"Oss" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 183.

    1. Relativo ou pertencente ao pobo mossi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo mossi.

    3. Pobo de África Occidental que ocupa a conca do alto Volta. Forman unha sociedade moi xerarquizada, con profesións ben diferenciadas como forxadores, xoieiros e ceramistas. As mulleres ocúpanse da agricultura, mentres que os fulbes se ocupan do gando. Cálcúlase o seu número nuns catro millóns e medio de individuos.

    4. Lingua da familia níxero-kurdufaniana, do grupo voltiano, falada polos mossis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor ucraíno. Estudou con Glière en Moscova. Autor de obras para orquestra de estética realista, como Fonderi d’acier (A fundición de aceiro, 1926), compuxo tamén sinfonías, unha comedia musical, a cantata patriótica Minino et Pozharski, o poema sinfónico Ukraine, e música de cámara e vocal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Rio Grande do Norte, Brasil, situada preto da vertente setentrional da costa atlántica (117.020 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carreira motociclista de velocidade disputada en terreo accidentado. Os obstáculos están formados por desniveis, ramplas e camiños enlamados, de xeito que só unha décima parte do percorrido sexa transitable. As motos empregadas polos pilotos posúen gardalamas moi separados das rodas e guiador alto, con rodas provistas de tacos de goma para facilitar a adherencia. As probas comprenden dúas series en cada sesión, e as categorías recoñecidas son as de 125 cm3 e 250 cm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e polígrafo. En 1761 foi a Santa Fe como médico do vicerrei. Dirixiu a famosa Expedición Botánica, base da monumental Flora de la Real Expedición Botánica del Nuevo Reino de Granada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Formado na Llotja e con Agapit Vallmitjana, deuse a coñecer con Segle XIX (1871), máis coñecida como Toreto ferit. Fixo numerosas obras detallistas de terra cocida (Pagesos catalans) e retratos (Elisa Masriera, Marià Fortuny). Realizou, en Barcelona, a Quadriga (1882?) da fervenza do Parc de la Ciutadella, o monumento a Güell i Ferrer (1888) e o monumento a Rafael Casanova. Cultivou tamén a ourivaría e a acuarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Perseguido polos nazis, caracterizouse por un estilo lacónico e preciso, que leva ao lector dos feitos ao irreal. Publicou Interview mit dem Tode (Entrevista coa morte, 1948), Spirale (Espirais, 1956) e Pseudoautobiographische Glossen (Glosario pseudoautobiográfico, 1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do kraj de Krasnodar, Rusia (204.000 h [1997]). Porto do Mar Negro, na baía de Cemesk. É un centro importante da industria do cemento, onde a primeira fábrica foi construída en 1882. Foi fundada en 1838 como fortaleza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de pteridófitos, da familia das ofioglosáceas, que se caracteriza por ter o rizoma pequeno, raíces adventicias carnosas, follas anuais que saen dun talo subterráneo, curto e carnoso, e con nervación reticulada. Os esporanxios están dispostos en dúas fileiras, e os gametófitos carecen de clorofila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da provincia de Brabante Setentrional, Países baixos (52.132 h [estim 1992]). A súa economía baséase nas industrias de conservas cárnicas, de produtos farmacéuticos e de aparatos eléctricos (Philips).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, situado no Campo de Montiel, que está regado polo río Guadiana, onde se forman as lagoas de Ruidera (2.704 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, na gandaría e na industria alimentaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado na Cidade do Vaticano a partir do 1 de xullo de 1861. Subtitulouse “Giornale politico morale”, “Giornale quotidiano” e “Giornale quotidiano político religioso”. Foi voceiro propagandístico do Santo Pontífice e da Santa Sé e, en 1861, pasou a mans dos xornalistas Zanchini e Bastia. O 30 de xuño de 1865 tomou o control o marqués de Baviera e comezou unha nova etapa marcada pola independencia e a polémica con outras publicacións romanas. Aínda que publica documentos oficiais do Vaticano e está considerado como o seu órgano oficioso, é a Acta Apostolicae Sedis a que desenvolve esta función.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión xeográfica de Caucasia, dividida politicamente entre os estados de Xeorxia, onde forma a rexión autónoma de Ossetia Meridional, e Rusia, onde constitúe a república federal de Ossetia Setentrional. É unha rexión especialmente montañosa, con abundantes bosques foliáceos e prados alpinos e subalpinos. Está regada por unha importante rede de ríos que pertencen á conca do Terek e á do Kura. Destacan os cultivos de cereais, a horticultura e viticultura, e a gandaría. Conta ademais con industrias metalúrxicas non ferrosas, da madeira e alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión autónoma de Xeorxia que ocupa a parte sur da rexión xeográfica de Ossetia (3.900 km2; 100.000 h [estim 1991]). A súa capital é Ckhinvali (34.000 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REPUBLICAS

    República de Rusia que ocupa a parte norte da rexión xeográfica de Ossetia (8.000 km2; 662.700 h [1997]). A súa capital é Vladikavkaz.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Ossetia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Ossetia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo ossetio ou á súa lingua.

      2. Individuo do pobo ossetio.

      3. Pobo de orixe irano-caucásica establecido na rexión de Ossetia que se extinguiu baixo a influencia escita desde o s VII a C ata o s I. Pertenceu ao Imperio Tártaro desde finais do s XII e a finais do s XVIII comezou o seu proceso de rusificación, sobre todo nas cidades.

    1. Lingua irania do phylum indoeuropeo que se fala en Ossetia e Xeorxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guerreiro e bardo lendario. A finais do s XVIII atribuíronselle unha serie de composicións poéticas en gaélico, conservadas no manuscrito Book of the Dean of Lismore (1512-1526), adquirido por James Mc Pherson. A súa repercusión na literatura galega remite a Eduardo Pondal, que tomou a este autor como inspirador principal da súa poesía e do bardismo céltico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente a Ossián ou á poesía que se lle atribúe.

    VER O DETALLE DO TERMO