van Ostade, realizou escenas campesiñas cunha tendencia á caricatura. Entre as súas obras destacan O fumador e O charlatán.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Realizou escenas de xénero e retratos nos que intentou captar as relacións psicolóxicas entre as personaxes. Das súas obras destacan Os osmóns, Soldados xunto a unha cheminea e Soldados xogando aos dados.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Urbanista e arquitecto neerlandés. Estudiou arquitectura na Academie van Beeldende Kunsten de Rotterdam (1915-1917) e ampliou estudios na Academie van Bouwkunst de Amsterdam (1919-1922). Polo deseño do edificio da academia neerlandesa de ciencias, que non construíu, recibiu o Prix de Rome en 1922. Colaborador de Theo van Doesburg, foi un dos delegados encargados de preparar o IV Congrés Internationaux d’Architecture Moderne (CIAM, 1932) e do plenario do Grupo de Artistas y Técnicos Españoles para el Progreso de la Arquitectura Contemporánea (GATEPAC) en Barcelona. Fixo a planificación urbanística de Amsterdam e presidiu o CIAM.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nadadora alemana. Nos Xogos Olímpicos de Múnic en 1972, obtivo tres medallas de prata en 200 m estilo e nas dúas probas de remudas. Retirouse en 1977.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor neerlandés. Formado probablemente en Anveres, foi unha figura de transición entre o gótico e o Renacemento. Incorporou unha decoración italianizante ás súas obras, entre as que destacan o tríptico Dó de Cristo e os retablos A crucifixión e A lamentación. Foi mestre dos seus fillos, Pieter, Cornelis e Lucas de Leiden.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo de Publio Cornelio Escipión. Elixido por votación popular xefe do exército romano en Hispania, tralo desembarco en Tarraco (210 a C) estableceu alianzas cos indíxenas e aproveitouse da dispersión dos cartaxineses para conquistar Cartago Nova (209 a C). Derrotou a Asdrúbal en Bécula (208 a C) e conseguiu a vitoria en Ilipa (206 a C), feito que permitiu a captura de Gades e a fin do dominio cartaxinés en Hispania. Nomeado cónsul (205 a C), trasladouse a Sicilia para continuar a guerra contra os cartaxineses en África. Nomeado procónsul ao ano seguinte, aliouse co Rei Massinisa e puxo fin á Segunda Guerra Púnica trala derrota de Aníbal na Batalla de Zama (202 a C). Participou como legado na campaña contra Antíoco III de Siria e concertou un tratado de paz (190 a C) que o enfrontou cun sector do Senado. Pola súa vitoria concedéronlle o título de Africano (201 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán de Publio Cornelio Escipión. Dirixiu a campaña contra os insubrios como cónsul (222 a C). Desembarcou en Empúries á fronte do exército romano (218 a C) e derrotou os ilerxetes e outros pobos indíxenas aliados dos cartaxineses. Continuou o seu avance cara ao SO, venceu as tropas de Hannón, situadas ao N do Ebro, e conquistou Cissa (Tarragona). Trala chegada do seu irmán Publio á fronte de novas tropas (217 a C), continuaron xuntos a campaña, cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). Reconquistaron Sagunto (213 a C-212 a C), pero despois de dividir o exército foi derrotado polos cartaxineses.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, fillo adoptivo de Publio Cornelio Escipión Africano. Abandonou o partido dos Escipións para unirse ao dos patricios. Participou na Terceira Guerra Púnica como tribuno militar e, tralo seu nomeamento como cónsul, dirixiu o ataque definitivo contra Cartago para destruíla (146 a C). Organizou a provincia romana do Norte de África. Elixido de novo cónsul (134 a C), foi enviado a Hispania trala desfeita do cónsul Caio Hostilio Mancino no cerco de Numancia. Cercou a cidade (134 a C-133 a C) e, despois de rendela pola fame, arrasouna e pacificou a Meseta. Á súa volta a Roma, enfrontouse cos membros do partido popular pola lei agraria e foi asasinado. Formou ao seu redor un grupo, no que se incluían Polibio e Terencio, que difundiu a cultura grega en Roma. Recibiu os apelativos de Segundo Africano, trala vitoria sobre Cartago, e Numantino, pola súa vitoria en Hispania (132 a C).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano, irmán de Cneo Cornelio Escipión Calvo. Recibiu o consulado xunto con Tiberio Sempronio (218 a C) e emprendeu unha campaña contra os cartaxineses, pero non puido frear o avance de Aníbal cara a Italia, que o derrotou en Tesino e Trebia. Enviou o seu irmán Cneo para atacar as bases cartaxinesas en Hispania e uniúselle cun novo exército (217 a C). Nunha campaña conxunta cruzaron o Ebro, cercaron Dertosa (Tortosa) e derrotaron a Asdrúbal (216 a C). No seu avance cara ao S conseguiron a alianza dalgúns dos pobos peninsulares, que se integraron no seu exército, e continuaron o seu avance ata reconquistar Sagunto (213 a C-212 a C). Foi derrotado en Cástulo polo exércitos de Asdrúbal e Magón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sacudir a cabeza un animal con cornos.
-
-
Xogo tradicional que consiste en bater cun pao grande, chamado palán, a outro máis pequeno para lograr que este salte o máis lonxe posible. Desenvólvese por equipos e cómpre decidir quén sae primeiro. Resolto isto, o equipo que saca tira o pau pequeno ou billarda ao chan e, co outro, bateralle nun lado para que se eleve, golpeándoo tamén cando está no aire tratando de metelo nun círculo debuxado no chan, chamado reinado, sen que o equipo que defende a meta consiga recollelo antes. Se os que están defendendo acadan a billarda pasan a sacar e os que sacaron sen conseguir a meta perden un xogador que queda eliminado. Se conseguen meter a billarda no reinado, o xogador eliminado pasa a ser do outro equipo.
-
Pao pequeno de madeira, aproximadamente de dez centímetros e uns tres de diámetro, que se fai saltar no xogo da estornela. Ao pousalo no chan quédanlle as puntas sempre ao aire.
-
-
PERSOEIRO
Gravador. Discípulo de R. Peake e de J. Payne, loitou en favor da monarquía e tivo que exiliarse a Francia, onde traballou con R. Nanteuil. En 1650 estableceuse en Londres e especializouse no gravado de retratos, aínda que tamén gravou os seus debuxos tomados do natural e obras doutros pintores. Foi autor de The art of graving and etching (A arte do gravado e a augaforte, 1662). O seu fillo, William Faithorne o Novo (Londres 1656-1710), foi tamén gravador.
VER O DETALLE DO TERMO